Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) A nosa exposición sobre Henry Moore xa está rematada: Queres vir a vela?

Despois de moito traballo de investigación sobre Henry Moore e a súa obra (que podes ver nas correspondentes entradas de INFANTIL 1 e INFANTIL 2), e tras elaborar tódolos materiais necesarios para a crear a nosa exposición, chegou o momento de poñernos mans á obra e organizala  "entre todos e todas".

Este traballo fixémolo de forma conxunta e coordinada as dúas aulas de infantil.

 

PENDURANDO OS ANUNCIOS POLO CENTRO:

Como xa vos contamos nas respectivas entradas, cada aula creou un cartel publicitario anunciando a exposición.

Os compañeiros/as de infantil 1 decidiron penduralo na entrada no centro, no corredor inferior.

 

Pola súa banda, os compañeiros de infantil 2 optaron por poñelo no andar superior, para que o puidesen ven os compañeiros e compañeiras desas aulas.

 

 

ORGANIZADO O ESPAZO DA EXPOSICIÓN NUN PLANO:

Unha vez tomada de forma conxunta, e tras o correspondente debate, o lugar e data en que faríamos a exposición (seguindo o s pasos que descubríramos sobre como se fai unha exposición), chegou o momento de "organizar o espazo do corredor". Onde íamos poñer cada cousa?

 

Fomos plasmando as nosas ideas nun "plano da exposición", no que sinalamos en que lugar irían as esculturas xigantes, onde irían as mesas coas estatuas, os paneis...

 

Ese plano está tamén dipoñible na exposición para que os visitantes non se perdan entre tanta obra. ;)

 

 

ESCRIBIMOS UNHA CARTA PENDIDO AUTORIZACIÓN:

Outro dos elementos importantes que descubríramos sobre Henry Moore, era que pedía permiso para poder poñer as esculturas na rúa e facer as súas exposicións. No noso caso decidimos pedir permiso, escribindo unha carta, á directora do colexio.

 

E así quedou a nosa carta redactada, como vedes empregando un formato "máis formal". ;)

 

Entregámoslle a carta á directora, quen nos comentou que remitiría unha resposta oficial por escrito... tan só nos quedaba agardar.

 

Días despois recibimos a resposta da directora por medio dunha carta.

 

Onde se nos daba "autorización oficial" para facer a nosa exposición no corredor o día 20 de xuño.

 

Decidimos poñer esta autorización oficial nun lugar visible da nosa exposición, para que todos estivesen informados.

 

 

 

 

INVITANDO ÁS NOSAS FAMILIAS: ESCRIBIMOS UNHA INVITACIÓN:

Escribimos e envíamos unha invitación ás nosas familias, indicando tanto o día no que tería lugar como os dous turnos en que podería vir. 

 

Na portada e contraportada da invitación, incluímos os mesmos carteis que estaban colgados polo colexio.

 

 

MONTANDO A EXPOSICIÓN EN TIME-LAPSE:

Ó longo dunha mañá fomos colocando tódolos elementos que formaban parte da nosa exposición.  Empregando a técnica do stop-motion, que xa usamos na rodaxe da película "O veleno máxico", que podes ver en entradas anteriores, creamos este video onde, nuns segundos, podes ver como montamos toda a exposición.

Velaquí o "time-lapse" da montaxe da nosa exposición:


 

RODANDO O NOSO DOCUMENTAL:

Rodamos tamén diferentes escenas para a elaboración do noso "documental" sobre Henry Moore, que presentaremos ós visitantes ó día exposicion, e que moi pronto tamén poderedes ver aquí nunha futura entrada.

 

 

ASÍ QUEDOU A EXPOSICIÓN MONTADA:

Uns últimos retoques e a exposición quedou lista para recibir os primeiros visitantes.

 

Así de expectacular nos quedou, cos diferentes elementos situados no lugar que indicaba no plano.

 

As estatuas xigantes abren a exposición:

 

As obras creadas en equipo, de creación libre ou representando as de Henry Moore, xunto cos murais da investación, ocupan un lateral da exposición onde, por suposto tamén están os paneis informativos de cada unha delas.

 

No outro lateral atoparás as esculturas de creación libre individual con diferentes materiais, o mapa do mundo coas obras e Henry Moore, o plano da exposición  e as nosas composicións coas súas obras.

 

Velaquí as obras individuais con diferentes materiais con máis detalle (fai click sobre elas para amplialas).

 

 

 

QUERES VIR A VELA: UN ANUNCIO PUBLICITARIO.

Xa está lista a nosa exposición, tan só queda que as nosas familias veñan a visitala, por se vos esquece aquí tedes o anuncio publicitario que crearon os compañeiros e compañeiras de Infantil 1.

 

Agora tan só queda agardar a que chegue o día 20 para abrir as portas da nosa exposición, e poder contarlle ós visitantes todo o que descubrimos e fixemos.

E por suposto presentar o noso fantástico documental sobre "Henry  Moore", que tamén poderedes ver nesta mesma web nuns días...

 

Contarémosvos como nos foi na apertura da exposición nunha próxima entrada... permanecede atentos ó recanto de infantil.