L1601017 Intelixencia emocional
Enviado por marta a Mér, 05/10/2016 - 15:39Summary:
Esta actividade comezará no mes de novembro de 2016 e desenvolverase no salón de actos do CFR de Lugo.
Certificaranse 25 h, das que 21 serán presenciais e 4 non presenciais.
Daranse a coñecer as posibilidades da intelixencia emocional tanto a nivel persoal, social e na aula e amosaranse recursos para o seu traballo.
Contaremos coa intervención de Josep Toll Sayeras, formador, educador e licenciado en Filosofía pola Universidade Autónoma de Barcelona , e coa de Nuria Revuelto Crespo (A Coruña), psicóloga experta en RR.HH., mediación, formación e desenvolvemento do talento.
No curso creado na aula virtual do CFR de Lugo accederase á toda a información e documentación da actividade:
A través da seguinte ligazón accedemos á ficha xeral da actividade:
Asesora: Marta Arias López