Infantil xuntos
Entradas conxuntas no blog de infantil
Entradas no blog do recanto
24/11/23: (2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de novembro
15/11/23: (2023-2024) Traballamos e celebramos o Magosto con xogos tradicionais e comendo castañas
31/10/23: (2023-2024) Xa chegou o Samaín a infantil... así o celebramos
24/11/23: (2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de outubro
28/09/23: (2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de setembro
16/06/23: (2022-2023) Celebramos os últimos aniversarios do curso: mes de xuño e verán
15/06/23: (2022-2023) Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil "A Galiña Azul"
12/06/23: (2022-2023) Visitamos a aldea Grobit, o acuario e viaxamos en barco na nosa excursión ao Grove
28/05/23: (2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de maio
28/04/23: (2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de abril
24/04/23: (2022-2023) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2023
14/04/23: (2022-2023) Creamos o noso "xogo-libro" para o Salón do Libro 2023. Queres velo?
28/04/23: (2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de marzo
24/02/23: (2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de febreiro
17/02/23: (2022-2023) Chegou o Entroido das emocións a infantil: Organizamos un obradoiro de disfraces coas nosas familias, seguimos as instrucións de Serafín e participamos no desfile
30/01/23: (2022-2023) Organizamos e participamos nunha carreira solidaria polo Día da Paz
27/01/23: (2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro
23/12/22: (2022-2023) Chegou o Nadal a EI: decoramos o corredor, participamos no Festival... e moito máis. Queres vernos?
23/12/22: (2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de decembro
23/12/22: (2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de novembro
25/11/22: (2022-2023) Preparamos e participamos na celebración do Magosto
27/10/22: (2022-2023) Polo Samaín enchemos o corredor de arañas e participamos nuns obradoiros terroríficos
21/10/22: (2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de outubro
30/09/22: (2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de setembro
19/09/22: (2022-2023) Damos a volta ó cole... nunha semana
23/06/22: (2021-2022) Despedimos aos compañeros e compañeiras que marchan para primaria cun vídeo. Queres velo?
23/06/22: (2021-2022) Celebramos os aniversarios do verán... por adiantado.
17/06/22: (2021-2022) Atopamos un tesouro escondido, seguindo as pistas dun mapa
30/09/22: (2021-2022) Así celebramos o aniversario do mes de xuño
17/06/22: (2021-2022) As familias de Infantil crean... álbumes de fotos
07/06/22: (2021-2022) Viaxamos a Santiago de Compostela, para coñecer a catedral, e pasalo de medo en Diviert-Park
27/05/22: (2021-2022) Así celebramos os aniversarios do mes de maio
20/05/22: (2021-2022) Visitamos e participamos nun obradoiro do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro
30/04/22: (2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de Abril
09/04/22: (2021-2022) Celebramos o día da actividade física, participando nun roteiro pola natureza
01/04/22: (2021-2022) Traballamos con robots neste segundo trimestre
25/03/22: (2021-2022) Así celebramos os aniversarios do mes de marzo
10/03/22: (2021-2022) Polo día internacional da muller (8M), descubrimos ás mulleres da nosa vida.
04/03/22: (2021-2022) Polo Entroido seguimos as instrucións de Serafín e convertímonos en Súper López. Así deseñamos e creamos o disfraz para o desfile “de cómics"
24/02/22: (2021-2022) Celebrando os aniversarios do mes de febreiro
22/02/22: (2021-2022) Sementamos e coidamos leitugas no invernadoiro
01/02/22: (2021-2022) - Queres saber como facer funcionar un reloxo con laranxas? Explicámoscho no vídeo do noso experimento do mes
01/02/22: (2021-2022) Descubrimos ás gañadoras do premio Nobel da paz e gravamos vídeos delas.
29/01/22: (2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro
22/12/21: (2021-2022) Chegou o Nadal a infantil: así o celebramos e participamos no festival do colexio. Queres ver a nosa actuación?
22/12/21: (2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de decembro
14/12/21: (2021-2022) Falamos con Santa Claus por vídeo-conferencia
29/11/21: (2021-2022) Así celebramos os aniversarios do mes de novembro
12/11/21: (2021-2022) Así celebramos o Magosto en Infantil
29/10/21: (2020-2021) Polo Samaín creamos unha casiña de cocholate “xigante” e participamos nos obradoiros do centro
29/10/21: (2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de outubro en Infantil.
01/10/21: (2021-2022) Celebramos os primeiros aniversarios do curso: os do mes de setembro.
28/06/21: (2020-2021) Despedimos ós compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro
28/06/21: (2020-2021) Atopamos os tesouros escondidos seguindo un mapa
20/06/21: (2020-2021) Tamén celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumpren anos en verán.
