Outros traballos, celebracións e saídas
Menú do recanto
30/05/23: Excursión de 3º, 4º, 5º e 6º
24/04/23: (2022-2023) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2023
03/04/23: (2022-2023) Plantacións ecolóxicas
30/03/23: Estreamos rocódromo no colexio!!!!
23/12/22: (2022-2023) Festival de Nadal 2023 [vídeo completo]
13/12/22: (2022-2023) Campo a través 2022
29/11/22: (2022-2023) Celebramos o magosto
07/06/22: (2021-2022) Así foi a nosa visita a Santiago de Compostela, para visitar a catedral e xogar en Diviert-Park
27/05/22: 2021-2022 VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO
09/04/22: (2021-2022) Ruta de sendeirismo polo día Mundial da Actividade Física
06/04/22: (2021-2022) Benestar emocional: IOGA para todos/as
06/04/22: (2021-2022) Eu, móvome. E ti?
11/03/22: (2021-2022) Visita do Real Club de Piragüismo de Pollença
30/10/22: (2021-2022) Novas tecnoloxías para alumnado e familias
07/03/22: (2021-2022) Obradoiro "Fai clic ao teu bocata"
13/03/22: (2021-2022) Plantacións no invernadoiro 2022
31/01/22: (2021-2022) Celebramos o Día da Paz e a non violencia 2022. Queres ver o que fixemos?
14/01/22: (2021-2022) Plantamos árbores froiteiras
21/12/21: (2021-2022) Festival de Nadal 2021 - ONLINE
19/11/21: (2020-2021) Taller "Ti si que es un bo peixe"
19/11/21: (2021-2022) Magosto 2021 en San Antonio
22/12/20: (2020-2021) Xa podes ver o Festival de Nadal 2020 - ONLINE.
05/03/20: (2019-2020) Visita á Lonxa e Praza de Abastos de Portonovo
26/02/22: (2019-2020) [VÍDEO] Festival de Nadal 2019 e Entroido 2029
13/03/22: (2018-2019) Así nos foi na gran competición robótica deste curso
30/04/19: (2018-2019) Visita á exposición de Paneis sobre a Igualdade de xénero no Concello
11/11/18: (2018-2019) Teatro "De los cuentos a las cuentas" e visita a Lourizán
31/10/18: (2018-2019) Celebramos o Magosto!!!
26/02/18: (2017/2018 ) ROSALIA
21/02/20: (2017-2018) UN ENTROIDO DE CINE
20/02/18: (2017-2018) Creamos un lazo dourado xigante para a asociación "Bicos de papel"
16/03/17: ABRACADABRA...CHEGOU A MAXIA!!!!
02/01/17: 2016-2017 FESTIVAL DE NADAL
07/09/17: AS CABAZAS MÁIS CABAZAS DE TODAS AS CABAZAS!!!!!!!!!
13/03/22: (2015/2016) Vídeo de saludo al colegio Pedro Antonio Cerviño (Buenos Aires - Argentina)
13/03/22: (2014-2015) Investigamos para deseñar, crear e pintar un mural na aula de usos múltiples
04/12/14: (2014-2015) Saída a Pontevedra: teatro e exposición fotográfica
06/11/14: (2014-2015) A importancia da reciclaxe
13/03/22: (2013-2014) Así foi a xornada de portas abertas "Descubrindo a prehistoria"
13/03/22: (2013-2014) Preparámo-las exposicións da xornada de portas abertas "descubrindo a prehistoria"
13/03/22: (2013-2014) Organizando a xornada monográfica sobre a prehistoria no centro
19/12/13: BO NADAL
15/06/13: (2012-2013) Visitamos o museo Marco de Vigo, Indiana Bill e o castelo de Soutomaior
01/07/13: (2012-2013) Saímos de excursión a A Coruña
19/03/12: Día Internacional das Mulleres 2.012
22/02/12: Visita ó observatorio de Forcarei: saímos no xornal
04/02/12: Canción para o día da paz
27/06/11: (2010-2011) Despedimos ós de sexto e a algúns mestres/as
16/07/19: Menú do recanto
Excursión de 3º, 4º, 5º e 6º
O pasado martes 23 de maio o alumnado de 3º a 6º de primaria foi de excursión á cidade da Coruña.
Logo dunha longa viaxe en autobús, chegamos á nosa primeira parada: a Casa das Ciencias. Comezamos cunha proxección no planetario, na que aprendemos moito sobre a evolución e extinción dos dinosauros, e logo ensináronnos a identificar algunhas estrelas e constelacións do ceo actual. Posteriormente baixamos a gozar das propostas científicas.
