Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Infantil xuntos

Entradas conxuntas no blog de infantil


Entradas no blog do recanto
10/01/20: (2019-2020) Así celebramos os aniversarios do mes de decembro.
21/12/19: (2019-2020) Falamos con Santa Claus e participamos no festival de Nadal con dúas actuacións. Xa podes velas!
21/12/19: (2019-2020) Chega o Nadal: decoramos o corredor, cociñamos turrón e enviamos unhas postais ás nosas casas
29/11/19: (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos e probamos novos pratos en novembro
29/11/19: (2019-2020) Participamos na celebración do Magosto do colexio
22/11/19: (2019-2020) Seguimos a traballar cos nosos robots na aula: Agora cos Ozobots.
31/10/19: (2019-2020) Chega o Samaín: así foi como o celebramos e participamos nos obradoiros
30/10/19: (2019-2020) Seguimos a descubrir os “sabores do mundo”: zumes e chulas de cabaza
25/10/19: (2019-2020) Celebramos os aniversarios do mes de outubro facendo unha tarta
18/10/19: (2019-2020) Comezamos a traballar cos nosos robots: mira todo o que pode facer o Beebot
11/10/19: (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos o noso primeiro plato do curso: arroz 3 delicias
11/10/19: (2019-2020) Participamos nas actividades do Día europeo da arte ruprestre no parque arqueolóxico de Campo Lameiro
06/10/19: (2019-2020) Participamos no Día europeo do deporte escolar
21/06/19: (2018-2019) Presentamos o noso telexornal ante as familias e compañeiros. Queres velo?
21/06/19: (2018-2019) Buscamos un tesouro escondido seguindo un mapa
21/06/19: (2018-2019 Celebramos os aniversarios de xuño e do verán
13/06/19: (2018-2019) Así rematamos o noso Telexornal. Xa está listo e poderás velo dentro dunha semana.
13/06/19: (2018-2019) Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul
13/06/19: (2018-2019) Viaxamos en tren ata Vigo para visitar o Zoo e Indiana Bill
01/06/19: (2018-2019) Continuamos a cociñar. Nas últimas semanas fixemos Spagueti e Magdalenas
01/06/19: (2018-2019) Celebramos os aniversarios de Anxo e Antía no mes de maio
13/06/19: (2018-2019) Continuamos a crear as novas que formarán parte do noso telexornal
25/05/19: (2018-2019) Participamos nas “lecturas na carballeira” cunha poesía de Rosalía de Castro
11/05/19: (2018-2019) Entrevistamos a Susa Herrera para o telexornal que estamos creando en infantil
11/05/19: (2018-2019) Convertímonos en Chefs: Comezamos cociñando unha pizza
05/05/19: (2018-2019) Participamos nas actividades da “Semana do libro"
05/05/19: (2018-2019) Seguimos a traballar con robots nas aulas de infantil
30/04/19: (2018-2019) En infantil tamén “sementamos aromas"
26/04/19: (2018-2019) Así celebramos os aniversarios do mes de abril
30/03/19: (2018-2019) Visitamos ó lobo Orbil e participamos nas actividades do Salón do Libro 2019
29/03/19: (2018-2019) Celebramos os aniversarios do mes de marzo
18/03/19: (2018-201): “Animais contra cazadores” e “Neil o pingüín espacial”, así creamos os nosos libros e vídeos para o traballo do Salón do Libro
02/03/19: (2018-2019) Deseñamos, preparamos e confeccionamos o noso disfraz do Entroido nun obradoiro coas familias, para participar no desfile
02/03/19: (2018-2019) Serafín o porcoespín mandounos vir disfrazados de...
25/02/19: (2018-2019) Celebramos os aniversarios do mes de febreiro
15/02/19: (2018-2019) Traballando cos Ozobots, Beebot e M-bot. Robótica nas primerias semanas do ano
09/02/19: (2018-2019) Xestos de amizade e adoptamos animais en perigo de extinción na semana da Paz
26/01/19: (2018-2019) Así celebramos os aniversarios do mes de xaneiro
24/12/18: (2018-2019) Participamos no Festival de Nadal cunhas actuacións. Queres velas?
24/12/18: (2018-2018) Preparámonos para a chegada do Nadal decorando o corredor e enviando unhas postais á casa.
23/12/18: (2018-2019) Celebramos os aniversarios de decembro cunha festa de Nadal
06/12/18: (2018-2019) Asistimos ó teatro para ver “A Galiña azul” e visitamos a exposición “Living dinosaurs"
