Gallego

L1401021 - Proxectos de aprendizaxe e intelixencias múltiples

Summary: 

Curso desenvolvido no primeiro trimestre no CFR de Lugo
Gallego

O curso Proxectos de aprendizaxe e intelixencias múltiples é unha  actividade que se desenvolveu no CFR de Lugo durante o primeiro trimestre do curso 2014/2015.

A súa duración é de 21 horas e estivo destinada a todos os corpos e especialidades.

A reflexión sobre a práctica educativa e a súa adaptación aos coñecementos actuais sobre a aprendizaxe, sendo conscientes da diversidade en cuanto a intelixencias (verbal-lingüística, lóxico-matemática, visual-espacial, cinestésica-corporal, musical, naturalista, interpersoal, intrapersoal) foi o punto de partida.

Abordáronse tamén  estilos de aprendizaxe e estilos de ensinanza, metodoloxía para a diversidade de intelixencias con exemplos, recursos e estratexias para a aula.

Novos ecosistemas de aprendizaxe e en qué medida a perspectiva das Intelixencias Múltiples facilita o traballo por competencias básicas foron outros dos aspectos tratados.

Obxectivos

1.Reflexionar sobre a teoría das intelixencias múltiples relacionándoas coas competencias básicas.

2.Analizar a aplicación de novas metodoloxías didácticas que integran as intelixencias múltiples nas actividades de ensino-aprendizaxe, como os proxectos de comprensión ou/aprendizaxe baseada en proxectos.

3.Promover a capacitación do profesorado a través do deseño e posta en práctica de proxectos de aprendizaxe e no uso responsable das TIC.

Contidos

1.Teorías, correntes e modelos que axudan a estruturar a escola que queremos.

   1.1.Neurociencia.

   1.2.Estratexias de pensamento.

   1.3.Intelixencias múltiples e diversidade.

2.Estratexias metodolóxicas de aplicación na aula.

   2.1.Enfoque por proxectos.

   2.2.Aprender a aprender.

3.Novos ecosistemas de ensinanza e aprendizaxe.

   3.1.Licenzas e dereitos de autor.

No curso creado na aula virtual poderase consultar a documentación de apoio ás sesións presenciais.

Para máis información contactar con:

Marta Arias López

cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.es

Teléfono: 982251068

L1401021 - Proxectos de aprendizaxe e intelixencias múltiples
L1401021 - Proxectos de aprendizaxe e intelixencias múltiples

L1401009 - Asistencia inicial ao paciente crítico

Summary: 

Curso a desenvolver no CIFP Politécnico de Lugo
Gallego

Imaxe cunha nube de palabras en forma de corazón e título Asistencia inicial ao paciente crítico

Asistencia inicial ao paciente crítico. Marta Arias. CC BY-SA

As distintas sesións desta actividade serán impartidas polo doutor Manuel  Castro Maestre (Médico Asistencial da Base Medicalizada do 061 en Lugo).

Desenvolverase no CIFP Politécnico de Lugo, rúa Armando Durán, nº 3 (a carón do parque Rosalía de Castro).

O horario de luns a xoves será de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:30 h.

O venres desenvolverase só pola mañá en horario de 10:00 a 14:00 h.

Na aula virtual do CFR de Lugo creouse un curso onde se pode ampliar información sobre o programa de obxectivos e contidos, acceso ao lugar de celebración, normas xerais do plan de formación do profesorado, etc.:

Para calquera información contactar con:

Marta Arias López

cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.es

982251068

 

 

Nube de palabras en forma de corazón Asistencia inicial ao paciente crítico
Asistencia inicial ao paciente crítico

Plan anual de formación do profesorado 2014/2015

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2014/2015. Este documento integra a oferta de actividades de formación e responde ás necesidades e demandas do profesorado ao que vai dirixido, así como ás estratexias, plans e programas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prioriza.
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para  o curso 2014/2015. Este documento integra a oferta de actividades de formación e responde ás necesidades e demandas do profesorado ao que vai dirixido, así como ás estratexias, plans e programas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prioriza.

 

ACCESO DIRECTO AO PLAN 2014/15

 

 

plan de formacion 2015

Plan de formación do profesorado 2014/15

Summary: 

A Consellería de educación presenta o plan de formación do profesorado 2014-2015.
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para  o curso 2014/2015. Este documento integra a oferta de actividades de formación e responde ás necesidades e demandas do profesorado ao que vai dirixido, así como ás estratexias, plans e programas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prioriza.

