Gallego

A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores.

Summary: 

O 12 de febreiro do 2015 ás 18.30 no Salón de actos da UNED da Coruña nova sesión da actividade "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Contaremos coa presenza como autor invitado de MAX.
Gallego

Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DA CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego. Estas xornadas pretenden propiciar un diálogo literario e cultural con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Ademais de comentar textos, aproveitase a proximidade dos escritores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade dentro dun ambiente distendido e participativo. 

     Francesc Capdevila(Barcelona, 1956), máis coñecido como Max, é unha das máis importantes figuras do cómic español cunha extensa carreira na que abordou practicamente todos os campos da actividade gráfica: ilustración, deseño e historieta. Max é un dos poucos historietistas españois que xurdiron a mediados dos 70 que aínda continua en activo. Max creou personaxes tan populares e coñecidos como Gustavo, Peter Pank ou Bardín. En 1979 fundouse "El Víbora" e Max formou parte do equipo artístico fundador. Utilizou un personaxe que creara anteriormente, Gustavo (comprometido, ecoloxista e antisistema) e, en 1983, a Peter Pank (parodiando tanto á obra de animación de Walt Disney coma ás tribos urbanas). A partir deste momento publica "El beso secreto", (1987), Licantropunk, (1988), "Mujeres fatales", (1990), "El jugador de los  Dioses" (1992), "Como perros!", (1995), "Alicia en la Ciudad Virtual", (1996), "Bardín," "El superrealista" (1999), "El piano rojo" (2008), "Vapor" (2012), "Paseo Astral" (2013), "Conversación de sombras en la villa de los papiros" (2013) etc. Na ilustración e o deseño o traballo de Max é amplísimo, abrangue carteis, libros, revistas e discos. Entre os seus traballos máis importantes destacan dúas portadas para a revista The New Yorker (1995), o deseño dun reloxo Swatch (1997), a creación da mascota do centenario do Fútbol Club Barcelona(1998) ou El Pequeño Larousse 2007 (ilustra a portada e todas as cabeceiras alfabéticas). Actualmente publica unha ilustración no suplemento cultural Babelia de El País na columna "Sillón de orejas" cuxo motivo son sempre os libros. A súa obra foi recoñecida tanto fora como dentro de España, gañando múltiples galardóns como o Premio Nacional de Ilustración Infantil e Xuvenil polo seu traballo no libro "L'ultima moda" (1997), o Gran Premio do "Saló en el 2000" en recoñecemento á súa carreira, o primeiro Premio Nacional de Cómic por Bardín, "el superrealista" (2007) ou o triplete de premios que conseguiu no Saló del Còmic de Barcelona en 2007 ao gañar "Bardín, el superrealista" os galardóns á mellor obra, mellor debuxo e mellor guión.
 

Emitiremos a sesión por videoconferencia dende o seguinte enderezo:

http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=73311&ID_Sala=124140


A próxima sesión será o día 25 de febreiro (autor invitado, Julio Llamazares).

XI encontros con escritores

L1401020 A diversidade nas aulas. Estratexias para unha escola inclusiva

Summary: 

Actividade dirixida a todo o profesorado coa finalidade de sensibilizar e contribuir a desenvolver unha actitude positiva cara a inclusión do alumnado nas aulas e centros ordinarios e aprender estratexias de intervención para a aplicación na aula inclusiva atendendo ás súas características.
Gallego

 Referencia: L1401020
Centro de formación e recursos: Lugo
Temporalización:  11/02/2015  -  23/03/2015
Nesta actividade contémplanse 3 horas de traballo individual.
Horas totais: 24
Horas presenciais: 21
Horas non presenciais: 3
Obxectivos

  1. Sensibilizar e contribuír a desenvolver unha actitude positiva cara a inclusión do alumnado nas aulas e centros ordinarios.
  2. Coñecer as características do alumnado con necesidades educativas específicas.
  3. Aprender estratexias de intervención para a aplicación na aula inclusiva.

Contidos

  1. Intervención na aula inclusiva: recursos específicos para o alumnado con dificultades aprendizaxe, conduta, discapacidade e outros necesidades.
  2. Deseño e aplicación de respostas educativas educativas dentro da escola inclusiva.
  3. Estratexias de intervención para a inclusión do alumnado.
A diversidade nas aulas. Estratexias para unha escola inclusiva
A diversidade nas aulas. Estratexias para unha escola inclusiva

File: 

XI Encontros con escritores

Summary: 

O 21 de xaneiro do 2015 ás 18.30 no Salón de actos da Uned de Coruña. Autores invitados os escritores MARTA SANZ e ISAAC ROSA.
Gallego

O vindeiro xoves, 21 de xaneiro,  ás 18.30 no Salón de actos da UNED da Coruña terá lugar unha nova sesión da actividade "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Este día contaremos coa presenza como autores invitados dos escritores Marta Sanz e Isaac Rosa.

Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DA CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego. Estas xornadas pretenden propiciar un diálogo literario e cultural con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Ademáis de comentar textos, aproveitase a proximidade dos escritores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade dentro dun ambiente distendido e participativo. 

Emitiremos a sesión por videoconferencia dende o seguinte enderezo:

http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=73311&ID_Sala=119977

Marta Sanz (Madrid,1967) Doctora en Literatura Contemporánea pola Universidade Complutense de Madrid e profesora na Universidade Antonio de Nebrija e en "Función Lenguaje". Publicou as novelas El frío (Debate, 1995), Lenguas muertas (Debate, 1997), Los mejores tiempos (Premio Ojo Crítico 2001) Animales domésticos (Destino,2003), Susana y los viejos (finalista del Nadal en 2006), La lección de anatomía (Anagrama, 2008), Black, black, black (Anagrama, 2010), Un buen detective no se casa jamás (Anagrama, 2012)  e Daniela Astor y la caja negra (Anagrama, 2013, XXXV Premio Tigre Juan). Participou en distintas antoloxías de relatos como Páginas amarillas, Daños colaterales,etc. En 2007, publicou Metalingüísticos y sentimentales, antoloxía de poesía española contemporánea, e recibiu o premio Vargas Llosa NH de relatos. Colabora habitualmente en El Cultural, El Viajero de El País e a revista Mercurio. É autora dos poemarios Perra mentirosa/Hardcore (Bartleby, 2010) yVintage (Bartleby,  V Premio de la Crítica de Madrid de Poesía 2013).
 
Isaac Rosa (Sevilla, 1974) colaborador habitual en varios medios de prensa escrita, dixitales y de radio. Publicou as novelas La malamemoria (1999), posteriormente reelaborada en ¡Otra maldita novela sobre la guerra civil! (2007), El vano ayer (2004, Premio Rómulo Gallegos, Premio Ojo Crítico e que será levada ao cinema co título de La vida en rojo), El país del miedo (2008, Premio Fundación J.M. Lara á mellor novela do ano), La mano invisible (2011) y La Habitación oscura (2013). É autor así mesmo da obra de teatro Adiós muchachos (1998), da narración El ruido del mundo (1998), do ensayo  Kosovo. La coartada humanitaria (2001) e de varios relatos que apareceron en libros colectivos.

XI encontros con escritores

Desexámosvos moi felices festas

Summary: 

Desde as Estruturas de Formación Permanente do Profesorado
Gallego
navidad

XI Encontros con escritores

Summary: 

Xoves 11 de decembro ás 18:30 h. no salón de actos da UNED: Xabier Puente Docampo e Marcos Calveiro.
Gallego

O vindeiro xoves, 11 de decembro,  ás 18.30 no Salón de actos da UNED da Coruña terá lugar unha nova sesión da actividade "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Este día contaremos coa presenza como autores invitados dos escritores XABIER PUENTE DOCAMPO e MARCOS CALVEIRO.

Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DA CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego. Estas xornadas pretenden propiciar un diálogo literario e cultural con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Ademais de comentar textos, aproveitase a proximidade dos escritores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade dentro dun ambiente distendido e participativo. 

Emitiremos a sesión por videoconferencia dende o seguinte enderezo:

http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=73311&ID_Sala=119977


Xabier P. Docampo (Rábade, 1946). Mestre, actor de teatro, autor e director de guións para cine e radio. Promotor da lingua e a cultura galega, ademais de animador á lectura, sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica, pertenceu ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Escribiu libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico. Trátase dun dos grandes renovadores da literatura infantil-xuvenil galega. Autor dunha extensa obra narrativa, ten traducidos boa parte dos seus títulos nas linguas peninsulares. As súas obras para público xuvenil e adolescente abrangue títulos tan coñecidos como : O misterio das badaladas (1986 – Xerais 2011); O país adormentado (Xerais 1993-2012); Cando petan na porta pola noite (Xerais 1994), Premio Rañolas ó mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); O pazo baleiro (1997, Xerais 2002);  A casa da luz (Xerais 2002); O libro das viaxes imaxinarias(Xerais 2008) Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil - Xuvenil), 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008 e A illa de todas as illas, (Xerais 2013).
 
Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968), deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís Sari soñador de mares (2006) e Rinocerontes e quimeras (2007). En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por O carteiro de Bagdad, novela editada en galego e castelán, que logo recibiría o Premio White Ravens en 2008. Despois, mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil 2008 por O canto dos peixes (2008), o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2010 pola novela O pintor do sombreiro de malvas (Xerais 2010) e o Premio Merlín de Literatura Infantil 2012 por Palabras de auga (Xerais 2012). En 2011 publicou Lois Pereiro. Náufrago do paraíso (Xerais 2011) e Centauros do norte (2011) polo que obtivo o Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil 2010. Tamén é autor da tetraloxía El samurai del rey (2010-2011). Ten publicadas tamén novelas para a público adulto como son Festina lente (2008) Premio da Crítica 2008 (narrativa), Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa adultos, Autor do ano 2008 e Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2009 e Setteccento (2010). Como poeta publicou Cartas do terceiro día (2007), VIIº Premio de Poesía Concello de Carral.