06/12/18: (2018-2019) Seguimos a traballar con robots nas aulas: m-bot, beebot, pro-bot e ozobots
01/12/18: (2018-2019) Celebramos os aniversarios do mes de novembro
03/11/18: (2018-2019) Polo Samaín construímos un castelo terrorífico
03/11/18: (2018-2019) Explorando todo o que pode facer o Beebot
31/10/18: (2018-2018) Participamos na celebración do Magosto cunha camiñata
27/10/18: (2018-2019) CUMPLE MES DE OUTUBRO
12/10/18: (2018-2019) Comezamos a artellar co noso amigo Beebot
29/09/18: (2018-2019) Participamos nas actividades do “Día europeo do deporte escolar"
29/09/18: (2018-2019) Celebramos os primeiros aniversarios do curso: mes de setembro
29/09/18: (2018-2019) Celebramos os primeiros aniversarios do curso: mes de setembro
23/06/18: (2017-2018) Atopamos un tesouro seguindo o mapa no noso xogo de pistas
22/06/18: (2017-2018) Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul
22/06/18: (2017-2018) Celebramos os aniversarios de xuño e do verán. Os últimos do curso.
13/06/18: (2017-2018) Visitamos Naturnova, e pasámolo de medo en Indiana Bill, na nosa saída de fin de curso.
08/06/18: (2017-2018) Así rodamos a nosa película "As supermulleres da Paz". Queres vela?
26/05/18: (2017-2018) Descubrimos a Mª Victoria Moreno e facemos un mural coas nosas mascotas, para celebrar a semana das Letras Galegas
26/05/18: (2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de maio
12/05/18: (2017-2018) Facemos un rasca e gaña para como regalo para as nosas nais
27/04/18: (2017.2018) Celebramos os aniversarios do mes de abril
21/04/18: (2017-2018) Creamos un "conto enrollado" para contar a película "Toy Story" no día das "Lecturas na Carballeira"
15/04/18: (2017-2018) Planificamos a visita e creamos un mapa para participar nas actividades do Salón do Libro e visitar a ORBIL
24/03/18: (2017-2018) Así celebramos os aniversarios do mes de marzo
09/03/18: (2017-2018) Creamos o noso libro "As súper-mulleres da paz" para o Salón do libro. Queres velo?
23/02/18: (2017-2018) Así celebramos os aniversarios do mes de febreiro
11/02/18: (2017-2018) Deseñamos, creamos o disfraz de Minions no obradoiro coas nosas familias, e participamos no desfile do Entroido
11/02/18: (2017-2018) Durante a semana do Entroido Dora mandounos traer posto...
03/02/18: (2107-2018) Descubrindo os Premios Nobel para celebrar o día da Paz
27/01/18: (2017-2018) Así celebramos os aniversarios do mes de xaneiro
24/12/17: (2017-2018) Preparamos e participamos no Festival de Nadal cunhas actuacións.
22/12/17: (2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de decembro
02/12/17: (2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de novembro
03/12/17: (2017-2018) Así preparamos e participamos na celebración do Magosto en Infantil
04/11/17: (2017-2018) Os de Infantil tamén participamos nos obradoiros do Samaín e pasámolo... de medo!
29/10/17: (2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de outubro
29/09/17: (2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de setembro.
19/07/17: (2016-2017) A nosa muralla chinesa abre as súas portas para os visitantes, na xornada de "portas abertas" do colexio.
30/06/17: (2017-2017) Buscamos o tesouro seguindo as pistas.... para conseguir un delicioso premio
26/06/17: (2016-2017) Celebramos os aniversarios de xuño e os dos compañeiros/as que cumpren anos no verán
17/06/17: (2016-2017) Recibimos unha visita moi especial dos nenos e nenas da Galiña Azul e preparamos un agasallo para eles.
17/06/17: (2016-2017) Excursión de fin de curso: Participamos nos obradoiros de Naturnova e pásamolo de medo en Indiana Bill
27/05/17: (2016-2017) Celebramos o cumpreanos do mes de maio cunha tarta
07/05/17: (2016-2017) Celebramos a semana do Libro e das Letras Galegas na carballeira de Campo Lameiro.
29/04/17: (2016-2017) Celebramos os aniversarios do mes de abril
14/04/17: (2016-2017) Celebramos os cumpreanos de marzo
21/03/17: (2016-2017) Visitamos ó lobo ORBIL no Salón do Libro e participamos nas súas actividades