Tras merendar, collemos o autobús que nos levou á Domus. Alí aprendemos sobre o corpo humano a través de diferentes xogos e experiencias interactivas.
Tras facer unha pausa para comer e coller forzas, visitamos o acuario, onde unha guía nos foi contando moitas cousas sobre o mundo mariño.
E así rematamos unha xornada agradable e diferente que compartimos con compañeir@s e profes esta vez fóra das aulas.
Un pracer, ata a próxima!
(2022-2023) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2023
Despois de elaborar o noso traballo, tal como xa vos contamos nunha entrada anterior e que podedes ver de seguido; chegou o día de participar nas actividades organizadas polo "Salón do Libro Infantil e xuvenil de Pontevedra".
(2022-2023) Creamos o noso "xogo-libro" para o Salón do Libro 2023. Queres velo?
Para poder participar, quedaba por diante unha viaxe en autobús ata Pontevedra.
Fomos seguindo o mapa que fixeramos na clase, para chegar ata o salón do libro.
Finalmente demos chegado ao Pazo da Cultura de Pontevedra, onde nos estaba agardando unha estatua do lobo ORBIL, que sinalaba a entrada ao Salón do Libro.
Alí reencontrámonos co lobo ORBIL... estabamos desexando darlle unha aperta enorme.
Queliña contounos unha chea de contos fantásticos, sobre animais e uns ovos misteriosos.
Antes de marchar despédimonos do mono Sabio.
Unha vez rematada a sesión de conta-contos, Uxía acompañounos na visita, para ver todo o que había nas diferentes salas do Salón adicado ao "xogo" e aos "libros".
Cando rematamos a visita pola exposición, chegamos ao lugar onde estaba expostos os traballos, feitos polos compañeiros e compañeiras de tódolos colexios participantes.
E alí estaba, xunto aos dos demais colexios, o noso libro-xogo. Seguro que lles encantou a todos e todas.
Percorrimos tamén un divertido labirinto, menos mal que demos atopado a saída todos xuntos e xuntas.
Antes de voltar ao colexio adicamos un momento para tomar a merenda. Tiñamos tamén planeado xogar nun parque, pero por mor do mal tempo non quedou máis remedio que voltar ao Centro unha vez rematada a visita ao Salón.
Lembra que podes ver moitas máis fotos da nosa visita, no seguinte álbum da galería fotográfica:
Álbum (Galería fotográfica): (2022-2023) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2023
Lembrade que podedes ir a visitar a exposición, ver o noso traballo e participar nas actividaes do "Salón do libro 2023", no "Pazo da Cultura de Pontevedra" desde o 21 de abril ao 7 de maio de 2023.
Tes toda a información sobre datas e horarios na web oficial: www.salondolibro.gal.
(2022-2023) Plantacións ecolóxicas
Ao igual que anos anteriores, seguimos a apostar polas plantacións ecolóxicas no noso invernadoiro, como un medio para fomentar a alimentación saudable, o coidado e o respecto pola flora e para fomentar o coñecemento do mundo vexetal.
Aproveitando que estamos nunha boa época para plantar, puxémonos en contacto cun comercio local para a adquisición de diferentes hortalizas. Os criterios para a súa selección foron a dispoñibilidade, a velocidade de crecemento das especies e o necesidade de coidados especiais.
Xa cos bancais previamente abonados e regados, puxémonos mans á obra!
Comezaron plantando os nenos/as de infantil, que nesta ocasión decantáronse polas cenorias en semilla, co obxectivo de ver as diferentes fases de cremento. Primeiro sementaron e logo regaron.
Despois foi o turno de 3º, 4º, 5º e 6º, que nesta ocasión decidiron plantar leitugas, tomates, acelgas, pemento morrón e fresas.
E por último, os nenos/as de 1º e 2º escolleron as leitugas, berenxenas, tomates Cherry e algunhas fresas.
Agora só queda regar ben a nosa plantación para poder recolectar alá polos meses de maio e xuño. Que ben pinta!!!
Estreamos rocódromo no colexio!!!!
Estamos de estrea!!!
Por fin podemos comunicarvos que o rocódromo escolar que tanto tempo levamos esperando está listo!
Despois de varios meses de traballo e planificación, xa temos o rocódromo preparado para o desfrute dos nosos/as alumnos/as. Unha aposta do centro pola innovación e o fomento de habilidades e hábitos saudables durante a xornada lectiva.