XI encontros con escritores

V1402015 Xornadas de Coordinación de Actividades de Formación en Centros 2014/15

Summary: 

Do 11 de decembro de 2014, ata o 29 de abril de 2015, terán lugar as Xornadas de Coordinación de Actividades de Formación en Centros 2014/15, no CFR de Vigo.
Gallego

Do 11 de decembro de 2014, ata o 29 de abril de 2015, terán lugar as Xornadas de Coordinación de Actividades de Formación en Centros 2014/15, no CFR de Vigo.

Título: Coordinación de actividades de formación en centros 2014 - 2015
Referencia: V1402015
Temporalización:   11/12/2014  -  29/04/2015
Lugar: CFR de Vigo
Horas presenciais: 10
Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=423


Coordinadores

Coordinadores
Coordinadores

Actividades en centro aprobadas. Curso 2014/2015

Summary: 

Seminarios e grupos de traballo aprobadas para o curso 2014/2015.
Gallego
Actividades en centro

A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores

Summary: 

O vindeiro mércores, 12 de novembro, ás 18.30 no Salón de actos da Uned de Coruña terá lugar unha nova sesión da actividade "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Este día contaremos coa presenza como autor invitado do escritor Carlos Reigosa.
Gallego

O vindeiro mércores,  12 de novembro, ás 18.30 no Salón de actos da Uned de Coruña terá lugar unha nova sesión da actividade "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Este día contaremos coa presenza como autor invitado do escritor Carlos Reigosa.

Organiza estes encontros o Centro de Formación e Recursos da Coruña baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego. Estas xornadas pretenden propiciar un diálogo literario e cultural con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Ademais de comentar textos, aproveitase a proximidade dos escritores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade dentro dun ambiente distendido e participativo. 

 

Emitiremos a sesión por videoconferencia dende o seguinte enderezo:

 
CARLOS G. REIGOSA (A Pastoriza, 1948). É licenciado en Ciencias da información e Ciencias políticas. Xornalista e membro do Consello Asesor da Fundación do Español Urxente (Fundeu). Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia. Redactor da axencia EFE desde 1974, foi o seu director de información (1990-1997) e director de publicacións (1997-2004).
É autor de multitude de artigos de crítica literaria e de política internacional, publicados en xornais e revistas tanto españois como americanos. Publicou as novelas Oxford, amén (1982); Crime en Compostela (1984, primeiro Premio Xerais de novela); O misterio do barco perdido (1988); A guerra do tabaco (1996); Narcos (Premio Benito Soto, 2001); Intramundi (2002)Pepa A Loba (Xerais 2006); A vida do outro ( Premio Gonzalo Torrente Ballester, 2008); A lei das ánimas (2010) e A vitoria do perdedor ( 2013). Publicou así mesmo algún libros de relatos como As pucharcas da lembranza (1985), Irmán Rei Artur (1986) Os outros disparos de Billy (1991) e Homes de Tras da Corda (2012).  É autor do libro de poemas Kid salvaxe (Xerais 2014)  e dunha importante obra de investigación e ensaio xornalístico que inclúe títulos tan destacados como Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Fuxidos de sona (1989); A agonía do león (1996); Doutor Livingstone, supoño (1998); O regreso dos maquis (2004); Laxeiro por si mesmo (2008) ou A Galicia máxica de García Márquez (2013). De moi recente aparición e a súa novela A vinganza do defunto (2014) na que se presenta un novo caso a resolver polo detective Nivardo Castro e o seu amigo o xornalista Carlos Conde.

 
encontros

Axudas para o deseño e aplicación de proxectos de mellora da aprendizaxe do alumnado

Summary: 

Consulta as bases.
Gallego

Para acceder a toda a información preme na seguinte ligazón que leva á páxina do INTEF.

ACCEDER

 

axudas_intef

A creación literaria e os seus autores. XI encontros con escritores

Summary: 

O 1 de outubro ás 18:30, no salón de actos da UNED Coruña.
Gallego

O día 1 de outubro ás 18:30, no salón de actos da UNED Coruña terá lugar a sesión inaugural dos XI encontros con escritores, que contará coa presenza da prestixiosa escritora nicaraguana Gioconda Belli.

Intervirá como interlocutor na mesa de debate Xabier Seoane, recoñecido autor galego.

Organiza os encontros o CFR da Coruña baixo a coordinación de Javier Pintor.

A sesión será emitida por videoconferencia.

Gioconda Belli