Gallego

A creación literaria e os seus autores: X Encontros con creadores

Summary: 

O 8 de maio ás 18:15 no salón de actos da UNED da Coruña: Andrés Trapiello.
Gallego

Informámosvos que o próximo xoves, día 8 de maio ás 18:15 horas no Salón de Actos da Uned da Coruña, terá lugar unha nova sesión das Xornadas "A creación literaria e os seus autores: X Encontros con creadores". Esta sesión titulada: "Libros, diarios e outros imaxinarios"contará coa presenza do escritor e ensaísta ANDRÉS TRAPIELLO. Conversaremos co autor da súa obra, recorreremos a súa rica experiencia vital e afondaremos nas motivacións que o levaron a dedicar a súa vida á literatura.

Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS da CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xavier Seoane, recoñecido autor galego.

O  enlace para seguir esta sesión por videoconferencia é seguinte:

http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=73309&ID_Sala=102462 

Andrés Trapiello, poeta e escritor español, naceu en 1953 en Manzaneda de Torío, León. Despois de estudar Filosofía e Letras na Universidade de Valladolid, onde tamén traballou no diario Pobo, trasladouse en 1975 a Madrid, cidade na que vive dende entón. De 1977 a 1980, traballou como redactor en programas de arte e de literatura en TVE. Os seus catro primeiros libros de poemas agrupáronse nun volume "Las tradiciones" (1991 e 2002). A estes seguiron "Acaso una verdad" (Premio da Crítica, 1993), "Rama desnuda" (2001), "Un sueño en otro" (2004) e "Segunda escuridad" (2012).

En 1988 publicou a súa primeira novela, "La tinta simpática", e en 1990 viu a luz "El gato encerrado", primeiro tomo dos seus diarios (Salón de pasos perdidos) dos que ata a data publicou dezasete. En 1992 recibiu o Premio Internacional de novela Plaza & Janés pola súa segunda novela, "El buque fantasma". En 1993 "Las armas y las letras". "Literatura y guerra civil 1936-1939" recibiu o Premio don Juan de Borbón.

En 2003 a súa novela "Los amigos del crimen perfecto" obtivo o Premio Nadal, e en 2005 "Al morir don Quijote" el Premio Fundación Juan Manuel Lara á mellor novela dese ano editada en español. Tamén publicou o libro de relatos "La noche de los Cuatro Caminos" (2001) e as novelas "Los confines" (2009) e "Ayer no más" (2006), elixida mellor novela polos lectores do diario El País. Entre os seus ensaios podemos destacar títulos como: "Clásicos de traxe gris" (1990), "Las vidas de Miguel de Cervantes" (1993), "Los nietos del Cid" (1997) e "Imprenta moderna" (2006).

Colaborador de La Vanguardia, El País, El Cultural ou o Abc Cultural e diversas publicacións literarias. É autor en calidade de tipógrafo dun número apreciable de catálogos editoriais. En 2003 foille concedido polo conxunto da súa obra o Premio das Letras da Comunidade de Madrid, e en 2010 o das Letras da Comunidade de Castela e León.

Encontros con escritores

A creación literaria e os seus autores

Summary: 

O xoves 24 de abril ás 18:30 no salón de actos da UNED: Manuel Gutiérrez Aragón.
Gallego

Informámosvos que o xoves, día 24 de abril ás 18:15 h. no Salón de Actos da Uned da Coruña, celebraremos unha nova sesión das Xornadas "A creación literaria e os seus autores: X Encontros con creadores". Nesta sesión, titulada "Literatura e cine: matrimonio de conveniencia", contará coa presenza do director de cine, guionista e escritor Manuel Gutiérrez Aragón. Conversaremos co autor da súa obra, recorreremos a súa rica experiencia vital e literaria e afondaremos nas motivacións que o levaron a dedicar unha parte importante da súa vida ao cine e a literatura

Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DA CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego.

O enlace para seguir a sesión por videoconferencia é o seguinte:

http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=73309&ID_Sala=102461

Encontros con escritores
Encontros con escritores

A creación literaria e os seus autores

Summary: 

o xoves, día 27 de marzo ás 18:15 h. no Salón de Actos da Uned da Coruña, ANTÓN CASTRO e XULIO LÓPEZ VARCÁRCEL.
Gallego

Informámosvos que o xoves, día 27 de marzo ás 18:15 h. no Salón de Actos da Uned da Coruña, celebraremos unha nova sesión das Xornadas "A creación literaria e os seus autores: X Encontros con creadores" na que participarán como invitados os escritores ANTÓN CASTRO e XULIO LÓPEZ VARCÁRCEL. Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DA CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego.

Encontros

Novo MOOC de Educalab: Aprendizaxe baseada por proxectos

Gallego

O curso “Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP)” ofrece unha oportunidade de desenvolvemento profesional a través da participación nunha rede de aprendizaxe masiva e en liña e grazas ao deseño dun proxecto de aprendizaxe nun ambiente colaborativo.

Participar nesta experiencia permitiranos coñecer proxectos de referencia, analizalos, deseñar os nosos propios proxectos e entrar en contacto con outros docentes, profesionais ou persoas interesadas na educación con quen non só debateremos sobre esta metodoloxía senón que tamén serán o noso principal apoio e os nosos compañeiros e compañeiras para o desenvolvemento dos nosos proxectos.

