L1601023 Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo. 2016-2017 [1]
Enviado por marta a Mér, 21/09/2016 - 12:59Por terceiro ano desenvolverase no CFR de Lugo e en colaboración coa Fundación INGADA esta actividade.
Duración: 16 horas presenciais e 9 non presenciais nas que se elaborará e entregará un traballo final que pode optar ou non á beca.
Datas: 6, 13, 20 e 27 de outubro
Os contidos a abordar xirarán serán os seguintes:
MÓDULO I
- Modelos explicativos do TDAH.
- Tratamento farmacolóxico do TDAH.
- Problemas asociados ao TDAH na escola: exclusión frustración, agresividade, ansiedade, Prevención de accidentes. Lesións máis comúns.
MÓDULO II
- Detección na aula do neno con TDAH nas súas diferentes etapas educativas: infantil, primaria e secundaria.
- Aspectos pedagóxicos do TDAH.
- Cómo motivar ao neno con TDAH.
- Sistemas de reforzo e incentivos, economía de fichas, tipos de normas e castigos.
MÓDULO III
- TDAH e dificultades específicas da aprendizaxe: dislexia e discalculia.
- TDAH e dificultades específicas da aprendizaxe: disortografía e disgrafía.
- Entrenamento da expresión oral, lectura e escritura do alumnado con TDAH.
- Coidado do entorno: material escolar, aula, compañeiros, sistemas de protección.
MÓDULO IV
- Ensinando a planificar: axenda, control do tempo, preparación de exames, controis e examens.
- Adaptacións pedagóxicas: avaliacións, metodoloxía, saíndo da rutina.
- Protocolo de consenso sobre TDAH na Infancia na Adolescencia nos Ámbitos Educativo e Sanitario.
- Cousas prácticas.
A través de fprofe podedes facer a inscrición ata o 27 de setembro e na seguinte ligazón accededes á ficha da actividade.
Bases da beca:
http://media.wix.com/ugd/741f10_8de27f1fb4ff49b1aaacb7b85f4f0216.pdf [3]
Fundación INGADA: http://www.fundacioningada.net/ [4]
Asesora responsable: Marta Arias López
