Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Inglés

Brown bear

O alumnado de 1º e 2º vén de traballar arreo. Primeiro elaboramos a nosa propia versión do libro "Brown bear, brown bear what do you see?" de Eric Carle, e posteriormente nos gravamos léndoo para compartilo con tod@s vós.

Esperamos que vos guste!

(2022-2023) Easter

Este ano nas aulas de inglés volvemos a celebrar Easter coa nosa egg hunt polo colexio. Tomámola moi en serio e pasámolo en grande. Aquí vos deixamos algúns momentos da xornada.

See you soon!

(2022-2023) Peace Day

Polo día da paz, o alumnado de 3º e 4º de primaria traballou o libro "The peace book" de Todd Parr. O caso é que nos viñemos un pouco arriba e acabamos recreando o libro nós mesm@s.

Queres saber o que é a paz para eles?

Entón non te perdas o vídeo! (clica na imaxe).

(2022-2023) English

Hello there!

Este ano estamos traballando arreo! Os pequenos do cole teñen unha hora máis de inglés á semana, e están aprendendo a pasos de xigante.

En primaria, comezamos o ano imaxinando a Ruby... Concurso que gañou Héctor, de 4º.

Nestes meses estivemos avanzando e xogando moito, que así aprendemos mellor!

E iso non é todo!

Nas clases de Art tamén temos un espazo para expresarnos doutras formas:

Animámosvos a ver as fotos da galería, onde a teacher vai colgando mostras das nosas aventuras.

Bye bye, butterfly!

(2021-2022) Arts and crafts

Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo en Arts con Karl en 3º e 4º.

(2021-2022) English

Estámoslle sacando moito partido a Karl este curso. Deixámosvos unhas fotos das nosas sesións de conversa.

(2021-2022) Easter

Para cerrar o trimestre nas clases de inglés fixemos unha Egg Hunt na que tiñamos que buscar ovos-pista e facer retos.

Pasámolo en grande! Aquí van algunhas probas gráficas:

Happy Easter!

(2021-2022) Brown bear

Esta semana en 1º e 2º estivemos traballando o conto "Brown bear". Gustounos tanto que fixemos minilibros para ter cada un o seu. Mirade que ben o recitamos:

(2021-2022) English: Coñecendo a Karl, o noso auxiliar de conversa.

Neste segundo trimestre tivemos a gran sorte de coñecer ao noso auxiliar de conversa: Karl.

Para preparar o terreo montamos un concurso no que tiñamos que imaxinar como era...

A que máis se acercou foi Nayra (5º):

Nas clases pasámolo xenial con el e facemos moitas actividades diferentes: manualidades, cancións, contacontos, sesións de conversa e culturais... Estamos encantad@s con el!

Distribuir contido

Acceso rápido

Asociación de nais e pais

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.