01/03/17: (2016-2017) Entroido 2017- Confeccionamos o noso disfraz nun obradoiro coas familias e participamos na festa do Entroido.
27/02/17: (2016-2017) Entroido 2017- Dora manda....semana do Meco
02/03/17: (2016-2017) Acompañamos a Dora ata a muralla chinesa e coñecemos a 4 dragóns, para crear o noso traballo para o Salón do libro
04/02/17: (2016-2017) Participamos na celebración do día da Paz
04/02/17: (2016-2017) Celebramos os cumpreanos do mes de xaneiro
24/12/16: (2016-2017) Chega o Nadal a infantil e celebrámolo participando no Festival do colexio
23/12/16: (2016-2017) Celebrámo-los aniversarios de decembro.
19/12/16: (2016-2017) Visitamos o museo e preparamos a exposición dos retratos
10/12/16: (2016/2017) Os compañeiros/as de 6º veñen a infantil a darnos unha charla sobre as máquinas e a enerxía.
03/12/16: (2016-2017) Recibimos unha carta con pistas para a procura do guante!
26/11/16: (2016-2017) Así celebramos os aniversarios do mes de novembro
12/11/16: (2016-2017) Visítannos os compañeiro/as de 1º e 2º para unha degustación de froitos do outono
07/11/16: (2016-2017) Celebramos os cumpres de outubro
06/11/16: (2016-2017) Así preparamos e celebramos o Magosto-Samaín
22/10/16: (2016-2017) Creamos un vídeo saudando ós nosos amigos do colexio de Xapón. Queres velo?
08/10/16: (2016-2017) Reencontrámonos cos nosos robots nos intercambios
02/10/16: (2016-2017) Celebramos os primeiros cumpreanos do curso!
25/09/16: (2016-2017) Recibimos a primeira carta de resposta do colexio de Xapón
24/06/16: (2015-2016) Celebramos os cumpreanos do verán facendo pizzas
24/06/16: (2015-2016) Participamos nunha búsqueda do tesouro no último día de clases
24/06/16: (2015-2016) Visitamos o zoo de Vigo e o pasamos en grande en Indiana Bill
20/06/16: (2015-2016) Inauguramos a exposición e presentamos e o noso documental sobre Henry Moore ás familias. Xa podes velo.
19/06/16: (2015-2016) Celebramos os cumpreanos do mes de xuño
19/06/16: (2015-2016) A nosa exposición sobre Henry Moore xa está rematada: Queres vir a vela?
13/06/16: (2015-2016) Recibimos a visita dos futuros compañeiros e compañeiras da Galiña Azul
20/01/18: (2015-2016) Así creamos a nosa película de animación "O veleno máxico". Queres vela?
28/05/16: (2015-2016) Celebrando os cumpreanos do mes de maio
26/05/16: (2015-2016) Semana das Letras Galegas
07/05/16: (2015-2016) Participamos na semana do Libro
07/05/16: (2015-2016) Celebramos os cumpreanos do mes de abril
09/04/16: (2015-2016) Visitamos e participamos nas actividades do Salón do Libro 2016
02/04/16: (2015-2016) Participamos nunha visita a Apípolis
20/03/16: Recollemos e enviamos xoguetes para os nenos e nenas de Siria
19/03/16: (2015-2016) Celebrámo-los cumpreanos do mes de marzo
19/03/16: (2015-2016) Así creamos "O veleno máxico", a nosa aportación para o "Salón do libro"
28/02/16: (2015-2016) Celebramos os cumpreanos de febreiro
28/02/16: (2015-2016) Escribimos cartas a colexios de todo o mundo
07/02/16: (2015-2016) Confeccionamos os disfraces nun obradoiro coas familias e participamos na festa do Entroido
31/01/16: (2015-2016) Coñecendo a vida dos nenos refuxiados de Siria polo Día da paz
31/01/16: (2015-2016) Celebrámo-los aniversarios do mes de Xaneiro
27/12/15: (2015-2016) Preparando a chegada do Nadal: festival, árbore e decoración dos corredoiros.
24/12/15: (2015-2016) Celebrámo-los aniversarios do mes de decembro
04/11/15: (2015-2016) Celebramos os cumpreanos de outubro.
08/11/15: (2015-2016) Celebrámo-lo Samaín e o Magosto no colexio
28/10/15: (2015-2016) Gravamos o noso vídeo de presentación para o colexio de Bos Aires. Queres velo?
26/09/15: (2015-2016) Celebrámo-los cumpreanos do mes de setembro
28/06/15: (2014-2015) Algunhas actividades nos últimos días de curso: pompas de xabón, banda de música, graduación dos de sexto..
28/06/15: (2014-2015) Celebramos os cumpreanos do mes de xuño e do verán
20/06/15: (2014-2015) Atopamos uns tesouros seguindo as pistas dun mapa
