Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Continuamos a preparar a nosa exposición sobre Henry Moore: facendo masa de sal.

Podes ver os pasos previos deste proxecto de investigación e traballo nas seguintes entradas:

21/05/16: (2015-2016) Comezamos a investigar sobre Henry Moore para crear a nosa propia exposición 

28/05/16: (2015-2016) Continuamos a investigar sobre Henry Moore respostando a máis preguntas  

04/06/16: (2015-2016) Seguimos descubrindo a Henry Moore. Xa sabemos como facer unha exposición. 

11/06/16: (2015-2016) Descubrindo a Henry Moore: comezamos a preparar a nosa exposición 

18/06/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) A nosa exposición sobre Henry Moore xa está rematada: Queres vir a vela? (con vídeos)

 

Xa se aproximaba a data do 20 de xuño, cando xunto ós compañeiros e compañeiras de Infantil 1, abriríamos as portas da nosa exposición sobre Henry Moore ás nosas familias.

 

Aínda nos quedaba por facer todo isto que vos contamos de seguido:

 

CREAR ESCULTURAS CON MASA DE SAL: 

Na nosa exposición faríamos unhas representacións das esculturas de Henry Moore con "masa de sal", que teríamos que elaborar nos mesmos. A partir dun vídeo (que podedes atopar no recanto de infantil), fomos anotando nos equipos que ingredientes e cantidades precisaríamos para facela.

 

Xa cos datos claros, e escritos para non confundirnos, comezamos a mesturar as cantidades exactas de fariña, sal e auga.

 

Para logo remexala ata crear unha masa que puidesemos modelar, ó principio estaba moi "pegañenta".

 

Pero despois de "amasala" un anaco conseguimos ter unha bola de "masa de sal" fantástica.

 

O seguinte paso era que cada equipo se puxese dacordo para elexir unha das obras de Henry Moore, que xa coñecíamos da investigación, e deseñase o boceto de como a ía representar coa masa de sal.

 

Chegando a acordo, e cordinando as nosas accións, cada un dos equipos demos feito unha representación da obra de Henry Moore que elexíramos.

 

Un ultimo vistazo para comprobar que se parecese á orixinal.

 

E puxémolas a secar ó aire.... pero como non daban secado a tempo, tivemos que metelas no microondas do colexio para "fornealas" e que endureceran.

 

 

PINTAR AS ESCULTURAS DE MASA BRANCA:

Pintamos tamén as esculturas que xa fixeramos con masa branca (que podes ver noutra entrada anterior).

 

Así de orixinais nos quedaron, listas para poñelas na exposición.

 

 

REMATAR O NOSO DOSIER DA INVESTIGACIÓN:

Rematamos tamén o noso dosier individual da investigación, coas últimas preguntas e respostas que nos faltaban.

 

 

CREAR OS PANEIS INFORMATIVOS PARA A EXPOSICIÓN:

 

Creamos tamén os paneis informativos, tal como tiñamos anotado na lista de "que fai falla para facer unha exposición", que descubríramos no seu momento. Fixemos un panel, cos datos das obras que creáramos en equipo.

 

Para completar algúns dos datos, como o ano de elaboración, tivemos que consultar a liña do tempo no mural da investigación. 

 

Os nosos paneis informativos estaban xa listos tamén para formar parte da exposición.

 

 

COMEZAR A ORGANIZAR A EXPOSICIÓN NO CORREDOR:

Con todo o material que precisabamos listo, chegou o momento de comezar a montar a exposición. Fixemos este traballo de organización xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula, por iso o poderás ver completo na entrada correspondente que atoparás o final deste texto.

Trasladamos para o corredor a nosa escultura xigante "entrando no cosmos", coa axuda do plano que fixeramos para a exposición (que podes ver na citada entrada) sabíamos perfectamente onde colocar cada elemento.

 

Creamos o cartel anunciador co nome da exposición "HENRY MOORE", para que todos e todas o localizasen sen problemas.

 

E fomos levando para o corredor, por equipos, no lugar que estaba asignado no plano, as diferentes esculturas que fixeramos.

 

Pegando xunto a elas os paneis informativos que creáramos.

 

Podes ver todo o proceso de montaxe da exposición no corredor xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil, así como aquelas partes que fixemos de forma conxunta na seguinte entrada:

 

18/06/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) A nosa exposición sobre Henry Moore xa está rematada: Queres vir a vela? (con vídeos)