Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

quinto

Menú do recanto

CAMBIAR IMAXE DE GRUPO


Entradas no blog do recanto quinto
02/05/18: O Salón do Libro 2018: "Mulleres de conto"
27/04/17: 2016-2017 VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA
08/03/17: A GARDA CIVIL NO COLEXIO
24/07/18: VISITA DA GARDA CIVIL
29/06/16: Con "C" de coraxe: Dian Fossey e Jane Godall
29/04/16: (2015-2016) Emocións na Carballeira
27/04/16: (2015-2016) Traballamos co XEOPLANO
29/03/16: (2015-2016) O caracol Martiño vai ao Salón do Libro
29/03/16: (2015-2016) A NOTICIA, " A voz da escola" chega a 5º.
25/05/17: (2015-2016) "El ojo de Horus"
27/03/16: (2015-2016) Elaboramos caligramas con bonitas mensaxes...
31/01/16: (2015-2016) Retroalimentándonos na biblioteca
27/04/16: (2014-2015) Pintamos o salón de usos múltiples
27/04/16: (2014-2015) Unha achega á pintura galega
24/01/15: (2014-2015) PROXECTOS CIENCIAS 5º CURSO
20/01/15: (2014-2015) ciencias da natureza e ciencias sociais
27/04/16: (2014-15) Creamos un conto terrorífico: " O gran medo de Sticky"
18/05/14: VÍDEOCUENTO : " EL SUEÑO DE BLANCA VALLA "
05/05/14: Comunicado de quinto
05/06/13: (2012-2013) Representación teatral
04/06/13: (2012-2013) Sembra de XIRASOLES
01/06/13: (2012-2013) Traballo sobre Roberto Vidal Bolaño
19/05/13: (2012-2013) Teatro nas Letras Galegas
11/05/13: (2012-2013) Día da nai
21/04/13: (2012-2013) Despedida da mestra de prácticas.
26/04/13: (2012-2013) 23 de abril: Día do Libro e Semana da Prensa
22/04/13: (2012-2013) Fin do proxecto sobre os inventos
20/03/13: (2012-2013) LIM sobre os inventos
16/03/13: (2012-2013) Creando anuncios publicitarios
09/03/13: (2012-2013) Visita ao Salón do Libro
26/02/13: (2012-2013) Traballo para o Salón do Libro: Os inventores de Campo Lameiro City
26/03/13: (2012-2013) Celebramos o entroido
16/03/13: (2012-2013)"A toda máquina"
26/02/13: (2012-2013) Celebramos o día da Paz
10/02/13: (2012-2013) AS MÁQUINAS E OS MECANISMOS
30/12/12: (2012-2013) Polo Nadal
17/11/12: (2012-2013) Regueifas polo Magosto
17/11/12: (2012-2013) Traballo do Magosto
10/11/12: (2012-2013) Celebración do Samaín.
17/10/12: (2012-2013) Regueifas do Magosto
03/10/12: (2012-2013) BENVIDOS AO TERCEIRO CICLO!
07/01/13: Teatro " Enamorirse" 2º e 3º ciclo de E.P
19/03/12: Mapas interactivos
07/01/13: (2011-2012) Intercambios lectores
01/08/11: (2010-2011) Fin de 5º curso
18/06/11: (2010-2011) Xornal "A VOZ DE QUINTO"
24/05/11: (2010-2011) Celebración do día das Letras Galegas
15/05/11: (2010-2011)Visitamos os petroglifos xunto cos alumnos da Xunqueira 1
19/06/11: (2010-2011) Xapón
15/04/11: (2010-2011) Visitamos o Museo de Pontevedra
28/04/11: (2010-2011) Visitamos as prazas de Pontevedra coa Xunqueira 1
29/03/11: (2010-2011) Entroido: obedecendo ao MECO
12/04/11: (2010-2011) Celebración do Entroido
11/03/11: (2010-2011) Abrapalabra!
21/02/11: (2010-2011) Celebración de San Valentín
21/02/11: (2010-2011)Visitamos o Salón do Libro
21/02/11: (2010-2011) Celebración do día da Paz
01/02/11: (2010-2011) Traballo para o Salón do Libro: O NOVO ... DO EMPERADOR
21/02/11: (2010-2011) Participación no Salón do Libro
21/02/11: (2010-2011) Celebración do Nadal
19/02/11: (2010-2011) Celebración do Magosto
04/12/10: (2010-2011) Celebración do Samaín
05/02/11: (2010-2011) Novo curso escolar
18/05/10: (2009-2010) Elaboramos o Maio
27/04/10: Campaña Riscos Laborais "Moitollo"
22/03/10: Excursión a Santiago
29/01/20: Menú do recanto
23/02/13: Xogos do recanto de quinto

O Salón do Libro 2018: "Mulleres de conto"

"Rodando mulleres de conto", esta foi a nosa a aportación para o Salón do Libro deste ano.

Entre todo o alumnado da escola fixemos esta cámara de cine tan vistosa, e xa cada clase en particular elaborou un libro en forma de filme que, simbolicamente, sería proxectado na nosa cámara.

Como cada libro iría dedicado a unha "muller de conto", o noso centrouse en Lasksmi Bai, raíña e guerreira.

Había unha vez unha moza chamada Laskshmi que vivía en Jhansi, na India e a quen lle encantaba loitar...

Laskshmi Bai

E CHEGOU O DÍA DA VISITA AO SALÓN DO LIBRO...

O primeiro que fixemos foi un obradoiro literario que ía sobre unha píntega... Que era iso?.. Tras contrastar diversas opinións, ideas e ocurrencias,  acabamos por ilustrala e, deste xeito, quedounos moi claro a todas e todos. 

E unha vez rematado o noso obradoiro, comezamos a visita polo salón...

México foi o convidado especial!

Pero ademais... había moitas curiosidades!

E como non! Tamén quixemos ver os traballos dos outro coles...

Que, por certo, moi lucidos!!!

          E tamén moi interesantes!!!

         E alí estaba o noso!!!

     Ata o ano que vén!!!

2016-2017 VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

 

A nosa visita ao Museo ...

Aquí estamos, os rapaces e rapazas de 5º e 6º desexosos de ver o que nos tiñan preparado!!!!

Empezamos coa Prehistoria...E nós deste tema demostramos que sabemos un montón...

 

Cantas cousiñas facían coas pedras!!!!! Ata había un petroglifo.....

Logo pasamos á Idade do Metal

Pero tamén vimos restos de cerámica..

E tamén nos levaron a ver a sala de Castelao...

E, como o Museo é  tan bonito, non puiedemos resistirnos a sacar unha fotiño!!!!!!

 

E despois de tanta Historia, un paseíño pola Alameda para repoñer forzas...

 

A GARDA CIVIL NO COLEXIO

Dentro da programación do Plan Director, solicitamos unhas charlas para os alumnos/as de 5º e 6º organizadas pola Garda Civil, para que nos informaran ben sobre as consecuencias do consumo de drogas, sobre o acoso escolar, a seguridade en internet ou  a violencia de xénero.

Aínda que a primeira vista nos impresionou ver a dous axentes na biblioteca, despois dun anaco xa nos fomos desprendendo dese sentimento, e nos entusiasmamos coas preguntas e as dúbidas que tiñamos...

 

 

 

BO TRABALLO!!!!

 

 

VISITA DA GARDA CIVIL

Dentro da programación do Plan Director están unhas charlas que organiza a Garda Civil para concienciarnos sobre o consumos das drogas, o acoso escolar, a seguridade en internet ou a violencia de xénero.

O día 3 tivemos os alumnos/as de 5º e 6º  a primeira desas charlas...

Estivemos moi atentos ás súas explicacións, e tamén nos resolveron un montón de dúbidas que tiñamos...

 

Con "C" de coraxe: Dian Fossey e Jane Godall

Xa para pechar o curso, imos levar a cabo a nosa última tarefa do ano,  estudaremos a dúas mulleres de bandeira: Dian Fossey e Jane Godall.

Comezamos, comentando, preguntando, especulando... un pouquiño sobre elas, e seguidamente, empezamos a busca de información.

Imos anotando os datos máis interesantes...

Unha vez recollida á información, imos pasándoa a limpo.


   Así van quedando...

Xa rematada a primeira parte da nosa tarefa, busca de información, selección da mesma, redacción dos nosos textos, ilustracións... É o momento de visualizar un vídeo moi ilustrativo sobre a labor destas dúas mulleres!

E agora chega o momento de expoñer o noso traballo ante o "gran público", é o noso produto final!

Para elo, convidamos ao alumnado da escola, dende 1º ata 6º, á nosa aula para, alí, expoñer oralmente o traballo desenvolvido.

Acomodádevos todos!!!

O primeiro é ir explicando todo o que fixemos para, seguidamente, presentar a  interesante vida destas dúas mulleres. Todos os nenos da clase imos facendo a nosa pequena exposición oral...

