P.T. e A.L.
Menú do recanto
Entradas no blog do recanto
22/10/13: AULA PT....QUE MONSTRUOSIDADEEEEEEE!!!!
02/10/13: AULA PT: UN RECURSO MATEMÁTICO
16/09/13: AULA PT: A IMPORTANCIA DE COHESIONAR O GRUPO AULA
23/06/13: PROTOCOLOS DETECCIÓN DISLEXIA INFANTIL E PRIMARIA
18/06/13: PROGRAMA DE DESARROLLO DE HABILIDADES BÁSICAS
13/06/13: CONCIENCIA FONOLÓXICA.
12/06/13: O CAZO DE LORENZO: Reflexións sobre a diversidade
12/06/13: Un pouquiño máis sobre a dislexia e prevención de dificultades lectoescritoras
12/06/13: Un recurso para a detección temperá de posibles dificultades nas aulas
11/06/13: As intelixencias múltiples e a diversidade nas aulas.
12/05/13: Aprendizaxe cooperativa na aula de 4º curso: A DIANA- TALLER DE OFERTA E DEMANDA ( 7/5/2013)
09/05/13: METAMODELOS: Unha ferramenta matemática ( 9/5/2013)
09/05/13: MI MUNDO EN PALABRAS ( 9/5/2013)
22/04/13: Un material para traballar moedas e billetes
21/04/13: Para saber un pouquiño máis sobre dislexia
25/04/13: AULA PT E AULA DE SEXTO: Compartindo experiencias
10/01/13: Un " contocómic" para traballar a competencia linguística
02/12/12: Que é o traballo cooperativo?
02/12/12: Guía do TDAH
01/12/12: PROBLEMAS MENOS PROBLEMÁTICOS
16/07/19: Menú do recanto
AULA PT....QUE MONSTRUOSIDADEEEEEEE!!!!
Como anda perto o Samaín, na aula PT, aproveitamos para traballar co alumnado que acode a apoio a partir desta temática e de paso, como vos aporto máis abaixo, compartir materiais con todos vós, por si vos interesa trasladar á aula algún POEMIÑA para "escorrentar o medo".
Máis abaixo deixo varios arquivos que se poden descargar con poemas de Carmen Gil para traballar o medo, os monstros e os valores dun xeito moi ameno.
Pois así temos a porta da aula de PT....invadida por estas monstruosidades!!!!
E estivemos traballando.....aspectos como a descripción.
Cómo son estes monstros?
Pois son....así!!!
E os fillos destes monstros....como serán?
Adiante coa creatividade...!!!!
E cos mais pequenos, que están iniciando o proceso lecto-escritor, traballamos vocabulario e esquema corporal con estas monadas de monstruitossssss...........gggggg!!!!
Bueno, e como o prometido e deuda aquí vos deixo uns arquivos onde atoparedes poemas de medo moi chulis para traballar co Vampiro Draculín ( que rompeu o calcetín)....o fantasma Cucufate ( que manchou a sábana de chocolate...) e a tropa de zombies.....
AULA PT: UN RECURSO MATEMÁTICO
Ahí vai un recurso para traballar matemáticas.....bárbaro¡¡¡
Antonio Martín e Agapema son sempre un sopro de auga fresca, vale a pena...¡¡¡¡
¡.....premede na seguinte ligazón....
http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/2013/10/a-voltas-coas-matematicas.html
AULA PT: A IMPORTANCIA DE COHESIONAR O GRUPO AULA
Achegámosvos unha actividade que, pode ser moi productiva nos inicios do curso escolar, denominada " A maleta". Ó obxectivo de esta actividade é a de coñecernos entre nós, mostrar os nosos gustos, aficións, e de paso, avaliar aspectos como as relacións de similitude, cohesión grupal, creación de vínculos....e compartir cos demais.
Nos seguintes arquivos, atoparedes a información e recursos para poñelo en práctica nos distintos ciclos se así o desexades.
Aconséllovola pois é moi eficaz e amena.
