Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

Menú do blog da biblioteca


.

Entradas no blog de Biblioteca
28/11/23: (2023-2024) Poesía por e para elas (25-N)
22/11/23: (2023-2024) Día Mundial da Infancia, aprendendo e reflexionando sobre os nosos dereitos
22/11/23: (2023-2024) XESTIÓN EMOCIONAL. Límites sen dramas.
04/10/23: (2023-2024) A narración desde o teatro e o movemento
04/10/23: (2023-2024) Na nosa escola rexeitamos calquer tipo de violencia
11/09/23: (2023-2024) Comezamos o curso comprometéndonos a mellorar
08/07/23: (2022-2023) A xincana das emocións
21/06/23: (2022-2023) Recomendacións lectoras para o verán!
23/05/23: 2022-2023 LECTURAS NA CARBALLEIRA
10/05/23: (2022-2023) Fora o acoso, e dentro a positividade!
18/06/23: (2022-2023) Como axudar aos nosos/as fillos/as nos estudos
12/06/23: (2022-2023) Libros en cada recuncho do cole
12/06/23: (2022-2023) Bicos, bicos e máis bicos!
24/04/23: (2022-2023) Estudamos, relaxámonos e aprendemos a xestionar as nosas emocións!
12/06/23: (2022-2023) Camiño á escola
12/06/23: (2022-2023) Traballamos a "Química emocional" coa nosa táboa periódica das emocións
12/06/23: (2022-2023) - TRABALLANDO AS EMOCIÓNS COAS FAMILIAS
12/06/23: 2022-2023 TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS CO ALUMNADO
12/06/23: (2022-2023) Un gran recital de poesía no colexio
12/06/23: (2022-2023) O 8M é violeta e verde
10/03/23: (2022-2023) TRABALLANDO AS EMOCIÓNS COAS FAMILIAS
12/06/23: (2022-2023) XORNADAS DE BENESTAR EMOCIONAL
12/06/23: (2022-2023) San Valentín non so é para os namorados!
15/02/23: (2022-2023) Unha carreira pola paz
20/12/22: (2022-2023) Recomendacióńs lectoras para o Nadal
16/12/22: (2022-2023) PROXECTO DA BIBLIO DE SERAFÍN
07/12/22: (2022-2023) Unha chea de bolboretas sobrevoan o cole polo 25N
16/11/22: (2022-2023) Soltamos os nosos medos coa axuda de Erizombie
30/10/22: (2022-2023) - DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
30/10/22: (2021/2022) Recomendacións lectoras para o verán
27/05/22: (2021-2022) Charla sobre deporte adaptado coa asocación “Amizade”
27/05/22: 2021-2022 LECTURAS NA CARBALLEIRA
15/07/22: (2021-2022) BIBLIOTECA CREATIVA: Creamos no colexio: familias, alumnado...
02/05/22: ( 2021-2022) DÍA DO LIBRO
18/04/22: (2021-2022) Participamos nun obradoiro sobre a lingua de signos
16/10/22: (2021-2022) Recibimos a visita de Sekía, o can guía, no obradoiro organizado pola ONCE
06/04/22: (2021-2022) 21/2/2022: AS FAMILIAS LEN...
05/10/21: (2020-2021) Participamos en “Os Bolechas no cole” da TVG.
30/06/21: (2020-2021) Xincana saudable
04/07/21: (2020-2021) Merendas saudables. Resumo anual e entrega de premios
23/06/21: 2020/2021 Recetario saudable
23/06/21: 2020/2021 Recomendacións lectoras para o verán
04/07/21: (2020-2021) Ruta de sendeirismo polo Día Mundial do Medio Ambiente
23/06/21: (2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - En infantil creamos o libro das berenxenas e continuamos a coidalas no invernadoiro
29/04/21: (2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - Os de infantil plantamos berenxenas no invernadoiro
07/10/23: Préstamo biblioteca de familias
09/04/21: (2020-20201) ECO-BIO-SAN 2.0 - Plantamos novas plantas no noso invernadoiro
09/04/21: (2020-20201) ECO-BIO-SAN 2.0 - Día Mundial da Saúde 2021. Recomendación sobre hábitos saudables
01/04/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - Prantamos froiteiras polo "Día da árbore"
30/03/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - Plantamos fresas no invernadoiro
26/03/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - En infantil, rematados os coidados, recollemos as leitugas no invernadoiro
26/03/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - Descarga o modelo para escribir a túa receita saudable.
24/05/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - RECEITAS SAUDABLES PARA OS RECREOS
24/02/21: (2020-2021) Creamos este vídeo-poema polo Día de Rosalía de Castro. Queres velo?
