Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Música

Marte.Holst

Os planetas.Holst.Marte

 

A ZANFONA

 

Neste trimestre imos a coñecer un pouco máis os instrumentos tradicionais galegos;especialmente un:A ZANFONA.

Ireivos poñendo información para que investiguedes e para que vos vaiades introducindo un pouquiño no mundo da zanfona.

Clica enriba da zanfona para ver cousas interesantes.


 












exercicios para practicar linguaxe musical

 

Aquí tendes un enlace para practicar linguaxe musical, cancións,...

 

Pasádeo ben.

E agora a practicar un pouco de ritmo pero con paciencia.

 

 

O 14 de abril tivemos un taller de música no colexio

 

O 14 de abril viñeron dúas profes a darnos un taller de música :

Susa e Merchi

 

As profes tamén participaron...

 

Os nenos e nenas de Cerdeiras tamén viñeron coa súa profe e a profe Merce tamén andaba por alí a facer as cousas,non tan ben coma os nenos e nenas.

 

 

Pasámolo moi ben, mandámoslle un baile para rematar.

Agardamos que volten outra vez a ver con qué nos sorprenden.

 

 

En abril imos ter un taller de música

Preséntevos a Susa Herrera.Ela é a artífice de que moitos mestres e mestras estemos encantados e encantadas de dar clase de música para vós e de que nunca nos cansemos de aprender.Ela é unha fonte inesgotable de cancións ,de bailes e de alegría.

O paraugas do Xosé

 

 

O paraugas do Xosé

titi ta titi ta

é un paraugas moi maliño

titi ta titi ta

seguro que o resto xa o sabedes vós......Animádevos a cantala con tódolos amigos e amigas que queirades

Páxina de proba da aula de música

 

Como vén sendo nestes tres últimos anos, os nenos e nenas de Campo Lameiro,participan no salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra. Aquí temos unha mostra do que se podía ver.....Un Corazón.

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.