Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Investigamos sobre as Formigas: "xa temos o noso formigueiro"

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas seguintes ligazóns:

05/12/15: (2015-2016) Comezamos a investigar sobre as formigas para ter un formigueiro na aula 

 

Pouco a pouco comezamos a xuntar información sobre as formigas, despois das notas que escribimos e levamos para casa. A medida que as fomos traendo, cada quen foi contándolle ós demais o que sabía que ponía, e fomos lendo algunha da información.

 

Xuntamos algún libro, fotocopias e moita información que nos chegou ó correo electrónico da nosa aula. Como sempre fomos organizando toda a información no noso recanto da investigación.

 

 

CHEGOU O NOSO FORMIGUEIRO: 

Se lebrades o que vos contabamos na anterior entrada sobre o proxecto de investigación, estabamos agardando para recibir a nosa granxa de formigas.

Un día pola mañá, por fin recibimos un paquete que tiña escrito un aviso que poñía "CONTÉN ANIMAL VIVO", seguro que era o noso formigueiro coas formigas.

 

Despois de ler as etiquetas, para comprobar que estaba o noso enderezo, e asegurarnos que o paquete fose para nos, abrímo-lo paquete con moito interese... Como virían as formigas dentro daquela caixa?

 

Descubrimos que as formigas viñan dentro dun tubiño, con auga e unhas sementes, que miramos con detalle empregando a lupa da nosa aula.

 

Dentro da caixa tamén viñan unhas "instruccións" e motísima información sobre como coidar as formigas. Seguimos as instruccións para montar o formigueiro e limos como "había que coidalas" e "que había que darlle de comer". Para ter estes datos sempre a man esta información ó noso recanto da investigación. 

 

Nesa mesma información descubrimos que as nosas formigas se chamaban "messor barbarus" ou "formiga granívora", xa que se alimentan de grans e sementes.

 

Seguindo as recomendacións sacamos as formigas do seu "bote" e metímolas na súa nova casa... e pouco a pouco comezaron a facer os seus primeiros túneles, para poder "esconder á formiga raíña" (que acordamos que sería a máis grande de todas elas)

 

En próximas entradas, á vez que vos imos contando todo o que vaiamos descubrindo sobre as formigas, tamén vos iremos amosando como evoluciona o noso formigueiro... que podemos observar sempre que quieramos na nosa aula.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.