12/02/21: (2020-2021) Celebramos un Entroido... de conto. Xa podes ver o vídeo do noso desfile.
01/02/21: (2020-2021) Celebramos o Día da Paz, creando unha árbore de desexos e un baile. Queres velo?
22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: En infantil ademais de coidar as leitugas do invernadorio, investigamos sobre elas para crear un libro
31/12/20: (2020/2021) Recomendacións lectoras e xogos para Nadal
26/12/20: (2020/2021) Eco, Bio, San 2.0. Plantando no invernadoiro
26/12/20: (2020/2021) Novidades!
22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio
25/11/20: (2020-2021) Pintamos un mural para celebrar o "Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres"
21/06/20: (2019/2020) Lecturas para o verán!
04/06/20: (2019/2020) E ti que estás lendo?
13/05/20: (2019/2020) Día das Letras Galegas
25/04/20: (2019/2020) SORPRESA polo Día do Libro!!!!
04/05/20: (2019/2020) Celebramos o Día do Libro!
22/04/20: (2019/2020) Semana do Libro: contos, música, manualidades, receitas e moito máis!
19/05/20: (2019/2020) - Cóntame un conto!
23/03/20: ( 2019-2020 ) Presentación de 1º e 2º: " As abellas "
23/03/20: ( 8-3 2020 ) Semana das Mulleres Traballadoras
06/03/20: (2019-2020) Aprendendo a alimentarnos con Lidia Folgar
26/11/20: (2019-2020) O profesorado do colexio fórmase sobre a radio escolar e a súa finalidade didáctica.
07/02/20: 2019-2020 Visita da O.N.C.E.
07/02/20: 2019-2020 Rodando pola inclusión
13/01/20: 2019/2020 Repartimos as nosas recomendacións lectoras
10/01/20: 2019/2020 Imos á Galiña Azul a contarlles uns contiños
09/01/20: 2019-2020 Contacontos por un día
22/11/19: (2019-2020) - 22/11/2019 Día das Bibliotecas escolares
13/06/19: (2018/2019) V EDICIÓN DE" LECTURAS NA CARBALLEIRA "
13/06/19: (2018/2019) CURTAMERAXES para educar na igualdade
03/05/19: ( 2018/2019 ) ESCOLA DE FAMILIAS: COEDUCANDO
09/05/19: ( 2018-2019) Celebramos a Semana do libro"
11/04/19: O NOSO XARDÍN AROMÁTICO E MEDICIÑAL
05/04/19: (2018/2019) De visita ao Concello....
06/04/19: (2018/2019) Plantando carballos...
06/04/19: 2018-2019 - CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E ACOSO ESCOLAR
13/06/19: (2018/2019) Escola de Familias: Charla sobre violencia de xénero e acoso escolar
22/03/19: 2018-2019 A farmacéutica de Campo Lameiro fálanos das plantas aromáticas e mediciñais
22/03/19: 2018-2019 MAMÁS LECTORAS
02/03/19: (2018-2019) Poemas e flores no día de Rosalía
25/02/19: (2018-2019) Apadriñamentos lectores
15/02/19: 2018-2019 - PRIMEIROS PASOS ...NA COMPOSTAXE
16/01/19: 2018-2019 Nadal na Biblio
29/11/18: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
22/11/18: ELEXIMOS UNHA NOVA MASCOTA
22/11/18: A NOSA MASCOTA DORA MARCHA PARA O IES
20/11/18: Concurso de relatos de medo
22/06/18: (2017-2018)LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN
08/03/20: (2017-2018) Xa podes ver a nosa película: "3,2,1...Rodando libros", presentada esta tarde para as familias
06/06/18: (2017-2018) Descubrindo a María Victoria Moreno para celebrar as Letras galegas
08/05/18: (2017/2018) TALLER DE ELABORACIÓN DE GUIÓNS CINEMATOGRÁFICOS
08/05/18: (2017/2018 ) SEMANA DO LIBRO " MESTRES LECTORES"
08/05/18: (2017/2018) SEMANA DO LIBRO " NENOS/AS LECTORES"
08/05/18: (2017/2018) SEMANA DO LIBRO "FAMILIAS LECTORAS"
07/11/22: (2017/2018) SEMANA DO LIBRO: "LECTURAS NA CARBALLEIRA"
17/04/18: IV EDICIÓN DE "LECTURAS NA CARBALLEIRA"
21/02/20: (2017-2018) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2018
23/03/18: 2017/2018 Na busca de información sobre o antigo cine de Campo Lameiro
23/03/18: (2017/2018) DÍA DA POESÍA
24/03/18: (2017-2018) "3,2,1... Rodando mulleres de conto". O noso traballo para o Salón do libro xa está listo
19/03/18: TALLERES DE LECTURA
16/03/18: INAUGURACIÓN DA ESCOLA DE FAMILIAS
11/03/18: (2017-2018) A NOSA ROSALIA
09/02/18: ( 2017-2018) " RESPÍRASE " PAZ
01/02/18: Conmemoramos o día da paz
16/01/18: 2017-2018 IMOS AO CINE!!!!!!!