05/06/21: (2020-2021) Percorremos un roteiro polo Día da natureza
23/06/21: (2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - En infantil creamos o libro das berenxenas e continuamos a coidalas no invernadoiro
28/05/21: (2020-2021) Celebramos os aniversarios do mes de maio
29/04/21: (2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - Os de infantil plantamos berenxenas no invernadoiro
26/03/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - En infantil, rematados os coidados, recollemos as leitugas no invernadoiro
05/03/21: (2020-2021) Así celebramos os aniversarios do mes de marzo
26/02/21: (2020-2021) Celebramos os aniversarios do mes de febreiro
17/02/22: (2020-2021) Traballamos e celebramos o Entroido: Seguimos as instrucións de Serafín e facemos un disfraz de Capitán Verdemán.
01/02/21: (2020-2021) Viaxamos polo mundo, co noso pasaporte, creando vídeos polo Día da Paz. Queres velos?
29/01/21: (2020-2021) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro
22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: En infantil ademais de coidar as leitugas do invernadorio, investigamos sobre elas para crear un libro
23/12/20: (2020-2020) Chegou o Nadal, así o traballamos e participamos no festival online
19/12/20: (2020-2021) Así celebramos os aniversarios do mes de decembro
22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio
27/11/20: (2020-2021) Celebramos os aniversarios do mes de novembro... pero dun modo diferente
31/10/20: (2020-2021) Creamos unhas cabazas terroríficas, participamos nos obradoiros do Samaín... e ata bailamos nun vídeo. Queres velo?
08/10/21: (2019-2020) Os aventureiros de Campo Lameiro: A serie. Xa podes ver tódolos capítulos
16/03/20: (2019-2020) Continuamos a cociñar para descubrir máis sabores do mundo
29/02/20: (2019-2020) Creamos unha boca “orelluda” para participar no Salón do libro. Xa llo levamos ó LOBO ORBIL
29/02/20: (2019-2020) Celebrámo-los aniversarios do mes de febreiro
22/02/20: (2019-2020) Celebramos o Entroido: Obradoiro de disfraces coas familias, desfilamos como tractores e seguimos as instrucións do Meco
20/02/20: (2019-2020) Descubrimos a diversidade funcional na semana da Paz
01/02/20: (2019-2020) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro
01/02/20: (2019-2020) Continuamos aprendendo cos robots superando retos: Beebot, Probot e M-bot
20/02/20: (2019-2020) Sabes como inflar un globo con vinagre e bicarbonato? Descobre o experimento e o vídeo que fixemos.
01/02/20: (2019-2020) Sabores do mundo. En xaneiro cociñamos “fajitas", doce de leite e galletas da sorte
10/01/20: (2019-2020) Así celebramos os aniversarios do mes de decembro.
20/02/20: (2019-2020) Falamos con Santa Claus e participamos no festival de Nadal con dúas actuacións. Xa podes velas!
21/12/19: (2019-2020) Chega o Nadal: decoramos o corredor, cociñamos turrón e enviamos unhas postais ás nosas casas
29/11/19: (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos e probamos novos pratos en novembro
29/11/19: (2019-2020) Participamos na celebración do Magosto do colexio
22/11/19: (2019-2020) Seguimos a traballar cos nosos robots na aula: Agora cos Ozobots.
21/02/20: (2019-2020) Chega o Samaín: así foi como o celebramos e participamos nos obradoiros
30/10/19: (2019-2020) Seguimos a descubrir os “sabores do mundo”: zumes e chulas de cabaza
25/10/19: (2019-2020) Celebramos os aniversarios do mes de outubro facendo unha tarta
18/10/19: (2019-2020) Comezamos a traballar cos nosos robots: mira todo o que pode facer o Beebot
11/10/19: (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos o noso primeiro plato do curso: arroz 3 delicias
11/10/19: (2019-2020) Participamos nas actividades do Día europeo da arte ruprestre no parque arqueolóxico de Campo Lameiro
06/10/19: (2019-2020) Participamos no Día europeo do deporte escolar
21/02/20: (2018-2019) Presentamos o noso telexornal ante as familias e compañeiros. Queres velo?
21/06/19: (2018-2019) Buscamos un tesouro escondido seguindo un mapa
21/06/19: (2018-2019 Celebramos os aniversarios de xuño e do verán
13/06/19: (2018-2019) Así rematamos o noso Telexornal. Xa está listo e poderás velo dentro dunha semana.
