3º e 4º xuntos
Menú do recanto





Entradas no blog do recanto de 3º e 4º xuntos
[3º e 4º xuntos] 15/07/22: 2021-2022 QUE TRABALLIÑOS!!!!
[3º e 4º xuntos] 03/05/22: ( 2021-2022) Visitamos a Estación Meteorolóxica de David
[3º e 4º xuntos] 23/02/22: 2021-2022 Viva o entroido!!!!!
[3º e 4º xuntos] 20/12/19: (2019-2020) Superamos diferentes retos e comezamos a traballar co wedo, na área de libre elección de robótica, neste primeiro trimestre.
[3º e 4º xuntos] 21/06/19: (2018-2019) Así preparamos a nosa participación no reto de robótica
[3º e 4º xuntos] 29/03/19: (2018-2019) Así nos foi nas sesións de robótica neste trimestre
[3º e 4º xuntos] 01/12/18: (2018-2019) Descubrimos e programamos robots nos obradoiros de robótica neste primeiro trimestre en 3º e 4º
[3º e 4º xuntos] 29/01/20: Menú do recanto
[terceiro] 27/04/16: (2015-2016) Retroalimentándonos na biblioteca
[cuarto] 18/06/15: PECHANDO O PROXECTO KANDINSKY (2014-2015)
[cuarto] 18/05/15: GALERIA KANDINSKYANA, PROBLEMAS KANDINSKYANOS (19/5/15)
[cuarto] 08/04/15: KANDINSKY E A XEOMETRIA
[cuarto] 27/03/15: TAREFA " OS ECOSISTEMAS"
[cuarto] 27/04/16: (2013/2014) Aprendemos a facer unha solicitude
[cuarto] 27/04/16: (2013/2014) Coñecemos a Edvard Munch: "O grito"
[cuarto] 27/04/16: (2013/2014) APRENDEMOS A COOPERAR / COOPERAMOS APRENDENDO
[terceiro] 08/10/13: Aula PT e 3º curso: Seguimos abrindo maletas, cohesionando o grupo...e avanzando....
[cuarto] 04/05/13: (2012-2013) IINICIAMOS MAIO...".POEMANDO" ( 3/5/2103)
[cuarto] 23/09/09: Imos facer unha webquest!!
[cuarto] 29/01/20: Menú do recanto
[terceiro] 29/01/20: Menu do recanto
[cuarto] 03/12/11: Xogos do recanto de cuarto
(2019-2020) Superamos diferentes retos e comezamos a traballar co wedo, na área de libre elección de robótica, neste primeiro trimestre.
Neste primeiro trimestre os compañeiros e compañeiras de 4º curso teñen como área de libre elección "robótica", xunto a eles os nenos e nenas de 3º tamén participaron nas mesmas.
Superaron diferentes retos empregando o beebot e probot, así como outros robots dispoñibles na aula de robótica.
Tivemos que facer cálculos matemáticos, razonamentos lóxicos, plantexar hipóteses e contrastar os resultados e... sobre todo traballar de forma cooperativa e coordinada entre todos e todas para superar os diferentes retos.
Traballando en equipos cooperativos comezamos a explorar as posibilidades do Lego wedo... usando os motores e sensores programándoos co ordenador.
Cada equipo deseñou, construiu e programou os diferentes robots plantexados, presentándoos ós seus compañeiros e compañeiras, tras ter planificado o que querían contar.
Tras cada reto levamos a cabo, en equipo, unha auto-avaliación de como traballamos en equipo.
Nas últimas semanas, antes de rematar o trimestre, organizámonos en tres grandes equipos para deseñar, construír e programar un coche que participase nunha carreira.
Os diferentes deseños, creados por cada equipo, estiveron expostos na aula de robótica durante todo proceso.
Levamos a cabo grandes negociacións e diálogos para acodar como craar un coche que fose rápido pero "molón" ;)
E despois de moitas probas, ensaios, erros e rectificacións, tanto de código como de construción, chegou o día da gran e emocionante carreira.