02/12/17: (2017/2018) AS NOSAS MOCHILAS EMPRENDEN A VAXE
04/11/17: (2017-2018) Celebramos o Samaín participando nuns obradoiros “de medo" e cunha exposición de cabazas
30/10/17: 2017-2018 DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
05/10/17: Carta de Dora
11/09/17: REMATE FINAL: XORNADA DE PORTAS ABERTAS
16/06/17: XORNADA PORTAS ABERTAS " AS SETE MARABILLAS". 23 DE XUÑO
15/06/17: MEMORIA DO PLAN DE MELLORA DA BIBLIOTECA DE DORA LECTORA
02/06/17: RECOMENDACIÓNS LECTORAS REFRESCANTES!!!
22/05/17: CHARLA-COLOQUIO ESCOLA DE PAIS
16/05/17: CONTOS E CANTOS " PATAKA FRITA"
16/05/17: MATERIAIS PARA CREAR COMPOSICIÓNS ESCRITAS
12/05/17: 3ª EDICIÓN DAS " LECTURAS NA CARBALLEIRA"
13/03/17: 8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA
02/03/17: DORA NOS AMOSA COMO VIVIR EN PAZ...
20/12/16: LEMOS UN MUNDO...EN NADAL.
16/12/16: APRENDEMOS A PENSAR CON ANGÉLICA SÁTIRO
14/12/16: O MEDO NO MUNDO
25/06/16: Clausura do curso na biblioteca: Entrega de diplomas a colaborador@s e premios ós más DORA-D@S lectores do ano.
12/06/16: Memoria do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECA ESCOLAR
11/06/16: ESTE VERÁN LÉ....!!! Recomendación lectoras de DORA LECTORA
18/05/16: XARDÍN POÉTICO A MANUEL MARÍA
26/04/16: DÍA DO LIBRO: GRAN TROCO DE LIBROS NA BIBLIOTECA
26/04/16: DIA DO LIBRO: Familias lectoras na biblioteca de Dora Lectora
26/04/16: ACTOS DÍA DO LIBRO: II EDICIÓN LECTURAS NA CARBALLEIRA
06/04/16: BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN: VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO 2016
03/04/16: BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN: TRABALLAMOS EN EQUIPO PARA O SALÓN DO LIBRO
14/03/16: BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN: DÍA 8 DE MARZO, AS MULLERES DA MIÑA VIDA
17/02/16: DINAMIZACIÓN E BIBLIOTECA: CANTA BICHERÍA EN CAMPO LAMEIRO
31/01/16: P...de PAZ na BIBLIOTECA DA ESCOLA
31/01/16: F....de FANTÁSTICO....X de XENIAL...RAÚL VACAS NA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR
19/12/15: VERBAS, LECTURAS E BOS DESEXOS: NADAL NA BIBLIOTECA
07/12/15: OS NOSOS XORNALISTAS VISITAN O DIARIO DE PONTEVEDRA E A REDACCIÓN DE PONTEVEDRA VIVA
02/12/15: Día da non violencia de xenéro na biblioteca de DORA LECTORA
26/11/15: BIBLIOTECA, TICS E DINAMIZACIÓN DA LINGUA: ARRANCAMOS COA NOSA REVISTA DIXITAL
25/11/15: FOROS DE DEBATE DA BIBLIOTECA ESCOLAR
06/11/15: BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN: CELEBRACIÓN DO SANMAINMAGOSTO
05/11/15: CERTAME LITERARIO DO SAMAIN: DESEÑA O TEU MONSTRO E DESCRÍBEO
05/11/15: BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA:RECURSOS PARA TRABALLAR SAMAIN E O MAGOSTO
04/11/15: OS NOSOS CONTADORES DE HISTORIAS AMENIZAN O SAMAÍN NA ESCOLA.
08/11/15: TEMOS PLAMB E CONMEMORAMOS O DÍA DA NOSA BIBLIOTECA
22/05/15: LECTURAS DE FAMILIARES E AMIGOS DOS NENOS E NENAS DA ESCOLA ( 22/5/15)
22/05/15: LECTURAS NA CARBALLEIRA ( 22/5/15)
27/05/15: (2014-2015) Poesía na rúa
16/03/15: Arte e ciencia na biblioteca da escola
10/11/14: Certame de RELATO DE TERROR na biblioteca de Dora Lectora (2014-2015)
09/05/14: Poema "Penélope" X. M. Díaz Castro
14/03/14: VERBAS ROSALIANAS NA BIBLIOTECA.
01/11/13: SAMAÍN NA BIBLIOTECA...OS MONSTRUOS TAMÉN TEÑEN SENTIMENTOS
08/11/13: O Magosto disfrazouse de Samaín
23/10/13: Novidades na biblioteca
11/10/13: OUTONO LITERARIO
09/05/13: VIDEOCONTO " O GATO LAMBÓN"....PARA DISFRUTAR UN ANACO DA LECTURA, DO SON, E DO BAILE....( 9/5/2013)
24/04/13: (2012-2013) FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS/AS (23/4/2013)
05/03/14: Un video conto con moito encanto...e moito traballo en equipo..
05/03/14: A VELLA LULULA...outro videoconto en equipo....
22/11/12: (2011-2012) Presentación look Dora
10/10/11: Plan de Lectura
26/05/10: Presentación de libros e ofrenda floral
27/05/10: O meu libro favorito
27/04/10: Vota o teu libro favorito
12/04/10: O MEU LIBRO FAVORITO
19/03/23: Menú do blog da biblioteca