13/06/19: (2018-2019) Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul
13/06/19: (2018-2019) Viaxamos en tren ata Vigo para visitar o Zoo e Indiana Bill
01/06/19: (2018-2019) Continuamos a cociñar. Nas últimas semanas fixemos Spagueti e Magdalenas
01/06/19: (2018-2019) Celebramos os aniversarios de Anxo e Antía no mes de maio
13/06/19: (2018-2019) Continuamos a crear as novas que formarán parte do noso telexornal
25/05/19: (2018-2019) Participamos nas “lecturas na carballeira” cunha poesía de Rosalía de Castro
11/05/19: (2018-2019) Entrevistamos a Susa Herrera para o telexornal que estamos creando en infantil
11/05/19: (2018-2019) Convertímonos en Chefs: Comezamos cociñando unha pizza
05/05/19: (2018-2019) Participamos nas actividades da “Semana do libro"
05/05/19: (2018-2019) Seguimos a traballar con robots nas aulas de infantil
30/04/19: (2018-2019) En infantil tamén “sementamos aromas"
26/04/19: (2018-2019) Así celebramos os aniversarios do mes de abril
30/03/19: (2018-2019) Visitamos ó lobo Orbil e participamos nas actividades do Salón do Libro 2019
29/03/19: (2018-2019) Celebramos os aniversarios do mes de marzo
18/03/19: (2018-201): “Animais contra cazadores” e “Neil o pingüín espacial”, así creamos os nosos libros e vídeos para o traballo do Salón do Libro
21/02/20: (2018-2019) Deseñamos, preparamos e confeccionamos o noso disfraz do Entroido nun obradoiro coas familias, para participar no desfile
02/03/19: (2018-2019) Serafín o porcoespín mandounos vir disfrazados de...
25/02/19: (2018-2019) Celebramos os aniversarios do mes de febreiro
15/02/19: (2018-2019) Traballando cos Ozobots, Beebot e M-bot. Robótica nas primerias semanas do ano
09/02/19: (2018-2019) Xestos de amizade e adoptamos animais en perigo de extinción na semana da Paz
26/01/19: (2018-2019) Así celebramos os aniversarios do mes de xaneiro
21/02/20: (2018-2019) Participamos no Festival de Nadal cunhas actuacións. Queres velas?
24/12/18: (2018-2018) Preparámonos para a chegada do Nadal decorando o corredor e enviando unhas postais á casa.
23/12/18: (2018-2019) Celebramos os aniversarios de decembro cunha festa de Nadal
06/12/18: (2018-2019) Asistimos ó teatro para ver “A Galiña azul” e visitamos a exposición “Living dinosaurs"
06/12/18: (2018-2019) Seguimos a traballar con robots nas aulas: m-bot, beebot, pro-bot e ozobots
01/12/18: (2018-2019) Celebramos os aniversarios do mes de novembro
21/02/20: (2018-2019) Polo Samaín construímos un castelo terrorífico
03/11/18: (2018-2019) Explorando todo o que pode facer o Beebot
31/10/18: (2018-2018) Participamos na celebración do Magosto cunha camiñata
27/10/18: (2018-2019) CUMPLE MES DE OUTUBRO
12/10/18: (2018-2019) Comezamos a artellar co noso amigo Beebot
29/09/18: (2018-2019) Participamos nas actividades do “Día europeo do deporte escolar"
29/09/18: (2018-2019) Celebramos os primeiros aniversarios do curso: mes de setembro
29/09/18: (2018-2019) Celebramos os primeiros aniversarios do curso: mes de setembro
23/06/18: (2017-2018) Atopamos un tesouro seguindo o mapa no noso xogo de pistas
22/06/18: (2017-2018) Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul
22/06/18: (2017-2018) Celebramos os aniversarios de xuño e do verán. Os últimos do curso.
13/06/18: (2017-2018) Visitamos Naturnova, e pasámolo de medo en Indiana Bill, na nosa saída de fin de curso.
21/02/20: (2017-2018) Así rodamos a nosa película "As supermulleres da Paz". Queres vela?
26/05/18: (2017-2018) Descubrimos a Mª Victoria Moreno e facemos un mural coas nosas mascotas, para celebrar a semana das Letras Galegas
26/05/18: (2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de maio
12/05/18: (2017-2018) Facemos un rasca e gaña para como regalo para as nosas nais
27/04/18: (2017.2018) Celebramos os aniversarios do mes de abril
21/04/18: (2017-2018) Creamos un "conto enrollado" para contar a película "Toy Story" no día das "Lecturas na Carballeira"
15/04/18: (2017-2018) Planificamos a visita e creamos un mapa para participar nas actividades do Salón do Libro e visitar a ORBIL
24/03/18: (2017-2018) Así celebramos os aniversarios do mes de marzo
09/03/18: (2017-2018) Creamos o noso libro "As súper-mulleres da paz" para o Salón do libro. Queres velo?
23/02/18: (2017-2018) Así celebramos os aniversarios do mes de febreiro
21/02/20: (2017-2018) Deseñamos, creamos o disfraz de Minions no obradoiro coas nosas familias, e participamos no desfile do Entroido
11/02/18: (2017-2018) Durante a semana do Entroido Dora mandounos traer posto...