Enlace ao plan.

plan de formación do profesorado 2014/15

L1401009 Asistencia inicial ao paciente crítico

Summary: 

Actividade a desenvolver no CIFP Politécnico de Lugo
Gallego

Imaxe cunha nube de palabras en forma de corazón e título Asisitencia inicial ao paciente crítico

As distintas sesións de docencia e práctica do curso "Asistencia inicial ao paciente crítico" serán impartidas polo Dr. Manuel Castro Maestre (médico Asistencial da Base  Medicalizada do 061 en Lugo).

Desenvolverase no CIFP Politécnico de Lugo o día 30 de xuño e os días 1 , 2, 3 e 4 de xullo.

O horario de luns a xoves será de 10:00 A 14:00 h polas mañás e de 16:00 a 18:30 h polas tardes.

O venres será só pola mañá de 10:00 a 14:00 h.

Nun curso creado na aula virtual do CFR de Lugo poderase ver toda a información relacionada coa actividade e irase subindo materiais e información complementaria.

O acceso á aula virtual do CFR de Lugo farase a través da seguinte ligazón:

 "Asistencia inicial ao paciente crítico". [En liña]. Dispoñible en: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrlugo/aulavirtual/course/view.php?id=484.  [Consulta: 16-xuño-2014]. Licenza  CC BY-SA

Para máis información contactar con:

Marta Arias López

cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.es

982251068

 

 

 

 

Data: 

30/06/2014 - 04/07/2014

Tema: 

Sección: 

X Encontros con autores. Clausura

Summary: 

Clausura dos X encontros con escritores o xoves, día 12 de xuño ás 18:15 h. no Salón de Actos da Uned da Coruña. Contaremos coa presenza do escritor chileno Jorge Edwards.
Gallego

Informámosvos que o vindeiro xoves, día 12 de xuño ás  18:15 h. no Salón de Actos da Uned da Coruña, terá lugar a sesión de clausura das xornadas "A creación literaria e os seus autores: X Encuentros con creadores". Esta sesión contará coa presenza do escritor chileno JORGE EDWARDSConversaremos co autor da súa obra, percorreremos a súa rica experiencia vital e literaria e afondaremos nas motivacións que fixeron dedicar parte da súa vida á política e á literatura.

Jorge Edwards (Santiago de Chile, 1931). Escritor, avogado, xornalista e diplomático chileno. Tralo golpe de estado de Chile, en 1973 márchase a Barcelona, onde traballa como director da editorial Difusora Internacional e colabora como asesor na Editorial Seix Barral. Jorge Edwards contribuíu a formar, coa Sociedade de Escritores de Chile, a comisión de Defensa da Liberdade de Expresión. En 1982 ingresou como membro da Academia da Lingua de Chile. Entre 1994 e 1997 é embaixador ante a Unesco en París. En 2010, obtén a cidadanía española e tamén é nomeado embaixador en París do goberno chileno. É escritor é autor de numerosas novelas, contos e ensaios. Destacan, entre outras obras, El peso de la noche, Los convidados de piedra, La mujer imaginaria, El anfitrión, El origen del mundo, Persona non grata, Adiós, poeta, El inútil de la familia, La muerte de Montaigne ... A súa obra está traducida a diferentes idiomas. Colabora en diversos diarios europeos e latinoamericanos, como  Le Monde, El País, Corriere della Sera, La Nación o Clarín, de Buenos Aires. É membro do consello de redacción das revistas Volta e Letras Libres de México e impartiu conferencias sobre temas latinoamericanos en diversas universidades norteamericanas e europeas. Recibe o Premio Cervantes en 1999 e a biblioteca do Instituto Cervantes de Mánchester leva o seu nome.

X Encontros con escritores.

Cursos de verán organizados polo INTEF

Summary: 

Cursos de verán de xullo a setembro
Gallego

Durante os meses de xullo e setembro de 2014, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), organiza doce cursos de verán dirixidos ao profesorado e aos centros educativos de todo o territorio nacional.
Para consultar a información:

Enlace ao post do INTEF coa  información sobre os cursos de verán

http://blog.educalab.es/intef/2014/05/21/cursos-de-verano-2014/


Enlace á convocatoria do BOE

http://www.boe.es/boe/dias/2014/05/24/pdfs/BOE-A-2014-5479.pdf

Enlace á sede electrónica    

http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/profesorado/formacion/formacion-permanente/cursos-congresos/cursos/cursos-de-verano.html

 

 

 

 

 

 

 

 

cursos verán

V1302018 Técnicas para o coidado da voz

Summary: 

V1302018 TÉCNICAS PARA O COIDADO DA VOZ A partires do día 4 de xuño, celebraranse no CFR de Vigo as "Xornadas: Técnicas para o coidado da voz", para todo o profesorado en xeral.
Gallego
V1302018 TÉCNICAS PARA O COIDADO DA VOZ
A partires do día 4 de xuño, celebraranse no CFR de Vigo as "Xornadas: Técnicas para o coidado da voz", para todo o profesorado en xeral.

