Manuais para docentes
Minicursos e minimanuais na nosa AULA VIRTUAL
Na categoría profesorado da nosa aula virtual atoparás algúns "minicursos" e "minimanuais", sobre diferentes servicios e utiliadades (P.D.I., páxina web, aula virtual, galería de imaxes...)
ACCEDE ÓS MINICURSOS NA AULA VIRTUAL (acceso permitido a convidados)
ACCEDE O RESUMO DAS SESIÓNS DE TRABALLO LEVADAS A CABO OS MARTES POLA TARDE (só para usuarios rexistrados)
FORO DE DÚBIDAS E SUXERENCIAS (das sesións de traballo dos martes pola tarde) (só para usuarios rexistrados)
¿Como solicitar os usuarios e contrasinais para os alumnos/as?
Os alumnos/as poden participar en certas partes da web e sobre todo na aula virtual (moodle), pero para poder facelo precisarán ter un nome de usuario e un contrasinal.
Ó fin de facer máis doado o funcionamento, os nomes de usuario e contrasinal deberán ser solicitados por cada mestre/a ou titor/a ó responsable das T.I.C. do centro.
En cada caso o nome de usuario de cada alumno estará formado polo nome e o primeiro apelido do alumno/a, sendo o contrasinal un conxunto de números e letras aleatorio que poderá ser trocado por calquera outro polo propio alumno/a.
Para alumnos dos primeiros niveis, e cando se considere que non é viable a opcción de ter un usuario e contrasinal por neno, cada titor poderá solicitar un usuario e contrasinal común para todo o curso, de xeito que todos poidan empregar o mesmo baixo a supervisión do mestre/a en cada caso.
