Ensinar linguas. A comunicación oral

Curso a desenvolver no CFR de Lugo no segundo trimestre do curso 2015-2016.
Mar, 15/12/2015 - 19:44
Ensinar linguas. A comunicación oral
Ensinar linguas. A comunicación oral

Actividade dirixida a mestres e profesorado de educación secundaria.

Obxectivos

  1. Analizar as implicacións metodolóxicas que supón a incorporación das competencias básicas, nomeadamente a competencia en comunicación lingüística, na didáctica das linguas
  2. Levar ás aulas algunha proposta didáctica consonte cun enfoque competencial para analizar o seu potencial e a súa eficacia.
  3. Valorar a posibilidade de incorporar algunha novidade metodolóxica aos procesos de ensino e de aprendizaxe que se desenvolven nas aulas e aos Proxectos Lingüísticos dos centros

Contidos

  1. Un novo enfoque metodolóxico para traballar a competencia comunicativa do noso alumnado.
  2. Habilidades de pensamento.
  3. Estratexias para traballar a oralidade.
  4. Implicacións para as programacións didácticas e o Proxecto Lingüístico de Centro.
  5. Fase non presencial.
    1. Deseño e planificación dunha actividade para levar á aula e valoración da experiencia.

Profesorado relator

  • María Carmen Loureiro López. Profesora de Lingua e Literatura Castelá
  • María Belén Escariz Ferrín. Mestra no CEIP de Quintela- Moaña
  • María Isabel Vázquez Rosales. Mestra no CEIP de Quintela- Moaña
  • José Manuel Dopazo Mella. Profesor de Lingua e Literatura Castelá
  • J. Joaquín Domínguez Fuentes. Actor (Padre Casares...), guionista, productor e diplomado en Educación Física

Máis información

Enlace á ficha da actividade

Inscripción a través de fprofe

Menús CAFI node R

 

Sección