Ao longo do curso poderanse conseguir 3 emblemas dixitais:

  • Ao finalizar a unidade 3: Docente activo

  • Ao finalizar a unidade 5: Docente avaliador

  • Ao finalizar a unidade 7: Docente ABP

Esta modalidade de formación faise de forma experimental sen certificación. Só se entregan os emblemas dixitais mencionados como forma de recoñecemento da aprendizaxe desenvolvida nas actividades do curso e non se certifican “horas de formación”. A estimación de carga horaria (40 h) é só orientativa. Agárdase que a participación no curso teña como principal motivación a aprendizaxe persoal, o desenvolvemento profesional e a colaboración con outros docentes.

As actividades da unidade 1 abriranse o luns 31 de marzo.

ACCESO A TODA A INFORMACIÓN

mooc

Proxectoterra: Da casa á escola. Edición 2013-2014

Summary: 

Presentación dos recursos educativos do proxectoterra elaborados para Educación Infantil
Gallego

Materiais educativos de Educaión Infantil elaborados polo Proxectoterra e centrados na percepción e observación por parte do alumnado dos lugares que habitamos

Lugar de celebración: CFR da Coruña. Aula de audiovisuais. 4º andar

Relator: José Luis Fernández. Coordinador do ogrupo de Educación Infantil do Proxectoterra

Data: 

25/03/2014 - 27/03/2014

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Mindmeister

Seguindo a filosofía de "Dálle un peixe e comerá un día, ensínalle a pescar e comerá toda a vida", MINDMEISTER é un mapa que vai máis alá de recursos para desenvolver a competencia lingüística a través das catro destrezas básicas. Inclúe tamén ferramentas TIC e o modo de integralas nas clases de linguas. Asemade é tamén unha fonte de material AICLE/CLIL para distintas áreas. Resulta de grande interese porque ademais cada temática hipervincula a webs que ofrecen un abano grande de posibilidades de gran utilidade para todos os niveis educativos. En definitiva, é un recurso interdisciplinar, holístico e que fomenta a iniciativa e a creatividade por parte dos docentes.

 

 

Gallego
mindmeinster

Film English

FILM ENGLISH é un recurso especialmente útil para o profesorado de inglés, xa que ten clases preparadas a partir de longa e curtametraxes.

Este recurso foi creado por Kieran Donaghy, docente da UAB Idiomes Barcelona, parte da Universitat Autònoma de Barcelona. Donaghy promove o uso creativo do inglés nas aulas. Todo o plan de estudo xira en torno ao uso do vídeo para o ensino do inglés. Así, promove a cinefilia, o análise da imaxe en movemento, e a cultura cinematográfica coma habilidade do século XXI, necesaria para o alumnado. Tamén se promove o pensamento crítico, así como a reflexión en valores á par que se aprende unha lingua.

Film English é visitado por 80.000 profesores ao mes e ten un total de 2.5 millóns de visitas ao ano. Éxito de crítica, recibiu senllos premios, incluíndo o de Mellor Blog Individual e finalista do Mellor Uso de Vídeo nos Premios Edublog 2011, Mellor Páxina  TEFL.net 2011, e o Blog Destacado no British Council Teaching English.

Gallego
Film English

As nosas letras

As nosas letras é un proxecto colaborativo no que se mostran actividades feitas na escola e para a escola con motivo do Día das Letras Galegas.
A iniciativa xorde no ano 2011 cando varios centros (CEIP Nº1 de Tui, CEIP de Guillarei e CEIP Infante Felipe de Borbón de Salvaterra do Miño) intercambian actividades sobre Lois Pereiro, autor homenaxeado aquel ano.
Dende aquel momento, fóronse sumando outros centros da zona (CEIP Marquesa do Pazo da Mercé das Neves, CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas...) para compartir actividades relacionadas con investigacións e traballos das obras de diversos autores en galego.
Hoxe o proxecto está aberto e pode participar calquera docente de calquera especialidade e etapa educativa co seu grupo de alumnos compartindo as actividades que desexe sempre que estean relacionadas coas letras galegas dalgunha forma. Poden ser sobre o autor homenaxeado ou non, sempre que sexan en galego, se traballe algún dos obxectivos propostos no proxecto e sirvan para transmitir a esencia e o coñecemento do Día das Letras Galegas. Caben todo tipo de actividades: bailes, cancións, representacións teatrais, recitados de poemas...

Para coñecer máis sobre a iniciativa visita o blog do proxecto http://letrasgalegas.blogspot.com.es e, para participar, escribe un correo a asnosasletras@gmail.com ou contacta por twitter @asnosasletras

Gallego
as nosas letras

X Encontros con escritores

Summary: 

Ás 18:15 h. no salón de actos da UNED: Juan Cruz.
Gallego

Informámosvos que o xoves, día 13 de marzo ás 18:15 h. no Salón de Actos da Uned da Coruña, celebraremos unha nova sesión das Xornadas "A creación literaria e os seus autores: X Encontros con creadores" na que participará como relator invitado o escritor, xornalista e editor JUAN CRUZOrganiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DA CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego.

X Encontros con escritores.