Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Comezamos a investigar sobre as formigas para ter un formigueiro na aula

Comezamos o noso primeiro proxecto de traballo e investigación, para o que fixemos unha choiva de ideas para "acordar" sobre que queríamos investigar e por que.

Os temas que xurdiron foron:

  • WINX
  • UNICORNIOS
  • CABALOS
  • FORMIGAS
  • XOANIÑAS

Tra-la exposición de que queríamos descubrir de cada tema, xurdiu a idea de que poderíamos ter na aula "un formigueiro" como o que había no patio, e finalmente tras unha votación o tema das FORMIGAS foi o elexido entre todos e todas.

 

Preparamos o noso recanto de investigación, que agora xa estaba preparado para comezar a recibir información.

 

Construímos tamén o noso recanto de información "online", para ir colgando ahí os vídeos sobre as formigas que vaiamos atopando. Podes acceder desde o apartado "vídeos" do recanto de infantil, ou directamente facendo click aquí.

 

No noso mural da investigación anotamos cal é o noso "obxectivo final"... OBSERVAR A VIDA DAS FORMGAS CUN FORMIGUEIRO NA AULA.

 

Fomos anotando que XA SABÍAMOS DAS FORMIGAS, e foi todo isto:

 

Tamén anotamos todo o que QUERÍAMOS SABER e descubrir ó coa nosa investigación.

 

Finalmente anotamos as diferentes fontes de información, das que poderemos obter información. Moitas delas xa as coñecíamos de telas empregado en proxectos anteriores.

 

Como entre as fontes de información estaban os noso "pais", acordamos que o mellor sería escribir unha nota para casa, na que contar que precisabamos "informacióndas formigas" para poder ter un formigueiro na aula e saber como "coidalo".

 

COMO PODEMOS CONSEGUIR TER FORMIGAS NA AULA?: MERCAMOS UNHA GRAXA DE FORMIGAS

Unhas da nosas preguntas era saber "como poderíamos comprar un formigueiro"...Estivemos debatindo e acordamos que o mellor sitio sería preguntar nunha tenda de animais, pero non poderíamos ir ata Pontevedra. Como solución un compañeiro plantexou porque non "comprala por internet", e así o fixemos.

Buscamos unha granxa, e comparamos os diferentes tipos qeu había, ata que limos o contido dun anuncio que foi o que nos pareceu máis interesante: descubrimos o prezo, que as formigas eran GRATIS e que chegarían nun paquete o día 7 de decembro.

 

Pegamos unha copia do anuncio no noso mural da investigación. A mesma copia que incluimos no noso dossier persoal, sinalando cal era o prezo do mesmo.

 

Así quedou a resposta á primeira das preguntas plantexadas.

 

Engadíndolle tamén que chegaría entre o día 7 e o 11 de decembro.

 

Anotamos estas datas tan importantes no noso calendario da aula, tanto en papel como na versión online. 

 

Agora tan só nos queda agardar a que chegue a granxa de formigas e comecemos a recibir a primeira información, para iniciar a nosa investigación.

Como sempre xa o iremos contando en próximas entradas.