Ensinar linguas. A comunicación oral [1]
Enviado por marta a Mar, 15/12/2015 - 19:44Curso a desenvolver no CFR de Lugo no segundo trimestre do curso 2015-2016.
Gallego
Actividade dirixida a mestres e profesorado de educación secundaria.
Obxectivos
- Analizar as implicacións metodolóxicas que supón a incorporación das competencias básicas, nomeadamente a competencia en comunicación lingüística, na didáctica das linguas
- Levar ás aulas algunha proposta didáctica consonte cun enfoque competencial para analizar o seu potencial e a súa eficacia.
- Valorar a posibilidade de incorporar algunha novidade metodolóxica aos procesos de ensino e de aprendizaxe que se desenvolven nas aulas e aos Proxectos Lingüísticos dos centros
Contidos
- Un novo enfoque metodolóxico para traballar a competencia comunicativa do noso alumnado.
- Habilidades de pensamento.
- Estratexias para traballar a oralidade.
- Implicacións para as programacións didácticas e o Proxecto Lingüístico de Centro.
- Fase non presencial.
- Deseño e planificación dunha actividade para levar á aula e valoración da experiencia.
Profesorado relator
- María Carmen Loureiro López. Profesora de Lingua e Literatura Castelá
- María Belén Escariz Ferrín. Mestra no CEIP de Quintela- Moaña
- María Isabel Vázquez Rosales. Mestra no CEIP de Quintela- Moaña
- José Manuel Dopazo Mella. Profesor de Lingua e Literatura Castelá
- J. Joaquín Domínguez Fuentes. Actor (Padre Casares...), guionista, productor e diplomado en Educación Física
Máis información

Ensinar linguas. A comunicación oral
CFR Lugo [4]