(2023-2024) Poesía por e para elas (25-N)

Ola a todos e todas! Quizais o vichedes xa a través das nosas redes sociais, pero para os que non estades por eses lares, compartimos aquí a nosa actividade para conmemorar o 25-N: "Poesía por e para elas".

En primeiro lugar, queremos deixarvos aquí un video elaborada polo Concello de Campo Lameiro, onde dende os distintos organismos públicos se fala da importancia que esta data ten na nosa forma de entender a educación. Ademais, en el a nosa directora explica en que vai consistir esta actividade e podedes ver o material que elaboramos para a celebración.

Agora si, entrando de cheo na actividade, o que fixemos foi utilizar o recurso literario da poesía para dar voz a aqueles mulleres que xa non a teñen. Quixemos dedicar uns poemas as víctimas, pero uns poemas escritos por mulleres para visibilizar tamén a figura de todas aquelas escritoras que non sempre reciben o recoñecemento que merecen.

Así que elaboramos un mural super chulo en cartón, que puideranos servir de escenario e como mural onde expor os nosos poemas. Polo que chegada a data, reunimos ao cole ao completo para facer o recital de poesía para toda a comunidade educativa.

Unha vez toco organizado, cada curso escolleu unha representante para ler o poema que máis gustou da súa clase. Foi un recital cargado de emocións, e onde tivemos a oportunidade de reflexionar sobre o que está pasando para que aínda teñamos que seguir celebrando esta data. E por suposto, co desexo de que a situación da violencia de xénero remate para poder vivir en igualdade real.

E para rematar, xuntamos todos os poemas e os puxemos na entrada da biblioteca para poder disfrutar deles todos os días.

Con isto despedimonos, non sen antes compartir un extracto dun dos poemas compartidos por unha das nosas alumnas:

"Nin sumisas,

nin escravas

sempre libres

e empoderadas."

(2023-2024) Día Mundial da Infancia, aprendendo e reflexionando sobre os nosos dereitos

Xa estamos de volta cunha nova actividade de dinamización de convivencia, en colaboración coa nosa estupenda biblioteca escolar. Queredes saber en que consistiu.

Pois ben, como xa saberedes todos e todas, este curso estamos a tope co CPIncúe: Iguala-T, polo cal imos traballar o tema da igualdade, tanto dende a perspectiva de xénero como racial. Por tanto, quixemos aproveitar o Día Mundial da Infancia (20 de novembro), para aprender más sobre o que son os dereitos da infancia, e debatir entre todos e todas as aulas se na actualidade todos os nenos e nenas gozan do exposto na Declración de Dereitos da Infancia.