03/02/18: (2107-2018) Descubrindo os Premios Nobel para celebrar o día da Paz
27/01/18: (2017-2018) Así celebramos os aniversarios do mes de xaneiro
21/02/20: (2017-2018) Preparamos e participamos no Festival de Nadal cunhas actuacións.
22/12/17: (2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de decembro
02/12/17: (2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de novembro
03/12/17: (2017-2018) Así preparamos e participamos na celebración do Magosto en Infantil
04/11/17: (2017-2018) Os de Infantil tamén participamos nos obradoiros do Samaín e pasámolo... de medo!
29/10/17: (2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de outubro
29/09/17: (2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de setembro.
21/02/20: (2016-2017) A nosa muralla chinesa abre as súas portas para os visitantes, na xornada de "portas abertas" do colexio.
30/06/17: (2017-2017) Buscamos o tesouro seguindo as pistas.... para conseguir un delicioso premio
26/06/17: (2016-2017) Celebramos os aniversarios de xuño e os dos compañeiros/as que cumpren anos no verán
17/06/17: (2016-2017) Recibimos unha visita moi especial dos nenos e nenas da Galiña Azul e preparamos un agasallo para eles.
17/06/17: (2016-2017) Excursión de fin de curso: Participamos nos obradoiros de Naturnova e pásamolo de medo en Indiana Bill
27/05/17: (2016-2017) Celebramos o cumpreanos do mes de maio cunha tarta
07/05/17: (2016-2017) Celebramos a semana do Libro e das Letras Galegas na carballeira de Campo Lameiro.
29/04/17: (2016-2017) Celebramos os aniversarios do mes de abril
14/04/17: (2016-2017) Celebramos os cumpreanos de marzo
21/03/17: (2016-2017) Visitamos ó lobo ORBIL no Salón do Libro e participamos nas súas actividades
01/03/17: (2016-2017) Entroido 2017- Confeccionamos o noso disfraz nun obradoiro coas familias e participamos na festa do Entroido.
27/02/17: (2016-2017) Entroido 2017- Dora manda....semana do Meco
21/02/20: (2016-2017) Acompañamos a Dora ata a muralla chinesa e coñecemos a 4 dragóns, para crear o noso traballo para o Salón do libro
04/02/17: (2016-2017) Participamos na celebración do día da Paz
04/02/17: (2016-2017) Celebramos os cumpreanos do mes de xaneiro
21/02/20: (2016-2017) Chega o Nadal a infantil e celebrámolo participando no Festival do colexio
23/12/16: (2016-2017) Celebrámo-los aniversarios de decembro.
19/12/16: (2016-2017) Visitamos o museo e preparamos a exposición dos retratos
10/12/16: (2016/2017) Os compañeiros/as de 6º veñen a infantil a darnos unha charla sobre as máquinas e a enerxía.
03/12/16: (2016-2017) Recibimos unha carta con pistas para a procura do guante!
26/11/16: (2016-2017) Así celebramos os aniversarios do mes de novembro
12/11/16: (2016-2017) Visítannos os compañeiro/as de 1º e 2º para unha degustación de froitos do outono
07/11/16: (2016-2017) Celebramos os cumpres de outubro
06/11/16: (2016-2017) Así preparamos e celebramos o Magosto-Samaín
21/02/20: (2016-2017) Creamos un vídeo saudando ós nosos amigos do colexio de Xapón. Queres velo?
08/10/16: (2016-2017) Reencontrámonos cos nosos robots nos intercambios
02/10/16: (2016-2017) Celebramos os primeiros cumpreanos do curso!
25/09/16: (2016-2017) Recibimos a primeira carta de resposta do colexio de Xapón
24/06/16: (2015-2016) Celebramos os cumpreanos do verán facendo pizzas
24/06/16: (2015-2016) Participamos nunha búsqueda do tesouro no último día de clases
24/06/16: (2015-2016) Visitamos o zoo de Vigo e o pasamos en grande en Indiana Bill
21/02/20: (2015-2016) Inauguramos a exposición e presentamos e o noso documental sobre Henry Moore ás familias. Xa podes velo.
19/06/16: (2015-2016) Celebramos os cumpreanos do mes de xuño
21/02/20: (2015-2016) A nosa exposición sobre Henry Moore xa está rematada: Queres vir a vela?
13/06/16: (2015-2016) Recibimos a visita dos futuros compañeiros e compañeiras da Galiña Azul
21/02/20: (2015-2016) Así creamos a nosa película de animación "O veleno máxico". Queres vela?
28/05/16: (2015-2016) Celebrando os cumpreanos do mes de maio
26/05/16: (2015-2016) Semana das Letras Galegas
07/05/16: (2015-2016) Participamos na semana do Libro
07/05/16: (2015-2016) Celebramos os cumpreanos do mes de abril
09/04/16: (2015-2016) Visitamos e participamos nas actividades do Salón do Libro 2016
02/04/16: (2015-2016) Participamos nunha visita a Apípolis
20/03/16: Recollemos e enviamos xoguetes para os nenos e nenas de Siria
19/03/16: (2015-2016) Celebrámo-los cumpreanos do mes de marzo
19/03/16: (2015-2016) Así creamos "O veleno máxico", a nosa aportación para o "Salón do libro"
28/02/16: (2015-2016) Celebramos os cumpreanos de febreiro
28/02/16: (2015-2016) Escribimos cartas a colexios de todo o mundo
07/02/16: (2015-2016) Confeccionamos os disfraces nun obradoiro coas familias e participamos na festa do Entroido
31/01/16: (2015-2016) Coñecendo a vida dos nenos refuxiados de Siria polo Día da paz
31/01/16: (2015-2016) Celebrámo-los aniversarios do mes de Xaneiro
21/02/20: (2015-2016) Preparando a chegada do Nadal: festival, árbore e decoración dos corredoiros.
24/12/15: (2015-2016) Celebrámo-los aniversarios do mes de decembro
04/11/15: (2015-2016) Celebramos os cumpreanos de outubro.
08/11/15: (2015-2016) Celebrámo-lo Samaín e o Magosto no colexio
21/02/20: (2015-2016) Gravamos o noso vídeo de presentación para o colexio de Bos Aires. Queres velo?
26/09/15: (2015-2016) Celebrámo-los cumpreanos do mes de setembro
28/06/15: (2014-2015) Algunhas actividades nos últimos días de curso: pompas de xabón, banda de música, graduación dos de sexto..
28/06/15: (2014-2015) Celebramos os cumpreanos do mes de xuño e do verán
20/06/15: (2014-2015) Atopamos uns tesouros seguindo as pistas dun mapa
20/06/15: (2014-2015) Visitamos o acuario do Grove, o monte Siradella e xogamos en Cámelot
06/06/15: (2014-2015) Visítannos os compañeiros da Galiña Azul
06/06/15: (2014-2015) Pintamos o mural da aula de usos múltiples e participamos nos obradoiros coas nosas familias
31/05/15: (2014-2015) Jorge, Nayra e Lois preséntannos ós seus avós
24/05/15: (2014-2015) Esta semana visitáronnos os avós de Lucas G., Noa, Joaquín, Alberto e Yéssica.
21/02/20: Xa podes ver a nosa película "O Mapache tolo". Así a presentamos ós nosos compañeiros.
17/05/15: (2014-2015) Visítannos a avoa de Lucas F., Daniela, Carlota e Iker.
16/05/15: (2014-2015) Participamos na creación do Maio e celebrámo-las Letras Galegas
16/05/15: (2014-2015) Presentamos a película "O Mapache tolo" ás nosas familias
02/05/15: (2014-2015) Celebramos os cumpreanos do mes de abril
21/02/20: (2014-2015) Rematando a post-producción da película. Queres ver o trailer?
26/04/15: (2014-2015) Luces, cámara e acción! ... rodamos a nosa película
20/04/15: (2014-2015) Preparámo-la rodaxe da nosa película "como as de Chaplin"
20/04/15: (2014-2015) E ti?... xa te fixeches unha foto como Chaplin no noso fotomatón?
29/03/15: (2014-2015) Celebramos os cumpreanos do mes de marzo
28/02/15: (2014-2015) Celebramos os cumpreanos de febreiro
28/02/15: (2014-2015) Participamos nas actividades do Salón do libro e visitamos ó lobo ORBIL
22/02/15: (2014-2015) O noso libro "Ciencia ou ficción?" xa está na máquina do tempo de camiño ó Salón do libro
18/02/15: Participamos no Entroido e no Meco- elaboramos o noso disfraz.
08/02/15: (2014-2015) Descubrimos a Malala polo Día da Paz e non Violencia
01/02/15: (2014-2015) Celebrámo-los cumpreanos do mes de xaneiro
29/12/14: (2014-2015) Así preparamos o festival de Nadal
28/12/14: (2014-2015) Celebrámo-los cumpreanos do mes de decembro
03/11/14: (2014-2015) Celebramos os cumpreanos de Outubro
03/11/14: (2014-2015) VÍDEO-CONTO: A serpe terrorífica
03/11/14: (2014-2015) Celebrámo-lo samaín co noso conto de medo
25/10/14: (2014-2015) Facemos pan como na prehistoria e celebrámo-lo Magosto no Parque arqueolóxico
19/10/14: (2014-2015) Trasladámonos por uns días!
