XI Encontros con escritores

O 21 de xaneiro do 2015 ás 18.30 no Salón de actos da Uned de Coruña. Autores invitados os escritores MARTA SANZ e ISAAC ROSA.
Mar, 20/01/2015 - 10:35
XI encontros con escritores

O vindeiro xoves, 21 de xaneiro,  ás 18.30 no Salón de actos da UNED da Coruña terá lugar unha nova sesión da actividade "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Este día contaremos coa presenza como autores invitados dos escritores Marta Sanz e Isaac Rosa.

Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DA CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego. Estas xornadas pretenden propiciar un diálogo literario e cultural con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Ademáis de comentar textos, aproveitase a proximidade dos escritores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade dentro dun ambiente distendido e participativo. 

Emitiremos a sesión por videoconferencia dende o seguinte enderezo:

http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=73311&ID_Sala=119977

Marta Sanz (Madrid,1967) Doctora en Literatura Contemporánea pola Universidade Complutense de Madrid e profesora na Universidade Antonio de Nebrija e en "Función Lenguaje". Publicou as novelas El frío (Debate, 1995), Lenguas muertas (Debate, 1997), Los mejores tiempos (Premio Ojo Crítico 2001) Animales domésticos (Destino,2003), Susana y los viejos (finalista del Nadal en 2006), La lección de anatomía (Anagrama, 2008), Black, black, black (Anagrama, 2010), Un buen detective no se casa jamás (Anagrama, 2012)  e Daniela Astor y la caja negra (Anagrama, 2013, XXXV Premio Tigre Juan). Participou en distintas antoloxías de relatos como Páginas amarillas, Daños colaterales,etc. En 2007, publicou Metalingüísticos y sentimentales, antoloxía de poesía española contemporánea, e recibiu o premio Vargas Llosa NH de relatos. Colabora habitualmente en El Cultural, El Viajero de El País e a revista Mercurio. É autora dos poemarios Perra mentirosa/Hardcore (Bartleby, 2010) yVintage (Bartleby,  V Premio de la Crítica de Madrid de Poesía 2013).
 
Isaac Rosa (Sevilla, 1974) colaborador habitual en varios medios de prensa escrita, dixitales y de radio. Publicou as novelas La malamemoria (1999), posteriormente reelaborada en ¡Otra maldita novela sobre la guerra civil! (2007), El vano ayer (2004, Premio Rómulo Gallegos, Premio Ojo Crítico e que será levada ao cinema co título de La vida en rojo), El país del miedo (2008, Premio Fundación J.M. Lara á mellor novela do ano), La mano invisible (2011) y La Habitación oscura (2013). É autor así mesmo da obra de teatro Adiós muchachos (1998), da narración El ruido del mundo (1998), do ensayo  Kosovo. La coartada humanitaria (2001) e de varios relatos que apareceron en libros colectivos.