Aínda que cando se use hai que andar con coidado de non mancarnos, é un recurso moi interesante para traballar habilidades e capacidades pouco habituais, ademais de fomentar a concentración e a confianza nun mesmo.
Seguro que o desfrutaremos moito e lle sacaremos moito partido. Ah, e non te esquezas de ler as normas antes de usalo!
(2022-2023) Campo a través 2022
O pasado venres 2 de decembro, asistimos ao Cross escolar organizado pola Asociación Deportiva Terra de Montes. Nela participaron centos de nenos/as de diferentes centros da contorna (Campo Lameiro, Cerdedo, Soutelo, Tenorio, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos, etc.); e como non, os alumnos/as do CEIP Pedro Antonio Cerviño non podías faltar a esta cita tan esperada. Correron os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º nas categorías mixtas de benxamín, alevín e infantil respectivamente. Despois de moito pospoñelo por mor da climatoloxía, quedounos unha bonita xornada na que disfrutamos da práctica deportiva e tamén da competión.
Antes de comezar tivemos que recoñecer o noso percorrido.
Tras un breve quencemento, o primeiro turno foi para os máis pequenos: os benxamíns.
Logo foi o turno para 4º e 5º
Finalmente, correron os nenos/as de 6º nunha carreira moi disputada
Había un pouco de cola, pero tamén houbo tempo para repoñer forzas!
Para o ano repetimos!
(2022-2023) Celebramos o magosto
Despois de varios intentos por celebrar o magosto na área recreativa de San Antonio, o pasado 22 de novembro celebramos no centro dita conmemoración.
Sobre as 9:00 horas da mañá, o maestro castañeiro púxose mans á obra para que todos/as puidésemos degustar ese fabuloso manxar como é a castaña asada. Mentres os nenos/as do centro desfrutaban dunha sesión de cine temática, dispuxémonos a preparar o circuíto de xogos populares e tradicionais que tiñamos programado para esta data.
Unha vez instalados, por cursos participaron nun circuíto de xogos populares e tradicionais moi variado. Algúns dos xogos foron "o pano", "os aros", "os zancos", "a corda" e, como non, o tan esperado "come-castañas".
Despois de dalo todo en cada xogo e participar ao máximo, había que recuperar os folgos, e que mellor maneira que con unhas castañas recén asadas aportadas polos propios nenos/as. Que ricas estaban!
Co bandullo ben cheo de castañas, desfrutamos dun ratiño de xogo libre no pavillón.
Para o ano vémonos en San Antonio!!!
Lembra que podes ver tódalas imaxes desta celebración no centro, no seguinte álbum da galería fotográfica:
ÁLBUM NA GALERÍA FOTOGRÁFICA: (2023-2023) Celebración do Magosto
(2021-2022) Así foi a nosa visita a Santiago de Compostela, para visitar a catedral e xogar en Diviert-Park
O 7 xuño, os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, 1º e 2º participamos nunha saída, de mañá e tarde, a Santiago de Compostela.
O día sinalado xa estabamos preparados, tan só nos quedaba unha viaxe en autobús ata Santiago de Compostela.
Cando chegamos, despois de pasear por unha parte da cidade de Santiago...
... demos chegado ata a Catedral, que era enorme.
Continuamos visitando as diferentes prazas que había "ó redor" da catedral. O profe Xose Luis, foi contándonos cousas moi curiosas de todas elas.
Despois da visita, chegou o momento de tomar as nosas merendas.
E despois doutro anaquiño no autobús, chegamos á "cidade da cultura", que tiña uns edificios moi extraños pero moi chulos. Alí tivemos tempo para comer a nosa comida, e xogar cos compañeiros e compañeiras.
Pero o mellor estaba aínda por chegar, pola tarde visitamos "Diviert-Park", onde puidemos facer todo isto.
Montamos en karts, cantamos no karaoke e ata fixemos un percorrido polas alturas.
Ata os profes se atreveron a montar nos karts. Polo alto no quixeron ir porque non son tan valentes coma nós ;)
Antes de marchar de volta a Campo Lameiro, como fin de festa, bailamos e cantamos todos e todas xuntos.
Pasámolo tan ben, que non queríamos voltar ;)
Podes ver moitas máis fotografías no seguinte álbum da galería fotográfica. Podes atoparte nelas?
Álbum: (2021-2022) Excursión a Santiago de Compostela -