19/10/14: (2014-2015) Intercambiámonos de aula para facer novos agrupamentos
28/09/14: (2014-2015) Celebrámo-los aniversarios do mes de setembro
05/07/14: (2013-2014) Participamos nunha experiencia co alumnado de sexto- Caldo de adiviñas!
22/06/14: (2013-2014) Celebramos os cumpreanos de xuño...e os do verán!
01/03/17: (2013-2014) Contando o que descubrimos: participamos na xornada de portas abertas "Descubrindo a prehistoria" [con vídeos]
21/06/14: (2013-2014) Visitamos Arboretum e Indiana Bill na excursión de fin de curso
08/06/14: (2013-2014) Recibimos unha visita moi moi especial!- Os nenos e nenas da Galiña Azul
21/06/14: (2013-2014) Celebrámo-los cumpreanos de maio
18/05/14: (2013-2014) Celebrámo-lo día das Letras Galegas e os maios
18/05/14: (2013-2014) Investigamos sobre os petroglifos: visita ó Parque Arqueolóxico
07/05/14: (2013-2014) Celebramos os cumpreanos de abril
29/03/14: (2013-2014) Celebrámo-los cumpreanos do mes de marzo
27/03/14: (2013-2014) Cociñando contos... participamos nas actividades do Salón do Libro de Pontevedra
05/03/14: (2013-2014) Semana de Entroido- Meco, preparación de disfraces e desfile.
03/03/14: (2013-2014) Celebrámo-los cumpreanos do mes de febreiro facendo pizzas.
02/02/14: (2013-2014) Descubrindo a Nelson Mandela polo día da Paz
02/02/14: (2013-2014) Celebramo-los cumpreanos do mes de xaneiro
01/12/13: (2013-2014) Visitamos a exposición sobre Alexander Calder na aula de sexto
14/11/13: (2013-2014) Vendimando, facendo mosto e.... pasándoo de medo
01/11/13: (2013-2014) Celebramos os cumpreanos de outubro
31/10/13: (2013-2014) Participamos na celebración do Magosto-Samaín.
21/10/13: (2013-2014) Léndonos libros uns ós outros
30/09/13: (2012-2013) Celebramo-los cumpreanos do mes de setembro
02/07/13: (2012-2013) Rematámo-lo curso buscando o tesouro
16/07/19: Entradas conxuntas no blog de infantil
(2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de novembro
Cando rematou o mes de novembro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os aniversarios do mes, nesta ocasión cumprira anos MARIO, quen foi o encargado de escoller unha tarta do noso libro de receitas.
Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que convidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, nunha fantástica festa.
Xunto aos compañeiros e compañeiras das súa aula, prepararon a camiseta de agasallo e a coroa. Quedaron fantásticas!
Cos ingredientes que trouxera, un día antes da celebración, preparamos a torta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.
Tan só quedaba levala ao frigorífico e deixala alí ata o día seguinte.
Despois dun noite arrefriando no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.
O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.
Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz"
E por fin chegou o momento de que o homenaxeado repartise a tarta entre os seus convidados e convidadas.
Rematamos a festa de anivesrarios con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir.
No vindeiro mes de decembro teremos novos aniversarios e, por suposto, unha nova celebración dos mesmos.
(2023-2024) Traballamos e celebramos o Magosto con xogos tradicionais e comendo castañas
O día 13 de novembro, tal como tiñamos indicado nos calendarios online das nosas aulas, tería lugar a celebración do Magosto no colexio.
Tal como lembramos mirando a páxina web do colexio, do curso pasado, participaríamos en xogos tradicionais e comeríamos castañas asadas.
Para poder meter as castañas, creamos un "cesto castaña" feito con pratos de cartón. Así foi como os creamos.
Empregamos tamén follas que había no patio para decoralas. Cada unha das aulas organizou o proceso para poder crear estes fantásticos cestos.
Fomos xuntando, cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, moitísimas castañas, para poder asalas o día da celebración do Magosto.
Cando chegou o día, o profe Paulo foi o encargado de asalas, fomos a visitalo para ver que tal levaba o traballo.
Mentras se asaban as castañas, particiamos nunha chea de xogos tradicionais no pavillón, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.
Rematados os xogos, e xa coas castañas asadas, chegou o momento de comelas.
Estaban boísimas!!!
Podes ver tódalas fotografías desta celebración, celebrada no centro, no seguinte álbum da galería fotográfica:
ÁLBUM - GALERÍA FOTOGRÁFICA: (2023-2024) Magosto 2023
(2023-2024) Xa chegou o Samaín a infantil... así o celebramos
Coa chegada do mes de outubro anotamos no noso calendario online, unha das datas que máis estabamos a agardar: A celebración da festa do Samaín.
Lembramos mirando a web do colexio todo o que fixéramos o curso anterior, para contarllo tamén aos novos compañeiros e compañeiras.