PROTOCOLOS DETECCIÓN DISLEXIA INFANTIL E PRIMARIA
Prodilex é unha ferramenta sinxela que pode axudar ós docentes nas súas avaliacións a aproximarse á detección de problemáticas específicas á hora de abordar a lectoescritura.
A maiores recolle estratexias moi eficaces de cara á prevención e tamén actuación ante estas situacións concretas.
PROGRAMA DE DESARROLLO DE HABILIDADES BÁSICAS
CONCIENCIA FONOLÓXICA.
Un recurso que pode resultar interesante para traballar a conciencia fonolóxica co alumnado. Ten tarjetas con imaxes, actividades deseñadas, e pode ser útil para o profesorado de EI e de 1º Ciclo de EP, especialistas en PT e AL.
O CAZO DE LORENZO: Reflexións sobre a diversidade
Na aula de PT, e dando continuidade ó recurso maiormente empregado este curso co alumnado, as Tics, seleccionamos un videoconto moi interesante que me gustaría achegar porque supón, unha reflexión, dende o meu punto de vista á visión sobre a diversidade.
O videoconto que igual moitos de vós coñecedes titúlase
" O cazo de Lorenzo" e está baseado no conto de Isabelle Carrier, autora entre outros tamén do conto" Por cuatro esquinitas de nada" adorables, ámbolos dous.
Podedes acceder ó videoconto dende aqui:
http://www.youtube.com/watch?v=JnIaqH0ms10
Neste caso, e tras o visionado do conto, decidimos reescribilo na aula de PT, creando un cómic, que nos quedou chulísimo, e, do que vos poñemos os pasos ou procesos de elaboración.
Viñeta a viñeta, fomos creando a nosa propia versión do "Cazo de Lorenzo", facendo o "story board", deseñando, dibuxando, facendo os "bocadillos"....un cómic en toda a súa dimensión en fin...
Pero, o máis interesante de todo isto son algunhas viñetas e "bocadillos" que seleccionei, como os seguintes:
Posteriormente visionamos o videoconto con outros compañeiros e compañeiras de aulas da escola, para sacar conclusións respecto a que era ese "cazo" que arrastra o neno da nosa historia e que lle dificulta tanto a vida.
Os nenos e nenas, chegaron a varias conclusións, cadaquen as súas, como así debe ser, e incluso fixemos algunha actividade na que, se plantexaba que sustituisen ese "cazo" por algunha outra cousa, problema, situación que lles afectase.
A conclusión final foi que, Lorenzo sí que "arrastra" un cacharro tras súa, que se traduce en dificultades de cara a desenvolver actividades da súa vida cotiá, pero que, si se atopa ás persoa/s que lle axuden, isto cambia, millora e incluso se " disimula" o cazo, meténdoo nun bolso moi práctico.
Esa é a finalidade de esta actividade, que cheguemos todos xuntos/as á conclusión de que....todos/as en algún momento podémos atoparnos con algunha dificultade e que o prioritario é que haxa persoas que nos axuden a palialo, a atopar os nosos puntos fortes, valorar as posibilidades que temos, e sobre todo estar apoiados.
A diversidade somos cada un/unha de nós, non se lle debe ter "medo" e....pensándoo ben....todos e todas arrastramos " un cazo"...ou quizás " unha ola exprés"???
Vivamos a diversidade porque con ela, medraremos por dentro e por fóra....e isto vai para profesorado, alumnado e familias....Felices vacacións¡¡¡¡
Un pouquiño máis sobre a dislexia e prevención de dificultades lectoescritoras
Un recurso para a detección temperá de posibles dificultades nas aulas
Adxúntase unha pequena guía que pode ser de utilidade para avaliar ó alumnado e facer unha aproximación temperá e preventiva de posibles dificultades, é dicir, recolle unha serie de indicadores que nos poden axudar a detectar e previr posibles necesidades do noso alumnado ou previo a facer unha avaliación mais pormenorizada.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »