Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Retroalimentándonos na biblioteca

A retroalimentación é un proceso a través do cal o alumno comproba o
aprendido, así coma o nivel no que se atopa, ao mesmo tempo que afianza
os seus coñecementos.

Así pois, este proceso axuda ao alumno a reafirmar os coñecementos
aprendidos ao tempo que  comprende os novos, unha vez demostrado o
dominio do acadado anteriormente. Define o grao no que está, o que lle
servirá de base no próximo nivel para ser utilizado como coñecemento
previo.

Reforza e leva ao alumno a unha realidade na cal chega a ser consciente da súa capacidade e tamén do nivel acadado.

Co obxecto de poñer en práctica este proceso, as titoras de 3º e 5º
cursos, cos nosos respectivos alumnos, preparamos un encontro na
biblioteca. Ademais, os alumnos 5º viñan de ter a mesma mestra que agora
teñen os de 3º, un "factor común" a ter en conta.

Deste xeito, xuntámonos nun acolledor recuncho e comezamos a nosa experiencia.

Preparámonos para ler:

Trátase de que os alumnos vaian lendo alternativamente, 5º e 3º cursos, un fragmento dun texto. 

Empezamos por un dos maiores:

Agora tócalle a un dos pequenos:

E así sucesivamente...

   

 

 

Todos escoitamos con atención...

Os alumnos recoñecen e explican os déficits en lectura que recoñecen nos
máis pequenos (fluidez, entonación, vocalización, comprensión...). Eles
mesmos pasaron por esa etapa de dificultades, polo tanto son
conscientes de todo o proceso que os levou ao nivel actual. Síntense
satisfeitos e orgullosos de si mesmos... e... queren opinar!!!

A profe tamén lles fai preguntas!

Agora son capaces de recoñecer as distintas dificultades que se dan na
lectura dos alumnos de menor nivel, facendo unha comparativa entre a
calidade lectora destes pequenos e a que eles, ou algún dos seus
compañeiros, presentaban, pois é unha fase pola que eles mesmos xa
pasaron.

Foi unha dinámica moi enriquecedora para ambos grupos, os de terceiro
comprendendo, co modelo lector dos maiores, que tamén eles con esforzo
chegarían a ler así de ben e, os de quinto, sentíndose orgullosos dos
seus progresos ao tempo que gozaron dun intre no que actuaron como
"mestres lectores" dos máis pequenos, dándolles consellos para atallar
as dificultades que tiña cada quen, baseándose na súa experiencia
previa.

María Sabarís / Susana Batallán