Contamos contos de medo e debuxamos bruxas, pantasmas, monstruos...
Para decorar o noso corredor, creamos estes simpáticos morcegos que penduramos do teito.
Estes morcegos estarían dentro do "castelo de Drácula" que pintamos entre todos e todas.
Así de fantástico quedou unha vez rematado.
En infantil 2 deseñaron e crearon a súa propia cabaza de Samaín.
Tamén preparamos as "notas" paras ás nosas casas, onde se explicaba o concurso-exposición de cabazas, e todo o que sucedería na festa do Samaín no colexio.
A profe ZAIRA recolleu as poesías teorroríficas que trouxemos da casa, e a que escribimos entre todos e todas.
Pouco a pouco foron chegando a nosas cabazas á clase, listas para engadilas á exposición, xunto ás dos demais compañeiros e compañeiras do colexio.
O día da celebración do Samaín, participamos nos obradoiros xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o centro.
Pero antes unha foto de grupo, con todos e todas difrazados:
Obradoiro de cociña terrorífica, co profe PAULO:
Puidemos comer as "momias que cociñamos" durante a merenda.
Curtametraxes de medo:
Fotomatón terrorífico:
Podes ver todas as fotos que fixemos facendo click nas seguintes imaxes:
Manualidades terroríficas, coas profes ZAIRA e MARTA:
Participamos tamén na votación das nosas cabazas favoritas.
Podes ver tódalas cabazas da exposición no seguinte vídeo
Para rematar a xornada participamos na entrega de premios ás cabazas máis votadas, e dos diplomas en diferentes categorías.
Tes máis información sobre estes obradoiros na seguinte entrada:
(2023-2024) Polo Samaín, participamos nuns obradoiros de terroríficos
Podes ver como foi a celebración do Samaín en todo o centro, cos obradorios e exposición de cabazas, na seguinte entrada:
(2023-2024) ÁLBUM FOTOGRÁFICO: Obradoiros do Samaín 2023
(2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de outubro
Cando rematou o mes de outubro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os aniversarios do mes, nesta ocasión cumpriran anos JESÚS, MIGUEL ÁNGEL e ELOY, eles foron os encargados de escoller unha tarta do noso libro de receitas.
Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que convidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, nunha fantástica festa.
Xunto aos compañeiros e compañeiras das súas aulas, prepararon as camisetas de agasalo. Quedaron fantásticas!
Tamén decoraron as súas coroas de aniversario.
Cos ingredientes que trouxeraon, un día antes da celebración, preparamos a torta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.
Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.
O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.
Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz" e "parabéns para ti"
Ese día JESÚS estivo enfermo, polo que non puido asistir á súa celebración. De seguro que o vindeiro curso si estará presente.
E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartisen a tarta entre os seus convidados e convidadas.
Rematamos esta primeira festa de anivesrarios con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir.
No vindeiro mes de novembro teremos novos aniversarios e, por suposto, unha nova celebración dos mesmos.
(2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de setembro
No mes de setembro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os primeiros aniversarios do curso, nesta ocasión só CARLOTA cumpría anos, así que foi a encargada de escoller unha tarta do libro de receitas.
Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que covidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil.
Coa axuda de todos e todas preparían unha tarta para convidar aos demais nunha fantástica festa.
Os compañeiros e compañeiras da súa aula, preparáronlle a camiseta de agasalo. Quedaou fantástica!
Tamén decorou a súa coroa de aniversario.
Cos ingredientes que trouxo, un día antes da celebración, preparamos a tarta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.
Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.
O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.
Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz".
E por fin chegou o momento de que a homenaxeada repartise a tarta entre os seu convidados e convidadas.
Rematamos esta primeira do curso festa con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir.
No vindeiro mes de outubro teremos novos aniversarios e, por suposto, unha nova celebración dos mesmos.
(2022-2023) Celebramos os últimos aniversarios do curso: mes de xuño e verán
No mes de xuño, celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumprían anos neste mes, ou nos meses de vacacións, cando non sería posible celebrarlos lo no colexio.
Por esa razón, nesta última celebración do curso, os homenaxeados e homenaxeadas eran unha chea.
Coa axuda de todos e todas prepararon unha tarta para convidar a todos e todas nunha fantástica festa.
Os compañeiros e compañeiras das súas aulas, preparáronlle as camisetas de agasalo. Quedaron fantásticas. Tamén decoraron a súas coroas de aniversario.
Cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración, prepararon, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, a tarta seguindo os pasos da receita elixida.
Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na tarta.
Pero antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleanos feliz" e "parabéns para ti".
Así o fixeron os compañeiros e compañeiras que cumprían 5 anos.
E así o compañeiro que cumpría 6 anos, neste caso en verán.
E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartiran a tarta entre os seu convidados e convidadas.