20/06/15: (2014-2015) Visitamos o acuario do Grove, o monte Siradella e xogamos en Cámelot
06/06/15: (2014-2015) Visítannos os compañeiros da Galiña Azul
06/06/15: (2014-2015) Pintamos o mural da aula de usos múltiples e participamos nos obradoiros coas nosas familias
31/05/15: (2014-2015) Jorge, Nayra e Lois preséntannos ós seus avós
24/05/15: (2014-2015) Esta semana visitáronnos os avós de Lucas G., Noa, Joaquín, Alberto e Yéssica.
23/05/15: Xa podes ver a nosa película "O Mapache tolo". Así a presentamos ós nosos compañeiros.
17/05/15: (2014-2015) Visítannos a avoa de Lucas F., Daniela, Carlota e Iker.
16/05/15: (2014-2015) Participamos na creación do Maio e celebrámo-las Letras Galegas
16/05/15: (2014-2015) Presentamos a película "O Mapache tolo" ás nosas familias
02/05/15: (2014-2015) Celebramos os cumpreanos do mes de abril
01/05/15: (2014-2015) Rematando a post-producción da película. Queres ver o trailer?
26/04/15: (2014-2015) Luces, cámara e acción! ... rodamos a nosa película
20/04/15: (2014-2015) Preparámo-la rodaxe da nosa película "como as de Chaplin"
20/04/15: (2014-2015) E ti?... xa te fixeches unha foto como Chaplin no noso fotomatón?
29/03/15: (2014-2015) Celebramos os cumpreanos do mes de marzo
28/02/15: (2014-2015) Celebramos os cumpreanos de febreiro
28/02/15: (2014-2015) Participamos nas actividades do Salón do libro e visitamos ó lobo ORBIL
22/02/15: (2014-2015) O noso libro "Ciencia ou ficción?" xa está na máquina do tempo de camiño ó Salón do libro
18/02/15: Participamos no Entroido e no Meco- elaboramos o noso disfraz.
08/02/15: (2014-2015) Descubrimos a Malala polo Día da Paz e non Violencia
01/02/15: (2014-2015) Celebrámo-los cumpreanos do mes de xaneiro
29/12/14: (2014-2015) Así preparamos o festival de Nadal
28/12/14: (2014-2015) Celebrámo-los cumpreanos do mes de decembro
03/11/14: (2014-2015) Celebramos os cumpreanos de Outubro
03/11/14: (2014-2015) VÍDEO-CONTO: A serpe terrorífica
03/11/14: (2014-2015) Celebrámo-lo samaín co noso conto de medo
25/10/14: (2014-2015) Facemos pan como na prehistoria e celebrámo-lo Magosto no Parque arqueolóxico
19/10/14: (2014-2015) Trasladámonos por uns días!
19/10/14: (2014-2015) Intercambiámonos de aula para facer novos agrupamentos
28/09/14: (2014-2015) Celebrámo-los aniversarios do mes de setembro
05/07/14: (2013-2014) Participamos nunha experiencia co alumnado de sexto- Caldo de adiviñas!
22/06/14: (2013-2014) Celebramos os cumpreanos de xuño...e os do verán!
01/03/17: (2013-2014) Contando o que descubrimos: participamos na xornada de portas abertas "Descubrindo a prehistoria" [con vídeos]
21/06/14: (2013-2014) Visitamos Arboretum e Indiana Bill na excursión de fin de curso
08/06/14: (2013-2014) Recibimos unha visita moi moi especial!- Os nenos e nenas da Galiña Azul
21/06/14: (2013-2014) Celebrámo-los cumpreanos de maio
18/05/14: (2013-2014) Celebrámo-lo día das Letras Galegas e os maios
18/05/14: (2013-2014) Investigamos sobre os petroglifos: visita ó Parque Arqueolóxico
07/05/14: (2013-2014) Celebramos os cumpreanos de abril
29/03/14: (2013-2014) Celebrámo-los cumpreanos do mes de marzo
27/03/14: (2013-2014) Cociñando contos... participamos nas actividades do Salón do Libro de Pontevedra
05/03/14: (2013-2014) Semana de Entroido- Meco, preparación de disfraces e desfile.
03/03/14: (2013-2014) Celebrámo-los cumpreanos do mes de febreiro facendo pizzas.
02/02/14: (2013-2014) Descubrindo a Nelson Mandela polo día da Paz
02/02/14: (2013-2014) Celebramo-los cumpreanos do mes de xaneiro
01/12/13: (2013-2014) Visitamos a exposición sobre Alexander Calder na aula de sexto
14/11/13: (2013-2014) Vendimando, facendo mosto e.... pasándoo de medo
01/11/13: (2013-2014) Celebramos os cumpreanos de outubro
31/10/13: (2013-2014) Participamos na celebración do Magosto-Samaín.
21/10/13: (2013-2014) Léndonos libros uns ós outros
30/09/13: (2012-2013) Celebramo-los cumpreanos do mes de setembro
02/07/13: (2012-2013) Rematámo-lo curso buscando o tesouro
16/07/19: Entradas conxuntas no blog de infantil

