Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

PRAZOS E PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA. PARA O CURSO 2024-2025

Distínguense 3 prazos:

  • RESERVA DE PRAZA: Alumnado que cambia de etapa (Educación Infantil a Educación Primaria, Educación Primaria a Educación Secundaria Obrigatoria,...) e desexa continuar estudos no centro de adscrición. Alumnado de 6º que continúa os seus estudos no IES A Xunqueira 1. Prazo do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro. As solicitudes presentaranse no centro de orixe mediante un formulario que podedes atopar na secretaría do centro, descargar da web do centro ou accedendo á web da consellería de educación (Anexo I). Tamén podedes facer a reserva de praza a través da aplicación informática “admisión alumnado” co certificado dixital ou a Chave365. Toda a información aquí. www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
  • ADMISIÓN: A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar empregando o formulario normalizado. Prazo: DO 1 AO 20 DE MARZO.

*Os documentos en ficheiros adxuntos

  • MATRÍCULA: O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no centro educativo correspondente, nos seguintes prazos:Educación infantil e primaria ->do 20 ao 30 de xuño.

* Os documentos en ficheiros adxuntos

PRAZOS:

  1. Reserva de praza no centro de orixe: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.
  2. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
  3. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.
  4. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
  5. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
  6. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

NORMATIVA REGULADORA:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
AdxuntoTamaño
ANEXO I. Reserva de praza.pdf1.23 MB
Instrucións admisión.pdf94.65 KB
ANEXO II. Solicitude de admisión.pdf1.39 MB
Anexo III-Documento de matrícula.pdf427.8 KB
Anexos matrícula-Autorización recollida alumnos.pdf89.32 KB
Anexos matrícula-Autorización transporte escolar.pdf90.89 KB
Anexos matrícula-autorizacion_unificada_fotos_videos_web_e_servizos_v1.pdf68.92 KB
Anexos matrícula-Cuestionario familias.pdf127.9 KB
Anexos matrícula-Información adicional.pdf67.97 KB
solicitude de ESCOLARIZACIÓN EXTRAORDINARIA.pdf1.31 MB

Acceso rápido

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.