No segundo trimestre aínda nos queda moito por traballar tanto co wedo, como cos outros robots que temos na aula de robótica.
Podes ler de seguido todo que facemos nos obradoiros de robótica libres, nos recreos dos luns.
(2018-2019) Así preparamos a nosa participación no reto de robótica
Nas sesións deste terceiro trimestre, da área de Libre Elección de Centro de "Robótica", o alumnado de 3º e 4º adicouse a preparar a súa participación no "gran reto robótico", que tería lugar no final do curso.
Cada un dos equipos tivo que deseñar, construír e programar un robot co Lego Wedo, que logo terían que presentar e facer funcionar o día do "Gran reto robótico".
Despois de varios intentos, probas e moito "ensaio-erro", aprendimos dos erros e logramos que os nosos robots fixeran o que queríamos.
Tan só quedaba acordar dentro dos equipos, quen sería o encargado de falar o día do "gran reto robótico", para presentar o seu robot, e que é o que dirían durante a presentación.
Xa estaba todo listo para participar no reto.
Se queres ver como nos foi na competición de robótica podes facelo nesta entrada:
(2018-2019) Así nos foi na gran competición robótica deste curso
(2018-2019) Así nos foi nas sesións de robótica neste trimestre
Ó longo deste segundo trimestre, na área de Libre Eleción de robótica en 3º e 4º, continuamos a descubrir o funcionamento dos diferentes robots, para superar retos cada vez máis complexos.
Con m-bot:
Co wedo:
Tamén trabalamos co Nintendo-Labo, que nos trouxo o noso compañeiro Xian...
Podes atopar o traballo desenvolvido coa robótica nos restantes niveis, nos respectivos recantos.
Podes atopar as Unidades Didácticas Integradas (UDI) deseñadas así como o currículum de L.E de 4º e 6º, buscándoas entre as UDIS públicas de "PROGRÁMAME-UDIS" de recursoseducativos.net.
Así nos foi no trimestre anterior:
[3º e 4º xuntos] 01/12/18: (2018-2019) Descubrimos e programamos robots nos obradoiros de robótica neste primeiro trimestre en 3º e 4º
(2018-2019) Descubrimos e programamos robots nos obradoiros de robótica neste primeiro trimestre en 3º e 4º
Este curso iniciamos no noso centro a implantación das áreas de Libre Elección de Centro, adicadas a robótica. A partir do currículum elabordo no curso pasado puxemos en práctica un obradoiro semanal para os niveis de 4º e 6º de primaria, no que que tamén participan os compañeiros de 3º e 5º respectivamente.
No caso dos compañeiros e compañeiras de 3º e 4º durante este primeiro trimestre, tras organizar os seus equipos cooperativos, para o traballo nos obradoiros, descubrimos todo isto:
Descubrimos como usar unha pirámide holográfica cunha tablet:
Participamos superando, traballando en equipos, unha serie de retos robóticos empregando o Beebot, pro-bot e ozobots.
Comezamos a descubrir como funciona o "Lego we-do" tanto construíndo os nosos robots como facendo que funcione cos seus motores e sensores.
Aprendimos tamén a deseñar o código que facía posible que se movese... aínda que non sempre funcionase a primeira.
Coa chegado do equipamento do proxecto de "robótica educativa", experimentamos creando unha serie de robots, pero que non funcionan con motores senón con poleas e engranaxes manuais (máquinas sinxelas)
Comezamos a descubrir os m-bot, coa axuda dos compañeiros de 5º e 6º nas sesións de "exploración libre dos robots", nos recreos dos luns.
No seguinte trimestre seguiremos afondando no noso traballo nos obradoiros, encamiñados ó gran reto final de final de curso.
Podes atopar o traballo desenvolvido coa robótica nos restantes niveis, nos respectivos recantos.
Podes atopar as Unidades Didácticas Integradas (UDI) deseñadas así como o currículum de L.E de 4º e 6º, buscándoas entre as UDIS públicas de "PROGRÁMAME-UDIS" de recursoseducativos.net.