(2019-2020) Así celebramos os aniversarios do mes de decembro.

No mes de decembro só estaba de aniversario o noso compañeiro ENZO. Como sempre engaríase de "organizar unha festa de celebración" na data que sinalamos no noso calendario online.

Escolleu a súa tarta preferida do libro de receitas para pedir na casa os ingredientes que farían falta.

 

 

Creamos unha camiseta de recordo asinada por tódolos compañeiros e compañeiras.

 

 

Como cando chegou a data de celebrar o aniversario, o homenaxeado estaba enfermo, e logo xa foron as vacacións, non puidemos facer a tarta e celebrar o aniversario ata este mes de xaneiro, cando voltamos ó colexio.

 

 

Seguindo os pasos da receita formos elaborando a fantástica tarta que escollera.

 

 

Tamén decorou a súa coroa de aniversario, indicando nela os anos que cumpría. 

 

 

Ó día seguinte, despois de ter a tarta toda a noite no frigorífico, chegou o momento da celebración. Onde lle cantamos a canción de "cumpreanos feliz" e puido sobrar as candeas. 

 

O homenaxeado foi repartindo tarta entre tódolos compañeiros e compañeiras...

 

 

Rematamos a celebración con patacas fritidas, gusanitos e zume.

 

A finais deste mes de xaneiro voltaremos a ter novos aniversarios. Se queres saber quenes serán os afortunados, non te perdas a entrada que publicaremos neste mesmo blogue chegado o momento. 

(2019-2020) Falamos con Santa Claus e participamos no festival de Nadal con dúas actuacións. Xa podes velas!

Como xa che contamos nunha entrada anterior, coa chegada do Nadal sucederon unha chea de cousas en Infantil:

(2019-2020) Chega o Nadal: decoramos o corredor, cociñamos turrón e enviamos unhas postais ás nosas casas

 

Ademais disto tamén participamos nunha videoconferencia con Santa Claus con quen puidemos falar, desde a biblioteca do Concello.

 

 

Alí estaba a televisión para facer unha reportaxe deste importante acontecemento ;) 

 

 

Todos e todas puidemos falar con Santa Claus gracias a cunha cámara que "conectaba" con "Laponia"

 

 

Comezamos a preparar as nosas actuacions para o festival de Nadal. 

Creamos o atrezzo que usaríamos no escenario da obra de teatro dos de 4 e 5 anos.

 

 

E tamén decoramos os capachos que usaríamos no baile dos de tres anos. 

 

 

Estivemos ensaiando durante varias semanas. Pasámolo xenial no escenario.

 

Mentras chegaba o "gran día" que estaba sinalado no noso calendario online, escribimos as nosas cartas a "Santa Claus, ós Reis Magos ou ó Apalpador"

 

 

E por fin chegou o gran día, todos estabamos listos para participar no Festival de Nadal coas nosas actuacións.

 

Fixémolo xenial, tanto o xoves ante os compañeiros e compañeiras, como o venres ante as nosas familias, participando xunto ós restantes nenos e nenas do centro.

Teatro: "A cea de Nadal da mosca Chosca" (4-5 anos)

 

 

Baile: Os ratiños (3 anos)

 

Podes voltar a ver as nosas actuacións, así como as dos restante compañeiros/as do colexio no seguinte vídeo.

 

"A cea de Nadal da Mosca chosca" (4-5 anos) 

Vídeo con localización exacta do comezo da actuación:

 

"Os ratiños" (3 anos) 

Vídeo con localización exacta do comezo da actuación:

(2019-2020) Chega o Nadal: decoramos o corredor, cociñamos turrón e enviamos unhas postais ás nosas casas

Cando chegou o mes de decembro anotamos nos nosos calendarios online que, antes de rematar o trimestre, tería lugar o Festival de Nadal. 