Para rematar, vemos uns vídeos moi emotivos sobre a vida dos gorilas, con momentos moi divertidos!

Está moi interesante...

Tamén nos amosan un vídeo onde vemos a liberación do chimpancé Wounda, por Jane Godall. Este "tocounos a fibra" especialmente...

E aquí remata o noso traballo!

Bo verán a todas e todos!!!!

María Sabarís

(2015-2016) Emocións na Carballeira

Para conmemorar o Día do Libro, 23 de abril, dende a biblioteca escolar proponse facer unha II edición de "Lecturas na Carballeira" , isto é, saímos ao entorno cercano da escola, máis concretamente á praza do concello (Carballeira) e alí facemos pequenas lecturas e actuacións para todo aquel público que se anime a acercarse para escoitarnos.

Os de 5º, decidimos facer lecturas e pequenas dramatizacións de distintas emocións.

Agrupámonos por parellas para escoller unha emoción e traballar nela.

Nunha cartolina grande  plasmamos o significado desta emoción: redactando a súa definición e acompañándoa dunha ilustración ben significativa...

Imos elaborando os nosos traballos...

E... así de emotivos van quedando.

E cando chega o día... Un de nós ocúpase de ler a definición da emoción mentres que outro dramatiza o que vai escoitando.

Imos aló!!!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/galeria/albums/userpics/10022/SAM_6214.JPG

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/galeria/albums/userpics/10022/SAM_6215.JPG

 María Sabarís

(2015-2016) Traballamos co XEOPLANO

Estes días tocounos  traballar a xeometría e, imos facelo de forma lúdica e divertida utilizando o XEOPLANO.

Traballamos os conceptos xeométricos de xeito manipulativo, acadando unha meirande comprensión dos términos abstractos.

O uso deste sinxelo aparello tennos a todos superconcentrados!!!

Representamos distintos tipos de polígonos: triángulos, cuadriláteros, pentágonos, hexágonos... polígonos cóncavos, convexos...

Unha  vantaxe do xeoplano é que non se precisa dunha grande destreza manual para debuxar correctamente, así é moito máis doado!!!

Tamén plasmamos a liña recta:

As paralelas, perpendiculares, ángulos...

Representamos o complementario e o suplementario dun ángulo...

Traballamos tamén a simetría de distintas figuras!

E representamos incluso o eixo de simetría...

Non estivo nada mal!!

 

María Sabarís

(2015-2016) O caracol Martiño vai ao Salón do Libro

Salón do Libro 2016: Os bichos

Este ano, dende a escola, decidimos participar no Salón do Libro elaborando unha bonita árbore chea de bichos!!!

Cada curso escolleu  o bicho que mellor lle parecía e nós, os de 5º, quedámonos co caracol, si, co caracol Martiño!!!

Escollemos un agarimoso poema de Alicia Esain: "El caracol Martín" (mestra e bibliotecaria arxentina) e traducímolo ao galego, facendo unha pequena adaptación.

E ... así de "rechulo" quedou o noso libriño:

 

E aquí loce don Martiño rodeado de bichiños nesta bonita árbore!!!

   

María Sabarís

(2015-2016) A NOTICIA, " A voz da escola" chega a 5º.

Chega a hora de tratar "A noticia" na área de lingua castelá e, como non podía ser doutro xeito, aproveitamos  este feito para desenvolver unha tarefa e convertirnos en xornalistas por uns intres.

O primeiro paso é coñecer a estrutura fundamental dunha nova: o titular, a entradilla, o corpo da noticia, as ilustracións... Para elo, é importante verlle as tripas a un xornal auténtico...

O segundo paso vai ser que cada un dos grupos pense na noticia que quere dar a coñecer e ir facendo un borrador co deseño da noticia.

Para plasmar as ilustracións decidimos que habería dúas opcións: buscar na rede unha imaxe relacionada coa nosa nova, imprimila, recortala e pegala...

Ou ben debuxar nós mesmos o que queremos representar...

Finalmente, o noso traballo como reporteiros quedou ben plasmado!!

O grupo de "Os fieras" descubrimos nada menos que a tumba de Julio César!!!

"Os Super Stars" colámonos nun cohete!! Toda unha aventura!!!

E...."Os cachondos" demos cun matemático prodixioso, un tal "Simpson"...

Ah, por certo! Non faltou a secuencia dunha nova desgranada polo miúdo, "fotograma a fotograma"!!

Xa so nos queda colocar as nosas noticias na corcheira da aula. Aí van!!!

                                                              

                                                               María Sabarís

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.