Seminarios aprobados 2015/2016
Enviado por pedrolado a Mér, 11/11/2015 - 11:05Summary:
Xuntase arquivo coa relación de seminarios aprobados polo CFR da Coruña para o curso 2015/2016
Summary:
Xuntase arquivo coa relación de seminarios aprobados polo CFR da Coruña para o curso 2015/2016
Summary:
O curso L1501025 Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo 2015-2016 é unha actividade que se vai desenvolver no CFR de Lugo en colaboración coas fundacións María José Jove e INGADA.
Con esta actividade preténdese formar ao profesorado para o traballo con este alumnado e está destinada a todos os corpos e todas as ensinanzas.
Abordaranse, entre outros, os seguintes contidos: aspectos clínicos do TDAH, aspectos didácticos e planificación na aula, análise e propostas relacionadas coas dificultades de lectura e escritura no TDAH, a prevención de accidentes comúns e o Protocolo de Consenso sobre TDAH na infancia e adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario.
Lugar de celebración: CFR de Lugo
Horas totais: 25
Horas presenciais: 16
Horas non presenciais: 9
Crearase un curso na aula virtual do CFR de Lugo onde se ampliará a información relacionada coa actividade e se subirán os materiais complementarios e de apoio aos distintos relatorios.
Ligazón a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-...
Ligazón ao curso na aula virtual do CFR de Lugo: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrlugo/aulavirtual/course/view.php?id=568
Summary:
Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado do curso 2015/2016. Premendo sobre a imaxe accedese a toda a información. Pódese consultar directamente os diferentes apartados nas seguintes ligazóns:
5. Actividades a desenvolver polo CAFI
6. Actividades a desenvolver polo CFR da Coruña
7. Actividades a desenvolver polo CFR de Ferrol
8. Actividades a desenvolver polo CFR de Lugo
9. Actividades a desenvolver polo CFR de Ourense
10. Actividades a desenvolver polo CFR de Pontevedra
11. Actividades a desenvolver polo CFR de Vigo
Summary:
O prazo de presentación de solicitudes será de polo menos 10 días naturais de antelación con respecto á data de comezo da actividade. Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de 10 días naturais de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG.
1. Poderá solicitar os ditos reintegros o persoal docente funcionario de carreira que imparta as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da consellería, e na Inspección educativa.
2. Así mesmo, poderán cursar solicitude as persoas en situación de interinidade que manteñan esta condición tanto no momento da presentación da solicitude como no momento da resolución. Para estes efectos entenderase como persoal interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso ou cursos académicos correspondentes.
Os solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada.
a) Orixinal ou fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro.
b) No caso de que a persoa solicitante non estea exercendo docencia directa nun centro docente público, certificación expedida polo/a xefe/a de servizo da súa unidade administrativa con indicación do posto de traballo que ocupa.
c) Orzamento dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.
d) Memoria explicativa dos motivos polos que se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na súa función docente.
Correo electrónico: reintegros.fprofe@edu.xunta.es
Tl.: 981 546 515/ 881 997 635
Servizo de Formación do Profesorado
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Summary:
Referencia: V1402012
Temporalización: 25, 26 e 27 de maio
Lugar: Salón de Actos CFR de Vigo.
Summary:
Os días 27 de maio e 9 -10 de xuño, terán lugar no CFR de Vigo as XORNADAS: V1402027-PRIMEIROS AUXILIOS EN EDUCACIÓN, cunha duración de 10 horas.
Summary:
Obxectivos
1.Capacitar ao profesorado para detectar, aprender e actuar co alumnado con TDAH.
2.Coñecer e desenvolver estratexias e propostas educativas adaptadas ao alumnado con TDAH.
3.Establecer pautas de coordinación entre centros educativos, familias e outras institucións.
Observacións
Esta actividade desenvolverase en colaboración coa Asociación Bule Bule de Lugo e a Unidad Focus da Coruña. Poderán asistir familiares e maiores de 13 anos ata completar aforo.
Contidos
1.A hiperactividade e o déficit de atención
2.Intervención co alumnado con TDAH na casa e na escola
3.Funcións executivas: neuropsicoloxía, neuropsicoloxía TDAh e procesos psicolóxicos básicos
4.Comunicación: comunicación asertiva, estratexias e técnicas de comunicación
5.Autoridade e vínculo: a autoridade como depósito, o vínculo como crédito
6.Leis da Pedagoxía: estratexias de modificación de conduta
Datas:
28 de marzo, 18 de abril e 9 de maio de 2015
Lugar de celebración e horario:
28 de marzo de 2015 : salón de actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, Avda. Ramón Ferreiro, 0. Lugo
Horario:de 10:00 h a 14:00 h:
18 de abril de 2015: salón de actos do Centro Social Municipal Uxío Novoneyra, rúa Quiroga Ballesteros, 1, A (soportais), Lugo
Horario: de 09:30 a 13:30 h
9 de maio de 2015: salón de actos do Centro Social Municipal de Fingoi, Aviación Española, 22-24, Lugo
Horario: de 09:30 a 13:30 h
Enlace a ficha xeral do curso: http://nubr.co/Qn967s
No seguinte arquivo podedes acceder ao programa máis detallado da actividade:
File:
Data de comenzo: 26 de febreiro de 2015
Data de finalización: 30 de abril de 2015
Lugar de celebración: Aula de portátiles do CFR de Ferrol
Número de horas totais: 15 h
Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61238
Enlace Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrferrol/aulavirtual/course/view.php?id=696
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
O vindeiro mércores, 25 de febreiro de 2015 ás 18.30 no Salón de actos da UNED da Coruña terá lugar unha nova sesión do ciclo "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Este día contaremos coa presenza como autor invitado do escritor JULIO LLAMAZARES.
Julio Llamazares naceu en Vegamián, unha viliña da montaña de León desaparecida baixo as augas dun encoro, en 1955. Poeta, ensaísta e narrador español, cultivou a literatura de viaxes, a crónica de prensa e o guión cinematográfico. Estudou Dereito antes de instalarse en Madrid, cidade á que se trasladou para dedicarse ao periodismo. Deuse a coñecer como poeta con La lentitude dos bois (1979), e tras publicar un curioso ensaio titulado El entierro de Genarín (1981), consolidou a súa posición de poeta con Memoria de la nieve (1982, Premio Jorge Guillén). Escribiu literatura de viaxes -El río del olvido (1990), Trás-os-Montes (Alfaguara, 1998), Cuaderno del Duero (1999) e Las rosas de piedra (Alfaguara, 2008), primeiro volume dun percorrido sen precedentes por España a través das súas catedrais. Como novelista publicou Luna de lobos (1985), La lluvia amarilla(1988), Escenas de cine mudo (1994), El cielo de Madrid (Alfaguara, 2005) e Las lágrimas de San Lorenzo (Alfaguara, 2013). Tamén cultivou o relato curto -En mitad de ningunha parte (1995) e Tanta pasión para nada (Alfaguara, 2011)- e o guión cinematográfico, Retrato de un bañista (1996), El techo del mundo (1998), escrito conxuntamente con F. Veiga para unha filmación sobre a memoria histórica. Os seus artigos xornalísticos foron recollidos nos libros En Babia (1991), Nadie escucha (Alfaguara, 1995) e Entre perro y lobo (Alfaguara, 2008). De moi recente aparición é a súa novela, Distintas formas de mirar el agua (Alfaguara, 2015). Obtivo en Italia os premios ITAS e Nonino e foi finalista do Premio Nacional de literatura en dúas ocasións.
A seguinte sesión celebrarase o día 5 de marzo e o autor invitado será Felipe Benítez Reyes.