Mindmeister
Mar, 18/03/2014 - 13:29
mindmeinster

Seguindo a filosofía de "Dálle un peixe a comerá un día, ensínalle a pescar e comerá toda a vida", MINDMEISTER é un mapa que vai máis alá de recursos para desenvolver a competencia lingüística a través das catro destrezas básicas. Inclúe tamén ferramentas TIC e o modo de integralas nas clases de linguas. Asemade é tamén unha fonte de material AICLE/CLIL para distintas áreas. Resulta de grande interese porque ademais cada temática hipervincula a webs que ofrecen un abano grande de posibilidades de gran utilidade para todos os niveis educativos. En definitiva, é un recurso interdisciplinar, holístico e que fomenta a iniciativa e a creatividade por parte dos docentes.