Revisando as publicacións do curso pasado contámoslle ós novos compañeiros e compañeiras todo o que fixemos, así que chegou o momento de dedicir como iamos decorar o noso corredor.

Decidimos facer unha árbore de Nadal feita de tapóns, para o que tivemos que escribir unha nota pedíndoos ás nosas familias.

 

 

Con todos os que xuntamos fomos construíndo a nosa árbore xigante de Nadal, todo feito de tapóns, que logo entregaremos a unha ONG para que poida usalos para fins sociais.

 

 

Ó longo dos días, traballando todos xuntos, demos rematada a árbore ata que quedou así de fantástica.

 

 

Cada un dos equipos cooperativos das dúas aulas decidiu como quería facer o seu "adorno xigante para o corredor".

  

 

Creamos tamén cintas feitas de tapóns, para pendurar do teito xunto ós nosos adornos xigantes. 

 

 

Escribimos un cartel que desexaba un BO NADAL a todos os que entrasen no corredor de infantil. 

 

 

E así de xenial quedou o noso corredor con tódolos nosos adornos listos. Ata o dinosaurio acabou tendo espírito navideño.

 

Participamos coas nosas fotos nas árbores que estaban na entrada do centro.

 

Podes ver tódalas nosas fotos desde aquí.

Fotografías individuais para as árbores de Nadal 

 

Creamos as nosas postais de Nadal, escollendo entre os dous modelos posibles... unha vez rematada envaríamola ás nosas casas por correo.

 

 

Cada quen foi elaborando a súa postal seguindo os pasos precisos, incluíndo a mesma foto que usaramos para a árbore da entrada, para poñer no seu interior.

 

Tan só quedaba preparar o sobre, pegándolle un sello o enderezo da casa de cada un e o enderezo do colexio como remitente, na parte de atrás.

  

 

Con todo listo fómolas meter no buzón de correos que hai preto do colexio... tan só quedaba agardar a que as recibiramos nas nosas casas.

 

 

Aproveitamos a visita para mirar os adornos de Nadal que había preto de alí, no Concello.

 

 

Non nos esquencemos de cociñar e probar diferentes "sabores do mundo", nesta ocasión fixemos turrón duro e turrón brando, seguindo os pasos dunha receita. 

 

Tivemos que deixalo "endurecer" durante uns días...

 

 

... e finalmente puidemos probalos.

 

Pero ademais de todo isto, tamén participamos no Festival de Nadal cunhas actuacións e puidemos falar con Santa Claus nunha vídeoconferencia. Podes leelo de seguido:

(2019-2020) Falamos con Santa Claus e participamos no festival de Nadal con dúas actuacións. Xa podes velas!

 

(2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos e probamos novos pratos en novembro

Como xa vos comentamos en entradas anteriores, estamos a descubrir diferentes "sabores do mundo", cociñando platos con diferentes ingredientes:

11/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos o noso primeiro plato do curso: arroz 3 delicias

30/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Seguimos a descubrir os “sabores do mundo”: zumes e chulas de cabaza 

Nas últimas semanas "descubrimos novos sabores", cociñando os diferentes platos que che contamos de seguido.

 

INGLESITOS:

Escribimos os nomes dos ingredientes que precisaríamos para facer a receita.

 

Cada quen elaborou e, por suposto, probou os inglesitos unha vez feitos.

 

OVOS RECHEOS: 

Descubrimos como os ovos, unha vez cocidos, cambian de cor e non rompen ó apretalos.

 

 

Pelamos os ovos, preparamos os difentes ingredientes e separamos as claras das xemas.

 

 

Creamos o recheo mesturando as xemas dos ovos con atún.

 

 

Cada quen "montou" os seus ovos recheos, e probou o resultado final.

 

 

UVAS EN ALMIBAR:

Aprendimos a facer "uvas en almibar" con uvas, auga e azucre.

 

 

Seguindo as indicacións da recieta, fomos controlando o temo ata que chegase a 5 minutos.

 

Levamos para casa cadansúas uvas en almibar.

 

 

SALSA BOLOÑESA:

Aprendimos a facer un prato típico de ITALIA, a salsa boloñesa que se emprega cos spaguetis.

Analizamos e descubrimos cales son os ingredientes que iamos empregar.

 

 

Seguindo as indicacións da receita fomos "triturando" os diferentes ingredientes da salsa, par mestrualos todos.

 

 

Tan só había que agardar a que se fixese.

 

Quedounos deliciosa... e todo o mundo se atreveu a probala, incluso os máis reticentes.