Como o fixemos? Moi sinxelo. En primer lugar, buscamos información na nosa biblioteca, na que atopamos un libro que foi perfecto para esta ocasión: "Declración de los Derechos del Niño" de Jordi Sierra I Fabra e Christian Inaraja. Neste libro puidemos atopar nun formato moi fácil de entender, con rima e unhas ilustracións chulísimas, todo o que necesitabamos saber para por en marcha esta iniciativa.

Tendo toda a información necesaria, o seguinte paso foi a exposición en cada aula da temática. Cada grupo debatiu e falou acerca destes dereitos, e por suposto, a súa importancia para asegurar unha igualdade real entre todos os nenos e nenas, independientemente da súa procedencia, etnia, sexo, condición... Un debate que deixounos unhas reflexións moi interesantes, e que preparounos para a elaborción duns globos moi especiais.

Sintetizando todos os dereitos en dez, repartímolos a dous por aula, e cada grupo indagou sobre os escollidos. Despois, tomando un extracto do libro antes mencionado, escribimos nuns globos de cartolina en que consiste cada dereito, e fixemos unha lectura simbólica en gran grupo como posta en común do noso traballo de investigación.

Unha vez rematada a posta en común, puxemos os globos na entrada do colexio, de xeito que poidamos ter presentes os nosos dereitos todos os días, cada vez que poñemos un pé na escola. Pero xa nos coñecedes, simplemente pegar os globos non era suficiente. Así que unha cordiña por aquí, uns debuxos por alá, uns recortes por ahí... e ao final, coa axuda das nosas mestras e mestres que son unhas artistas, rematamos por facer un mural chulísimo entre todos os cursos.

(2023-2024) XESTIÓN EMOCIONAL. Límites sen dramas.

 

Charla-coloquio para familias na que, a nosa psicopedagoga de cabeceira Gloria Fontán, nos trae un tema moi interesante: Como establecer límites evitando os dramas ( na medida do posible)

Profunda reflexión: Como poñemos límites??? Hai acordo nestas medidas???? Hai coherencia?????

o

De todos/as é ben sabido que os límites son necesarios... pero ás veces resulta taaaaaaaaan difícil...

Moitas grazas a todos/as os que participástedes desta charla, necesaria, recomendable e moi útil, porque os fillos/as chegas ás nosas vidas sen libro de instruccións.

(2023-2024) A narración desde o teatro e o movemento

Benvidos ao blog da biblio! Xa sabedes que na biblio do noso cole encántanos levar a cabo toda clase de actividades e obradoiros. Iso sí, hai unha cousa que nos gusta todavía máis... reunir a toda a comunidade educativa! E iso é o que fixemos para inaugurar o curso 2023-24.

O día 3 de outubro, levamos a cabo o obradoiro: "A narración desde o teatro e o movemento", a mans de María Torres, directora artística da compañía de teatro "Elefante Elegante". Unha actividade do máis completa, pois a trvés da expresión corporal traballamos moitos aspectos básicos na nosa vida: superar a vergoña, comunicarnos mellor, coñecer mellor o noso corpo...

E iso fixemos durante o obradoiro, aprender ao mesmo tempo que o pasamos estupendamente ben. María ensinounos ferramentas moi útiles, tanto para os nenos e nenas, como para as familias e os mestres e mestras.

Foi unha tarde estupenda, e a resposta de familias e alumnado á mesma superou todas as expectativas. Dende o equipo da biblioteca non podemos estar máis contentas de que participedes de forma tan activa... e por suposto, tedes a nosa palabra de que continuaremos organizando obradoiros tan divertidos e interesantes como este. Vémonos pronto con máis!

(2023-2024) Na nosa escola rexeitamos calquer tipo de violencia

Boas tardes a todos e todas!

Como xa sabedes, a principio de curso, na nosa escola comprometémonos a mellorar a través de compromisos de convivencia. Pois moi ben, chegou o momento de levar os compromisos a práctica, e decidimos facelo dicindo "NON!", a calquer tipo de violencia na escola.

Aproveitando a celebración do "Día da non violencia", o día 2 de outubro, decidimos levar a cabo asambleas en cad aaula onde falamos de violencia. Pero non soamente falamos sobre ela, falamos tamén acerca de como podemos evitala, que consecuencias ten, como nos sentimos cando somos víctimas da mesma... De xeito que puideramos concluir se realmente a violencia consigue solucionar os problemas.

Unha vez concluimos as asambleas, recollimos e repartimos polas aulas carteis onde, por acordo do grupo dentro da mesma, declaramos as nosas aulas espazos libres de violencia. E non só violencia física, dentro do noso cole non aceptamos agresións de ningún tipo e por ningún motivo.