Estaba boísima!!!
Rematamos esta última festa con zume, algunhas patacas fritidas e gusanitos.
(2022-2023) Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil "A Galiña Azul"
Despois de varios cursos sen poder facelo, por mor das restriccións pola "pandemia da COVID-19", por fin este curso puidemos volver a recibir a visita dos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul, que estarán o vindeiro curso nas nosas aulas.
Preparámoslle uns marcos de agasallo días antes da súa visita, que tiñamos anotada no noso calendario oline.
Cada un dos equipos de cada unha das dúas aulas, foi creando un marco para o "neno/a", que estaría con eles e elas o día da visita.
Cando por fin chegou o gran día, o primeiro que fixemos, tras recibilos foi facernos unha foto de grupo todos xuntos e xuntas. E reencontranos coas nosas profes de cando eramos "máis pequenos".
Na biblioteca, os compañeiros e comapañeiras de 1º e segundo, tíñanlle preparada unha sorpresa fantástica, organizada pola profe Zaira... un conto fantástico, ademais de regalarlle un ratiño de la, que fixeran eles/elas mesmos/as.
De volta nas aulas, xa por equipos, pegamos a fotografía de grupo e decoramos o marco con pegatinas, xunto cos futuros compañeiros e compañeiras, para que puidesen levalo o máis bonito posible.
Sen esquecernos de escribirlle detrás o nome de cada un, para que non se mesturaran.
Xa co marco rematado, chegou o momento de xogar todos xuntos e xuntas no patio.
Pasámolo xenial... As profes da "Galiña" convidáronnos a uns "pauciños de pan", que compartimos entre todos e todas.
E finalmente chegou o momento da despedida... verémonos despois do verán, cando sexades compañeiros e compañeiras de Infantil 1 e Infantili 2.
Grazas pola visita, o curso que ven repetirémola de novo.
(2022-2023) Visitamos a aldea Grobit, o acuario e viaxamos en barco na nosa excursión ao Grove
O 12 de xuño, xunto aos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de primaria, viaxamos ata O Grove na excursión de fin de curso, en xornada de mañá e tarde.
A primeira hora montamos no autobús, e comezamos a nosa viaxe para chegar ata o Grove.
Cando chegamos ao porto do Grove, xa estaba agardándonos o barco (catamarán), no que íamos facer unha viaxe pola ría de Arousa.
Puidemos ver algún golfiño, as bateas, gaivotas e... ata o fondo mariño.
Cando baixamos do barco, chegou o momento facer unha parada para tomar a merenda, antes de encamiñarnos ao noso seguinte destino.
O autobús levounos ata a Illa da Toxa, onde despois de camiñar un anaco, chegamos ata a máxica "Aldea Grobit", onde había unhas casas moi curiosas e columpios.
Chegada a hora, comimos a nosa comida de modo autónomo, dentro da propia aldea...
No camiño de volta ata o autobús, para poder viaxar ata o acuario, atopámonos con varios burros que vivían por alí.
Xa no acuario, coñecimos a Yara, a que sería a nosa guía durante a vista.
Fomos percorrendo as diferentes salas, aprendendo unha chea dos peixes, e outros animais mariños que había no acuario.
Ata nos atopamos cos peixes paiaso, ciruxáns, cabaliños de mar... e ata pirañas. Incluso puidemos tocar unha estrela de mar.
E, por suposto, puidemos ver algún tabeirón, o que estabamos desexando desde que chegamos.
E deste xeito, rematamos a nosa visita ao acuario e montamos novamente no autobús para voltar ao colexio, onde nos estaban a agardar as nosas familias.
Pasámolo xenial, divertímonos moitísimo e aprendimos unha chea.
(2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de maio
No mes de maio, cumpría anos a nosa compañeiras VALENTINA. Coa axuda de todos e todas ía preparar unha tarta para convidar a todos e todas nunha fantástica festa.
Os compañeiros e compañeiras da súa aula, preparáronlle a camiseta de agasalo. Quedou fantástica. Tamén decorou a súa coroa de aniversario.
A homenaxeada escolleru do libro de receitas a súa tarta favorita.
cos ingredientes que trouxo, un día antes da celebración, preparou, con axuda dos compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, a tarta seguindo os pasos da receita elixida.
Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na tarta.
Pero antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleanos feliz", nesta ocasión en inglés-
E por fin chegou o momento de que a homenaxeada repartira a tarta entre os seu convidados e convidadas.
Rematamos a festa con zume, algunhas patacas fritidas e gusanitos.
No mes de xuño, o último do curso, celebraremos tanto os anivesarios dos compañeiros e compañeiras que cumpren anos no mesmo, como daqueles que o farán ao longo do verán.
Como sempre poderedes velo publicado neste mesmo blog.