 

 

Despois de cociñar e probar cada un dos platos fomos engadíndoos no noso libro de "sabores do mundo", localizando  nun mapa a súa orixe. 

 

Aínda nos queda moito por cociñar nos vindeiros meses, irémolo contando en sucesivas entradas.

 

(2019-2020) Participamos na celebración do Magosto do colexio

Como cada curso participamos na celebración do Magosto organizada no centro. 

Despois de mirar na web, como celebramos o Magosto curso pasado, para poder poñer ó día ós novos compeñeiros e compañeiras, comezamos preparar o noso "cesto para as castañas"

 

Quedaron moi simpáticas con patas e brazos.

 

Escribimos unha nota pedindo castañas ás nosas casas, para poder celebrar o Magosto.

 

 

Pouco a pouco, coa cooperación de tódolos compañeiros e compañeiras do colexio fomos xuntando unha chea de castañas. 

 

Despois de varios días de choiva, por fin chegou o día da celebración. Por mor do mal tempo tivemos que celebralo no colexio e facer os xogos no pavillón, e non cunha camiñada ata o monte, como facemos tódolos anos.

 

 

Participamos en diferentes xogos tradicionais galegos no pavillón, dirixidos polos compañeiros e compañeiras de sexto curso. 

 

 

Xogamos ó pano, ó aro, a unha carreira de canguros (porque os sacos eran moi grandes para nos), a tirar da corda e a encestar castañas.

 + 

 

Rematados os xogos degustamos as castañas asadas, meténdoas nos nosos cestos.

 

Pasámolo xenial

(2019-2020) Seguimos a traballar cos nosos robots na aula: Agora cos Ozobots.

Nas aulas de infantil continuamos a traballar cos nosos robots, como xa che contamos nas seguintes entradas precedentes.

18/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Comezamos a traballar cos nosos robots: mira todo o que pode facer o Beebot

Nas últimas semanas estivemos explorando todo o que podían facer uns pequenos robots que se chaman "Ozobots", que os maiores xa coñecíamos do curso pasado.

 

Os ozobots seguen liñas de cores e, cunha serie de códigos podes facer que "fagan moitas cousas diferentes".

 

Despois dunhas sesións de exploración, conseguimos que fosen quen de "recorrer" toda unha palabra desde o comezo ata o fin. 

 

 

E por equipos tamén demos conseguido que percorrese as palabras que cada equipo decidira escribir. 

 

Había que ter coidado cos trazos que se facían, para que os ozobots "pudiesen velos cos seus ollos".

 

 

E por suposto había que poñerse dacordo para que todos traballásemos e participásemos.

 

Nas vindeiras semanas continuaremos traballando con outros robots na aula. Permanecede atentos a este mesmo blogue.

 

 

(2019-2020) Chega o Samaín: así foi como o celebramos e participamos nos obradoiros

Tal como tiñamos anotado nos nosos calendarios online, estaba moi preto a data da celebración do Samaín, e aínda tiñamos moito que preparar para convertir o noso corredor nun lugar "terrorífico".

Queríamos construír unha cabaza xigante, pero ante tiñamos que medir canto papel precisaríamos.

  

Cun pouco de pintura laranxa, uns ollos vermellos, e uns sacos negros construímos unha cabaza xigante, na que podías entrar dentro, pola súa boca terrorífica.

 

Así de fantástica quedou, unha vez rematada.

 

Dentro da cabaza, no teito do corredor, penduramos unha chea de cabazas pequenas, que seguro que comera a xigante ;), feitas con globos e cinta negra.

 

 

Escribimos unha nota para pedir ás familias que nos axudaran a facer unha cabaza, para a exposición do colexio. 

 

 

Pouco a pouco fomos xuntando unha chea de cabazas terroríficas. 

 

Ata puxemos un cartel de "NON TOCAR" para a xente puidese miralas pero con moito coidado.

 

Creamos tamén a nosa propia cabaza terrorífica na clase, en realidade foron dúas. 

O primeiro foi deseñar como queríamos que fosen.

 

Traballando todos xuntos por quendas  demos creado uns calacús terroríficos.

 

 

E por fin chegou o día da celebración do Samaín... viñemos todos e todas disfrazados.

Ata o dinosario do corredor se converteu en vampiro ;)

 

Levamos as nosas cabazas ó lugar reservado na exposición, xunto coas que levaran os compañeiros e compañeiras dos outros cursos.

 

Así quedou a exposición de cabazas cando xuntamos as de todos os compañeiros e compañeiras do colexio.

