Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

terceiro

(2015-2016) Retroalimentándonos na biblioteca

A retroalimentación é un proceso a través do cal o alumno comproba o aprendido, así coma o nivel no que se atopa, ao mesmo tempo que afianza os seus coñecementos.

Así pois, este proceso axuda ao alumno a reafirmar os coñecementos aprendidos ao tempo que  comprende os novos, unha vez demostrado o dominio do acadado anteriormente. Define o grao no que está, o que lle servirá de base no próximo nivel para ser utilizado como coñecemento previo.

Reforza e leva ao alumno a unha realidade na cal chega a ser consciente da súa capacidade e tamén do nivel acadado.

Co obxecto de poñer en práctica este proceso, as titoras de 3º e 5º cursos, cos nosos respectivos alumnos, preparamos un encontro na biblioteca. Ademais, os alumnos 5º viñan de ter a mesma mestra que agora teñen os de 3º, un "factor común" a ter en conta.

Deste xeito, xuntámonos nun acolledor recuncho e comezamos a nosa experiencia.

Preparámonos para ler:

Trátase de que os alumnos vaian lendo alternativamente, 5º e 3º cursos, un fragmento dun texto. 

Empezamos por un dos maiores:

Agora tócalle a un dos pequenos:

E así sucesivamente...

   

 

 

Todos escoitamos con atención...

Os alumnos recoñecen e explican os déficits en lectura que recoñecen nos máis pequenos (fluidez, entonación, vocalización, comprensión...). Eles mesmos pasaron por esa etapa de dificultades, polo tanto son conscientes de todo o proceso que os levou ao nivel actual. Síntense satisfeitos e orgullosos de si mesmos... e... queren opinar!!!

A profe tamén lles fai preguntas!

Agora son capaces de recoñecer as distintas dificultades que se dan na lectura dos alumnos de menor nivel, facendo unha comparativa entre a calidade lectora destes pequenos e a que eles, ou algún dos seus compañeiros, presentaban, pois é unha fase pola que eles mesmos xa pasaron.

Foi unha dinámica moi enriquecedora para ambos grupos, os de terceiro comprendendo, co modelo lector dos maiores, que tamén eles con esforzo chegarían a ler así de ben e, os de quinto, sentíndose orgullosos dos seus progresos ao tempo que gozaron dun intre no que actuaron como "mestres lectores" dos máis pequenos, dándolles consellos para atallar as dificultades que tiña cada quen, baseándose na súa experiencia previa.

María Sabarís / Susana Batallán

Aula PT e 3º curso: Seguimos abrindo maletas, cohesionando o grupo...e avanzando....

Este 1º mes de curso , o departamento de orientación do centro educativo e a especialista de PT, estamos especialmente atentos ó inicio do curso escolar, ó proceso de adaptación dos nenos e nenas da escola, e  ás demandas das titorías.

Toda adaptación a un grupo ou mestre novo/a supón moito esforzo, e sobre todo moita cohesión, dado que, é importante coñecerse, falar, compartir e estar a gusto na aula. Despois veñen os contidos....e o acceso ós mesmos verase beneficiado si temos unha estructura organizativa correcta na aula e onde todos nos atopemos a gusto e formando parte dun equipo. Se as condicións para a aprendizaxe son favorables, continuaremos avanzando no desenvolvemento dos nosos nenos e nenas.

A maleta, é unha dinamica que ten como obxectivo que nos coñezamos, como xa sabedes, pero que leva implícita moitas outras destrezas e habilidades tanto referida ás competencias básicas ( c. linguística, c. autonomía e iniciativa persoal, c. social e cidadá...) como a unha competencia que non debemos obviar: A COMPETENCIA EMOCIONAL.

En este caso, todos e todas mostramos que obxectos nos definen, aficións que temos e das que disfrutamos, aspectos cos que non nos identificamos e tamén búsqueda de afinidades co resto dos integrantes do grupo aula.

Comezando pola mestra, que nos dixo cousas como que:

- Lle encanta ler, viaxar, e, as especias, que ata probamos....Burla

Aí vai a proba: 

 

E, con respecto a nós, algúns exemplos foron:

- Que a varios dos rapaces e rapazas do grupo nos gustan as construccións e os legos.

 

Por exemplo, Diego Reboredo e Sergio comparten tal afición....e non o sabíannnn!!!!Avergoñado

- Que a Sofía, a Aroa e a Sofía lles encanta a lectura, pero a maiores a esta última gústalle tamén a música moito.

 

Que a Anxo e a Lucía lles gusta coleccionar cousas como por exemplo: carteiras, peluches, boliñas de esas que cando lles das a volta teñen neve.....

E, por exemplo a Pablo Vidal, ademais do fútbol tamén lle gusta a maxia " potaxia"....igual que a outros dos seus compañeiros que comparten curiosidade por esta afición.

 

E, por último, aquí temos a Martín que nos sacou da súa maleta/mochila un interesante repertorio de obxectos dos que destacamos un bastón de monte para camiñatas e un escudo medieval porque lle gusta moito.

Estes son, algúns exemplos de esta dinámica tan especial, que, aplicada agora ó currículo de 2º ciclo da etapa nos permitiu á titoría e máis a min, como especialista de PT, analizar aspectos no grupo como:

- Competencia linguística: capacidade para comunicar, argumentar, vocalizar, transmitir...partindo de algo que lles interesa ós rapaces e rapazas.

Observamos que, temos que seguir camiñando neste plano, sobre todo no desenvolvemento da linguaxe oral, que, quizais temos un pouco abandonada por traballar tanto no papel. E esta habilidade é moi importante.

- Competencia social e cidadá: a búsqueda de relacións afíns, comezo de desenvolvemento da propia personalidad, gustos, aficións, empatía, participación nas asamblead de clases, formular preguntas de interés hacia os nosos semellantes.

E un aspecto a potenciar no grupo aula, ata que se conforme como un verdadeiro "equipo". O respeto ós demais, o gusto por comunicar, cuidar a presentación do discurso para agradar os demais.

- Autonomía e iniciativa persoal: Esta actividade serviu para que o alumnado fose quen de xestionar e elexir, aqueles aspectos a comunicar ós demais, e que os definen...Preparación da mochila, obxectos, discurso....

Tamén é un aspecto no que temos que seguir evolucionando....

A vida está conformada por aspectos que van mais alá das situacións de aula. Dende a escola, tratamos de formar alumnos competentes que, fóra dela, sexan capaces de mostrar emocións, opinións, sentimentos, desexos, argumentos...etc...

A APRENDIZAXE COOPERATIVA, pretende, cohesionar o grupo, integrar tarefas de aula donde todos os nenos e nenas independientemente das súas capacidades poidan ser unha "peza clave" do grupo, conformado un equipo e por último interiorizar o COOPERATIVISMO como unha forma de vida para o noso futuro, dado que, na vida imos a traballar con outro tipo de persoas, que poden ser distintos a nós, pero que temos que respetar.

Isto contribuirá, ó desenvolvemento das COMPETENCIAS BÁSICAS por parte do alumnado.

A presenza do/a especilista de PT no grupo aula en dinámicas de este tipo e outras, é un complemento e apoio ó grupo e á titoría, indo mais alá de realizar apoios puntuais ás diversas necesidades que poida presentar cada alumno.

Abrindo ámbitos de traballo, abriremos o camiño á diversidade....

Seguimos camiñando.....Sorinte 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 7 invitados conectados.