L1601023 Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo. 2016-2017

Curso a desenvolver no CFR de Lugo en colaboración coa Fundación INGADA e a Fundación MARÍA JOSÉ JOVE.
Mér, 21/09/2016 - 12:59
L1601023 - Curso de tratamento do tdah desde o ámbito educativo. 2017-2017

Por terceiro ano desenvolverase no CFR de Lugo e en colaboración coa Fundación INGADA esta actividade.

Duración: 16 horas presenciais e 9 non presenciais nas que se elaborará e entregará un traballo final que pode optar ou non á beca.

Datas: 6, 13, 20 e 27 de outubro

Os contidos a abordar xirarán serán os seguintes:

MÓDULO I

  • Modelos explicativos do TDAH.
  • Tratamento farmacolóxico do TDAH.
  • Problemas asociados ao TDAH na escola: exclusión frustración, agresividade, ansiedade, Prevención de accidentes. Lesións máis comúns.

MÓDULO II

  • Detección na aula do neno con TDAH nas súas diferentes etapas educativas: infantil, primaria e secundaria.
  • Aspectos pedagóxicos do TDAH.
  • Cómo motivar ao neno con TDAH.
  • Sistemas de reforzo e incentivos, economía de fichas, tipos de normas e castigos.

MÓDULO III

  • TDAH e dificultades específicas da aprendizaxe: dislexia e discalculia.
  • TDAH e dificultades específicas da aprendizaxe: disortografía e disgrafía.
  • Entrenamento da expresión oral, lectura e escritura do alumnado con TDAH.
  • Coidado do entorno: material escolar, aula, compañeiros, sistemas de protección.

MÓDULO IV

  • Ensinando a planificar: axenda, control do tempo, preparación de exames, controis e examens.
  • Adaptacións pedagóxicas: avaliacións, metodoloxía, saíndo da rutina.
  • Protocolo de consenso sobre TDAH na Infancia na Adolescencia nos Ámbitos Educativo e Sanitario.
  • Cousas prácticas.

A través de fprofe podedes facer a inscrición ata o 27 de setembro e na seguinte ligazón accededes á ficha da actividade.

https://goo.gl/S6tOjZ

Bases da beca:

http://media.wix.com/ugd/741f10_8de27f1fb4ff49b1aaacb7b85f4f0216.pdf

Fundación INGADA: http://www.fundacioningada.net/

Asesora responsable: Marta Arias López

cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.es

Menús CAFI node R

 

Sección