Blog das TIC
Menú do blog

O blog das T.I.C.
20/12/19: (2019-2020) Explorando todo o que poden facer os nosos robots, nos obradoiros libres dos recreos dos luns.
13/06/18: (2017-2018) Xornada STEM no colexio: participamos en obradoiros con drones, robótica e impresión 3D
13/06/18: (2017-2018) Estrenamos a nova aula-obradoiro de robótica e traballamos con robots nas aulas.
04/11/17: (2017-2018) Podes atoparte nas fotografías do "fotomatón terrorífico"
10/05/17: A mascota das TIC xa ten nome... chámase @rrobito.
14/09/16: Dispoñible horario de uso da aula de informática para o curso 2016/2017
14/04/16: Decálogo para unha busca eficaz en internet
01/06/15: (2014-2015) Vota polo teu nome favorito para a mascota das TIC
17/01/17: A mascota das TIC
14/11/14: (2014-2015) Como cres que debe chamarse a mascota das TIC do centro?
13/03/09: Seguridade en internet: Información para as familias
08/03/09: Navega seguro por internet
02/12/19: Menú do blog
(2019-2020) Explorando todo o que poden facer os nosos robots, nos obradoiros libres dos recreos dos luns.
Ademais de todo o que traballamos cos robots, nas áreas e obradoidos que teñen lugar nos diferentes cursos, dos que podes atopar diferentes entradas publicadas nos respectivos recantos; tamén podemos explorar e traballar libremente cos robots educativos nos recreos dos luns.
Xuntos, compañeiros e compañeiras de diferentes idades, compartimos e intercambiamos experiencias e coñecementos traballando cos diferentes robots, coa axuda do profe Óscar, sempre que a precisamos.
Tamén aproveitamos estes recreos para rematar o mural que comezaran, os compañeiros e compañeiras de 6º do curso pasado, na aula de robótica.
Visitade os diferentes recantos desta mesma web para atopar máis información de todo o que facemos na área de robótica.
(2017-2018) Xornada STEM no colexio: participamos en obradoiros con drones, robótica e impresión 3D
Este curso, dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), que desde fai varios anos estamos a desenvolver no centro; introducimos a róbotica nas aulas tal como xa vos contamos nesta entrada anterior.
08/06/18: (2017-2018) Estrenamos a nova aula-obradoiro de robótica e traballamos con robots nas aulas.
Continuando con este traballo, e grazas a inestimable colaboración dos compañeiros do SALNÉS CAMPUS (www.salnescampus.eu), puidemos organizar o pasado 12 de xuño unha xornada *STEM no colexio na que puidemos participar todos e todas
Obradoiro de programación e robótica:
No que programamos e traballamos co m-bot, que xa estamos a empregar, xunto con outros robots nas nosas aulas.
Impresión 3D:
Descubrimos como scanear obxectos, e ata o noso corpo, para poder logo imprimilo en 3 Dimensións.
Drones:
Coñecemos e manexamos diferentes tipos de drones no pavillón do colexio.
Máis información sobre o Salnescampus, e as actividades que organizan para rapaces e rapazas en http://www.salnescampus.eu.
Tamén podes atopalos en Facebook en: https://www.facebook.com/SalnesCampus-918097101577516/
En twitter: @salnescampus
*STEM son as siglas en inglés de ciencia (science), tecnoloxía (technology), enxeñaría (engineering), e matemáticas (math), que dentro do traballo levado a cabo nos centros educativos, contribúen ó desenvolvemento da Competencia metemática en ciencia e tecnoloxía.
(2017-2018) Estrenamos a nova aula-obradoiro de robótica e traballamos con robots nas aulas.
Poder ver tamén como foi a xornada STEM que organizamos no colexio nesta entrada:
13/06/18: (2017-2018) Xornadas STEM no colexio: participamos en obradoiros con drones, robótica e impresión 3D
Así quedou o noso, de momento, pequeno recanto da aula-obradoiro de robótica.
- 1 m-bot
- 1 beebot
- 1 pro-bot
- 1 wedo 1.0
- 1 pirámide holográfica
- 1 ordenador
- varios ordenadores portátiles (que pedimos prestados da biblioteca cando fan falta ;)
(2017-2018) Podes atoparte nas fotografías do "fotomatón terrorífico"
Lembras as fotografías que fóstedes tomando durante a celebración do Samaín, no obradoiro do fotomáton? Queres ve como quedaron as fotografías.
Velaquí tes algúns exemplos do gran traballo que fixéstedes.
Non saes nestas fotos?... non te preocupes hai motísimas máis... búscate na galería fotográfica do teu curso:
- GALERÍA DE FOTOGRAFÍAS DO FOTOMATÓN DE INFANTIL 1
- GALERÍA DE FOTOGRAFÍAS DO FOTOMATÓN DE INFANTIL 2
- GALERÍA DE FOTOGRAFÍAS DO FOTOMATÓN DE 1º e 2º
- GALERÍA DE FOTOGRAFÍAS DO FOTOMATÓN DE 3º e 4º
- GALERÍA DE FOTOGRAFÍAS DO FOTOMATÓN DE 5º
- GALERÍA DE FOTOGRAFÍAS DO FOTOMATÓN DE 6º
Lembra que podes atopar máis información sobre todoo que fixemos na celebración do Samaín nesta entrada:
Celebramos o Samaín participando nuns obradoiros “de medo" e cunha exposición de cabazas
Dispoñible horario de uso da aula de informática para o curso 2016/2017
Decálogo para unha busca eficaz en internet
A mascota das TIC
Ola, son a mascota das TIC, chámome ARROBIT@ porque así o elexístedes vos.
Tamén podes descargarme nun pdf que podes imprimir e colorear, para que me poñas ó teu gusto.