Data: 

04/06/2014 - 13/06/2014

Sección: 

V1302018 Técnicas para o coidado da voz

Summary: 

A partires do día 4 de xuño, celebraranse no CFR de Vigo as "Xornadas: Técnicas para o coidado da voz", para todo o profesorado en xeral.
Gallego

A partires do día 4 de xuño, celebraranse no CFR de Vigo as "Xornadas: Técnicas para o coidado da voz", para todo o profesorado en xeral.

Data de comezo: 4 de xuño de 2014.

Data de finalización: 13 de xuño de 2014.

Lugar de celebración: CFR de Vigo.

Número de horas totais: 15 horas.

fprofe: www.edu.xunta.gal/fprofe

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=340

 

Técnicas para o cuidado da voz

Técnicas para o coidado da voz
Técnicas para o coidado da voz

A creación literaria e os seus autores: X Encontros con creadores

Summary: 

O 8 de maio ás 18:15 no salón de actos da UNED da Coruña: Andrés Trapiello.
Gallego

Informámosvos que o próximo xoves, día 8 de maio ás 18:15 horas no Salón de Actos da Uned da Coruña, terá lugar unha nova sesión das Xornadas "A creación literaria e os seus autores: X Encontros con creadores". Esta sesión titulada: "Libros, diarios e outros imaxinarios"contará coa presenza do escritor e ensaísta ANDRÉS TRAPIELLO. Conversaremos co autor da súa obra, recorreremos a súa rica experiencia vital e afondaremos nas motivacións que o levaron a dedicar a súa vida á literatura.

Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS da CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xavier Seoane, recoñecido autor galego.

O  enlace para seguir esta sesión por videoconferencia é seguinte:

http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=73309&ID_Sala=102462 

Andrés Trapiello, poeta e escritor español, naceu en 1953 en Manzaneda de Torío, León. Despois de estudar Filosofía e Letras na Universidade de Valladolid, onde tamén traballou no diario Pobo, trasladouse en 1975 a Madrid, cidade na que vive dende entón. De 1977 a 1980, traballou como redactor en programas de arte e de literatura en TVE. Os seus catro primeiros libros de poemas agrupáronse nun volume "Las tradiciones" (1991 e 2002). A estes seguiron "Acaso una verdad" (Premio da Crítica, 1993), "Rama desnuda" (2001), "Un sueño en otro" (2004) e "Segunda escuridad" (2012).

En 1988 publicou a súa primeira novela, "La tinta simpática", e en 1990 viu a luz "El gato encerrado", primeiro tomo dos seus diarios (Salón de pasos perdidos) dos que ata a data publicou dezasete. En 1992 recibiu o Premio Internacional de novela Plaza & Janés pola súa segunda novela, "El buque fantasma". En 1993 "Las armas y las letras". "Literatura y guerra civil 1936-1939" recibiu o Premio don Juan de Borbón.

En 2003 a súa novela "Los amigos del crimen perfecto" obtivo o Premio Nadal, e en 2005 "Al morir don Quijote" el Premio Fundación Juan Manuel Lara á mellor novela dese ano editada en español. Tamén publicou o libro de relatos "La noche de los Cuatro Caminos" (2001) e as novelas "Los confines" (2009) e "Ayer no más" (2006), elixida mellor novela polos lectores do diario El País. Entre os seus ensaios podemos destacar títulos como: "Clásicos de traxe gris" (1990), "Las vidas de Miguel de Cervantes" (1993), "Los nietos del Cid" (1997) e "Imprenta moderna" (2006).

Colaborador de La Vanguardia, El País, El Cultural ou o Abc Cultural e diversas publicacións literarias. É autor en calidade de tipógrafo dun número apreciable de catálogos editoriais. En 2003 foille concedido polo conxunto da súa obra o Premio das Letras da Comunidade de Madrid, e en 2010 o das Letras da Comunidade de Castela e León.

Encontros con escritores