Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Matrícula: Vas a vir ó noso cole? - Descóbreo

Prazos e documentación:

    

 

MATRICULA AO TEU FILLO OU FILLA NUN COLEXIO MODERNO, PÚBLICO E DE CALIDADE... TRAE AO TEU CATIVO AO PEDRO ANTONIO CERVIÑO DE CAMPO LAMEIRO

Permanece aberto o prazo de matrícula no CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro, un centro educativo público dotado de todolos adiantos en materia de ensino e que combina as novas tecnoloxías coa aprendizaxe de novos idiomas para que a formación dos nosos cativos sexa realmente competente e útil para o seu futuro.

Nas oficinas do Colexio calquera pai ou nai interesado en matricular ao seu fillo ou filla recibirá puntual información e axudaranno a formaliza-la inscrición antes do 23 de marzo.

Este centro educativo conta con zonas verdes, lugares de esparcimento para os máis cativos, zonas deportivas, proximidade ao pavillón, zona de xogos e amplio aparcamento para poder estacionar á hora de entrada e saída das clases.

Os profesionais da educación manteñen un ratio de alumno por profesor que lles permite atender nas mellores condicións as demandas educativas e poñer en práctica modelos pedagóxicos axeitados a cada neno ou nena.


Entre os proxectos pedagóxicos e educativos que teñen en marcha están un invernadoiro e desde a biblioteca están impulsando o programa ECO, BIO ,SAN. Tamén teñen laboratorio informático, pantallas táctiles e de nova xeración, ordenadores, ROBÓTICA e seccións bilingües que estimulan a aprendizaxe de idiomas tan útiles e importantes como é o inglés.

Non o dubides, si tes algunha pregunta diríxete ao Colexio Pedro Antonio Cerviño e alí daranche cumprida información.

Xuntos apostamos por unha educación pública de calidade e garantimos o futuro dos noso fillos e fillas. Campo Lameiro, coa educación pública de calidade!!

Descobre todo que facemos nas diferentes entradas publicadas nos blogues dos recantos desta mesma web. Tamén podes, nos diferentes apartados da web, coñecer as instalacións, proxecto educativo, programacións e outros aspectos interesantes sobre o noso centro.

Para calquera dúbida podes contactar co centro en:

 ceip.cervinho@edu.xunta.es 
886 151 206 (secretaría) 

AdxuntoTamaño
cartel_colexio_v2.pdf540.3 KB

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.