Xerais do centro

Actividades feitas no centro

VI Concurso de Esopías IES Francisco Aguiar

O equipo da Biblioteca e o IES Francisco Aguiar comprácense en presentar unha nova edición do seu

Concurso de ESOPÍAS

bases esopías

Preme aquí para descargar a plantilla para participar.

Premios 'Entroido 2019'

Publicamos aquí os nosos galardoados de entroido, tras un período de ardua deliberación que deu máis dunha dor de cabeza, xa que candidatos non faltaban en ningunha das categorías.

Premio á mellor actuación é para:

mellor actuación

 

 

 

 

 

Martín Muíño Caínzos ESO 2ºD

premio á mellor actuación no festival

Mucha y Nucha

 

 

 

 

 

Telmo Brea García e Daniel Vicente Lagares

premio ao mellor disfraz 'individual'

 

profesoras

 

 

 

Chus Santamariña e Olga Blanco

empate no premio ao profesorado mellor caracterizado

 

 

 

 

Familia de Bañistas de 1º ESO D

premio ao mellor disfraz de grupo

bañistas

Parabéns a todos os gañadores/as. Quedades convocados o luns no 2º recreo ao acto de entrega de premios 'Entroido 2019'

Acto de inauguración da exposición titulada “Creatividade pola igualdade”.

12/03/2019 14:27
Etc/GMT+1

Haiku

 

 

 

Dende o Concello de Betanzos nos chega unha invitacion á toda a comunidade educativa do 'Aguiar' para asistir esta tarde ás 19:00h no Edificio Liceo á inauguración da exposición 'Creatividade pola Igualdade'.

A mostra estará no Liceo dende o 12 ata o 30 de Marzo de 2019. Formada por traballos elaborados polo alumnado de todos os centros educativos de Betanzos, en horario de 10:00 h a 14:00 h e 18:00 h a 21:00 h os días laborables e de 11:30 h a 14:00 h os sábados. Organiza o Concello de Betanzos.

O noso centro colabora na mostra con traballos realizados polo noso alumnado, entre outros os presentados no concurso de 'Haikus contra a violencia de xénero' organizado polo equipo da Biblioteca o pasado mes de Novembro.

 

 

Festival de Entroido 2019: unha revisión en imaxes.

Preme na imaxe ou navega pola nosa galería fotográfica no álbum entroido.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Entroido

Non o podemos negar. Gústanos a fotografía.

fotografías

A que se mostra é unha instantánea no descanso do primeiro andar do edificio principal. Conflúen esta semana tres exposicións de fotografías diferentes:

  • a exposición permantente dunha selección de fotografías realizadas por alumnado do centro en educación plástica e visual.
  • as fotografías comentadas polo alumnado de 3º ESO deste curso dentro do proxecto 'Fotografía en curso' que ven sendo empregado coma un inigualable recurso didáctico en educación visual.
  • a exposición temporal cedida por Afundación dentro do proxecto interxeracional cos maiores do espazo +60 que ilustra parte do proxecto 'Fálame da emigración' que o departamento de Xeografía e Historia está a desenvolver con 2º de ESO.

Animamos dende aquí a todo o alumnado a desfrutar con calma, de toda a potencia da linguaxe visual que se agocha detrás de todas e cada unha destas imaxes.

Continuación da reforma artística das portas do Aguiar

Todos os que estudaron no edificio principal do 'Aguiar' lembran a rechamante cor das portas laranxas do instituto. De feito, adoitan a preguntar acerca de se continúan mantendo esa cor.

“Estamos no ano 2019. Todo o 'Aguiar' segue ocupado polas portas laranxas… ¿Todo? ¡Non! Un Departamento de Educación Plástica e Visual poboado por irreductibles creadores plantea resistencia ....”

Sentímonos orgullosos de ensinarvos a continuación da iniciativa "pintaportas" promovida por Xosé Manuel Rey Bao. Nesta derradeira xornada antes de Nadal realizouse a intervención sobre as portas dos servicios do alumnado do 1º andar do edificio principal. A carón dos Laboratorios de Bioloxía e Xeoloxía levan as imaxes de Jane Goodall e Charles Darwin.

pintaportas bioxeo

Lembramos aquí os antecedentes que puxeron a Marie Curie e a Einstein noutras portas do 'Aguiar'.

Parabéns a todos os artistas participantes neste proxecto e grazas polo voso traballo na mellora do noso día a día no centro. 

Agardamos continuar informando de vindeiras iniciativas.

Derradeira xornada antes de Nadal 2018

Compartimos convosco algunha instantánea do que foi a derradeira xornada do trimestre no instituto. Torneo de xadrez de nadal, competicións deportivas, bailes co "just dance", "pintaportas" e festival de nadal foron as diferentes opcións festivas para o noso alumnado.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Nadal 2018

Teatro "Antígona ante os xuíces" no edificio Liceo de Betanzos

antigona

 

 

 

O vindeiro mércores 19 de Decembro, o alumnado das optativas de Cultura Clásica de 3ºESO, Latín de 4º ESO e 1º e 2º BAC, e Grego de 1º o 2º de BAC asistirán á representación "Antígona ante os xuices" no edificio Liceo de Betanzos. Organizada polos departamentos de Latín e Grego.

Saída do centro ás 10:25

Chegada ao centro ás 11:45

 

Distribuir contido