Por tanto, a próxima vez que poida iniciarse unha situación que implique violencia; observaremos os nosos carteis para recordar que a violencia NUNCA nos leva a ningún sitio.

(2023-2024) Comezamos o curso comprometéndonos a mellorar

Benvidas a todas e todos!

Xa estamos de volta. Damos inicio a un novo curso onde tanto mestres e mestras, como alumnos e alumnas, volvemos coas pilas cargadas para ensinar, aprender e seguir traballando por facer do noso cole un lugar onde todas e todos poidamos sentirnos libres e aceptados.

O noso xeito de facelo, foi a través de compromisos de convivencia. Cada neno e nena do alumnado tiveron que pensar, que era o que eles e elas podían facer para mellorar a convivencia no colexio. Así, cada titor e titora traballou co seu grupo para chegar a estas propostas, e unha vez os tivemos listos... tocou reunirse!

Aproveitando que fixo un dia estupendo, reunímonos na entrada do colexio. Alí, foi onde introducimos o noso compromiso na súa caixa, cambiando o propósito por unha chapa de benvida ao cole e a este novo curso escolar. Todos os compromisos seguirán nesta caixa ata o final do trimestre, onde os retiraremos e consultaremos para ver se os nosos compromisos foron acadados. Se así é, pasaremos a un novo compromiso, se non, continuaremos traballando para acadar ese compromiso o vindeiro trimestre.

E xa para rematar, os mestres e mestras tamén fixemos os nosos compromisos co alumnado para mellorar a convivencia no colexio. Así que con esta nota positiva, damos a benvida a un novo curso onde agardamos aprender e divertirnos moito!

(2022-2023) A xincana das emocións

Ola a todos e todas! Como xa é tradición para despedir o curso, dende o cole (e cun gran traballo por parte do noso mestre de educación física) organizamos unha xincana. Pero este ano, foi unha xincana moi especial... Queredes saber porqué?

En primer lugar, este ano o cole ao completo subimos a San Antoniño. Os compañeiros e compañeiras de infantil estiveron con nós e experimentaron esta actividade por primeira vez. Pero o mellor de todo foi a temática, pois este curso fixemos a xincana das emocións. Tivemos que pasar por todo tipo de probas onde puxemos en práctica todo o que aprendemos, ao mesmo tempo que superamos desafíos que puxeron a proba a nosa capacidade física.

Non resultou nada sinxelo. Tivemos que poñer a traballar a cabeza, os músculos pero tamén o corazón; xa que as emocións estiveron presentes en todos os aspectos. Aprendendo deste xeito, que ao final o benestar é unha combinación de sentirnos ben no noso corpo a través do exercicio, pero tamén coidando sempre como nos sentimos.

(2022-2023) Recomendacións lectoras para o verán!

Aquí van as nosas recomendacións lectoras para este verán. Ademais incluimos xogos para desfrutar e pasar tempo en familia!

Agardamos que vos gusten e que pasedes un bo verán!!!

2022-2023 LECTURAS NA CARBALLEIRA

 Un ano máis celebramos o noso certame de LECTURAS NA CARBALLEIRA. Unha xuntanza donde alumnado, profesorado, familias e persoas invitadas interactuamos para festexar as NOSAS LETRAS GALEGAS.

Rendimos homenaxe este día a Francisco Fernández Del Riego cunha canción interpretada polo alumnado de 3º e 4º...

Os rapaces e rapazas de infantil tamén aportaron o seu gran de area cunha liña do tempo de autores homenaxeados...

E, tamén entregamos un premio ao gañador do concurso de carteis: Xosé Luis Moldes Domínguez...NORABOA!!!!

E, noraboa a todos/as os que participastes no concurso porque non foi doado elexir o gañador...Aquí recollemos todos os carteis que participaron.

Pero houbo moitas cousas máis ese día...por exemplo, unha morea de libros que agasallamos a quen quixera levar algo de literatura para as súas casas...

E, xa para rematar, este ano tivemos como persoa invitada a unha contacontos fantástica: ALBA GRANDE, que nos deleitou coa súa pandereta e coas súas historias...

Moitas grazas a todos/as os que quixéstedes pasar un anaco agradable con nós!!!!!!

VÉMONOS O PRÓXIMO CURSO!!!! Con máis novedades, autores, libros, contacontos....

Distribuir contido

Acceso rápido

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.