Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Descobre a nosa biblioteca

A BIBLIO DE DORA LECTORA...

Un antigo laboratorio deu paso á biblioteca escolar. Un espazo con rincóns para os máis pequenos, cunha zona de ordenadores para a nosa revista dixital,e tamén cos escadas, que tanto nos serven para sentarnos coma para facer un troco de libros...

Recomendacións de lecturas...

Anosa mascota Dora Lectora...

 

 

 

Un espazo para ler, para pensar, para deseñar, para escoitar, para crear, para soñar...

E, por suposto, a nosa mascota, Dora Lectora, a través da cal, os alumno/as reciben todas as comunicacións que saen da Biblio e que sempre está presente cando hai algunha celebración...Moito lle gusta ser a protagonista!!!!

 

Dora conta con axudantes, normalmente, alumnos/as de 5º e 6º, que nos recreos colaboran co equipo de biblio, e axudan a colocar os libros nas estanterías,recomendar lecturas, facer préstamo ( dispoñen dun carnet de biblio)etc...A maioría das actividades están encamiñadas a satisfacer as necesidades dos lectores, e ás veces, son os propios lectores os que fan apadriñamentos aos máis pequenos.E,tamén temos unha sesión cada curso dentro do horario da biblioteca.

 

Tamén recibimos visitas...

 

O escritor Raúl Vacas contounos e leunos un montón de historias.

 

A "filósofa" Angélica Sátiro...ensinounos a "pensar"

 

Abrimos a Biblioteca ao entorno con actividades como:

LECTURAS NA CARBALLEIRA

 

 

POESÍA NA RÚA...

Repartimos poemas o día das Letras Galegas.

Celebramos o día da MULLER TRABALLADORA cunha mesa redonda de "mulleres traballadoras" en distintos ámbitos, todas de Campo Lameiro.

 

 

Implicamos ás familias para facer lecturas aos nenos/as da escola.

 

O periodista Víctor Sariego axudounos a dar os nosos primeiros pasos na edición da Revista dixital" o cervo" que podedes ver na páxina web do centro.

 

Tamén visitamos o Xornal " DIARIO DE PONTEVEDRA" e o xornal dixital" PONTEVEDRA VIVA"

 

Ademais celebramos o día da Paz, Samaín, participamos no Salón do Libro etc,etc...

E, por primeira vez, tivemos a sorte de poder asistir a un musical..."PETER PAN"

Ata nos visitou un mago. Pero un mago de verdade eh! 

Tiña ata palomas!!!! e...claro, quedamos todos coa boca aberta...

 Aínda nos queda moito por andar e moito mundo por recorrer...Pero...Todose andará...

Noraboa ao equipo de biblioteca polo labor realizado, polas horas de dedicación, e a todos aqueles que participaron de maneira altruísta para conseguir que a nosa biblio cada día sexa mellor.

 

 

Distribuir contido