 

 

Xunto ós restantes compañeiros e compañeiras do colexio, fomos pasando por diferentes obradoiros do Samaín.

Obradoiro de cociña terrorífica:

 

Obradoiro de manualidades: 

Onde fixemos unha pantasma arrepiante.

 

 

 

Tunel do terror e "contos de medo":

Aínda que o tunel non nos deu ningún medo, por certo ;)

 

 

Obradoiro do "fotomatón":

Onde cun chroma verde tomámonos fotografías con fondos terroríficos.

 

Podes ver de seguido tódalas fotografía que sacamos no fotomatón os de infantil.

FOTOGRAFÍAS DE INFANTIL (fai click nas imaxes para ver tódalas fotografías)

 

Tamén podes ver as fotografías de todo o centro na seguinte entrada:

30/10/19: (2019-2020) Xa dispoñibles as fotografías do Fotomatón dos obradoiros do Samaín. A ver se te atopas

 

Obradoiro de maquillaxe e votación das cabazas favoritas:

 

Mentras facían o reconto de votos, durante o recreo, trouxéronos a comida terrorífica, que fixeramos no primeiro obradoiro.

 

 

Xa á volta algúns recibimos un diploma de recordo...

 

 

E outras foron as cabazas máis votadas polos compañeiros e compañeiras. 

 

 

Velaquí as afortundas.

 

 

Antes de marchar, polo esforzo feito co noso traballo para facer unhas cabazas tan fantásticas, dérononos uns "ollos de chocolate"... estaba asquerosamente deliciosos. 

 

Moi pronto, no bloque de Dinamización do galego, nesta mesma web, poderedes atopar máis fotografías de todo o que fixeron os restantes cursos nos obradoiros do Samaín.

Pola nosa parte... pasámolo de medo. 

 

 

 

 

 

(2019-2020) Seguimos a descubrir os “sabores do mundo”: zumes e chulas de cabaza

Como xa vos comentamos nunha entrada anterior, estamos a descubrir diferentes "sabores do mundo", cociñando platos con diferentes ingredientes:

11/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos o noso primeiro plato do curso: arroz 3 delicias

Nas últimas semanas "descubrimos novos sabores" con zumes e cociñando "chulas de cabaza" coa chegada do Samaín.

 

ZUMES:

Con diferentes froitas e unha licuadora creamos os nosos propios zumes. 

 

Preparamos as diferentes froitas ata que as deixamos listas para meter na licuadora.

 

Cada quen foise encargando de mestruar as froitas para inventar novos "zumes". 

 

 

 

 

Estaban boísimos.

 

 

CHULAS DE CABAZA:

Coa chegada do Samaín cociñamos "chulas de cabaza", típicas de Galicia.

Despois de mesturar tódolos ingredientes seguindo a receita na batidora...

 

 

 

... xa estaba lista para meter no forno.

 

 

Despois de 30 minutos, que foi o que durou o recreo, xa estabamos listos para, con moldes monstruosos, crear as nosas chulas de cabaza, decoradas con boliñas de caramelo.

 

Estaban boísimas :)

 

Engadimos no noso "libro de sabores do mundo" estes dous novos platos que cociñamos, pero que de seguro non han de ser os últimos destes ano.

(2019-2020) Celebramos os aniversarios do mes de outubro facendo unha tarta

Como cada mes, nas aulas de Educación Infantil, celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumpren anos no mesmo.

Neste curso aínda non tivéramos ningún, pero como en outubro estaba de cumpreanos CARLOTA, chegou o momento de facer a primeira celebración do curso.

A homenaxeada escolleu a tarta que quería facer, para convidar ós seus compañeiros e compañeiras, do noso libro receitas.

 

 

Seguindo os pasos da mesma, foron elaborando a fantástica tarta coa que convidaría a todos os seus compañeiros e compañeiras.

 

 

Uns últimos retoques, coa axuda dos compañeiros e compañeiras da clase, e xa estaba lista para meter no frigorífico ata o día da celebración.

 

Cuns lacasitos para decorala, xa estaba lista para comezar a celebración.

 

Despois de escoitar como lle cantaba o "cumpreanos feliz" soprou as candea co número de anos que cumplía.

 

Repartíuna entre os compañeiros e compañeiros das dúas aulas. Encantoulle a todos... Estaba boísima!!!

 

Ademais os compañeiros e compañeiras da súa aula agasallárona cunha camiseta "personalizada".

Agora temos que agardar a que pase un mes para celebrar novamente unha festa de aniversario. 

 

Distribuir contido