Xerais do centro

Actividades feitas no centro

2º XORNADA DA VIIª Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Coa inercia collida, arranca a segunda xornada da VIIª Semana da Ciencia e da Tecnoloxía no Aguiar. 

Moita ciencia nos corridores.

Andares, aulas e laboratorios tomados pola tecnoloxía.

Bibliotecas cheas de alumnos en frenética procura científica

Patios como lugar de xogos...matemáticos. 

Eche o que hai!

Conspiración, premeditación e reiteración. VII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. DÍA 1º.

IMOS ALÁ!

O luns 23 de abril daremos comezo a unha tolemia para a que non temos disculpa ningunha.

1.- Porque todo o que revolucionará o noso instituto nestes días non é froito da improvisación senón dunha "conspiración" no traballo previo de moitos compañeiros e alumnos durante o curso e, frenéticamente, nas derradeiras semanas.

 

2.- Porque a Semana da Ciencia e da Tecnoloxía é un caso grave de reiteración "delictiva". Imos xa pola VIIª edición e aquela inciativa que naceu do entusiasmo e traballo de Luisa Muiño, Carmen Núñez,  Juan M. Neira e Emilio Duque no mes de abril de 2012, foi medrando ata abranguer a un número crecente de profesores e departamentos do noso instituto.  Este ano, dende o Departamento de Linguas Clásicas ou o de Relixión, aos de Bioloxía, Física ou Tecnoloxía, pasando por Educación Plástica, Lingua Galega entre outros.

3.- Porque a participación protagonista do alumnado e a coordinación de moitos profesores suxire unha asociación premeditada para producir o efecto de revolucionar o centro coa ciencia e a tecnoloxía.

Prometemos...non enmendarmonos!

 

 

 

 

Nova e agardada edición do "Concours de desserts" ( sobremesas francesas)

Un ano máis, o departamento de francés convoca ao seu alumnado a participar na agardada edición do Concours de Desserts ( sobremesas francesas)

No seguinte enlace quedan as bases e mecánica do concurso.

 

VII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. 23 a 27 de abril. 2018

Cartel deseñado por Alexia Fernández (4º ESO)

Xa está en marcha a conta atrás para a VII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía no noso instituto.

En arquivo adxunto (enlace) se pode consultar a distribución de actividades, experimentos, xogos, conferencias... que compoñen a nosa proposta diste ano. E o "leitmotiv" de todas elas: a muller no mundo da ciencia e da tecnoloxía. 

 

 


arquivo adxunto (enlace)

 

 

Hora de Ler. 26ª semana [2ª sesión]

26ª SEMANA [2ª SESIÓN]
 

Arredor de 1930 Marc Chagall pointou O anxo e o lector.  
Bastante despois, este ano 2018 Violeta Silva Sánchez(enlace) e Rosalía Fernández Rial(enlace) poñen a súa creatividade nas nosas máns.

O Aguiar na XII Feira Matemática

Un ano máis os nosos alumnos (nun grupo cercano a 20 persoas) desprazanse, o sábado 7, ata A Coruña para particioar na Feira Matemñatica. estarán acompañados polos profesores José Antonio Varela e Diego Félix Armesto.

Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.

O lema deste ano para o Día Escolar das Matemáticas é "Matemáticas electorais"l.

A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

Este ano a XII FEIRA MATEMÁTICA celebrámola o 7 de abril, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h.

Convocamos tamén tres concursos: de Fotografía Matemática, de Matmonólogos e de Esopías. Para participar nestes concursos, teredes que entrar no MATEBLOG, que estará aberto para o envío de obras ata o 31 de marzo. Os concursos están abertos a todos os que queiran participar, sexan estudantes de calquer nivel, profesores ou calqueira que o desexe. (Ver premiados no concurso do ano pasado)

 

V Concurso de Esopías. A MAXIA DO NÚMERO π

 

 
FICCIÓN (OU NON-FICCIÓN) COA CIENCIA: A MAXIA DO NÚMERO π 

 

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez convoca o V Concurso de Esopías do IES Francisco Aguiar. 

 

BASES


Poderá participar calquera alumno matriculado no IES Francisco Aguiar.

  1. Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición desta: Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
  2. A esopía deberá ir acompañada dunha ilustración orixinal.
  3. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador porcategoría: Alumnos de primeiro e segundo da ESO / Alumnos de terceiro e cuarto da ESO, bacharelato e Ciclo Formativo.
  4. Os participantes, que poden presentar ata un máximo de 3 esopías, obtarán a un único premio, que consisitrá nun vale para mercar material informático, audiovisual, didáctico ou educativo. Terán unha valoración especial aquelas esopías que se axusten á temática da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía: A muller científica.
  5. Os premios poderán ser declarados desertos.
  6. O prazo de entrega remata o 27 de abril de 2018.
  7. As esopías, que deberán ser entregadas na Biblioteca, empregarán completamente cuberto o seguinte modelo descargable nesta ligazón.
  8. O xurado, designado polo Equipo da Biblioteca, estará integrado por distintos membros da comunidade educativa.
  9. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado, que será inapelable.
***
Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
 
A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
 
A guía para facer esopías ten, entre espazos en branco e letras, 140 caracteres.
 
Hai en total 24 palabras.
 
As comas, puntos e comas, dous puntos, apóstrofos… poden ocupar un espazo en branco.
 
Aínda quedan dous espazos para signos de interrogación ou exclamación, ao inicio ou ao final.

Chegou aos nosos oídos...Guido I. Novoa e o concurso "Explícoche matemáticas 2.0"

 

Chegou aos nosos oídos...grazas ao aprezado ex alumno Guido ignacio Novoa, a convocatoria dun interesante concurso: "Explícoche matemáticas 2.0". 

 

Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa sétima edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

 

Pode participar o alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como alumnado de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.

O obxecto de Explícoche Matemáticas 2.0 son vídeos nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, ben desde un punto de vista formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación),ou ben, cun carácterdivulgador, reflectindo como se utilizan as matemáticas na vida cotiá, na cultura, na arte ou na sociedade. Os vídeos deben ter unha duración de entre 1:30 e 2:30 minutos e vehicularse en galego. E poderán utilizar calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.

O prazo para presentar os vídeos remata o 6 de abril de 2018, para o cal os concursantes deberán subilo a unha canle de Youtube e achegar o URL do vídeo, os datos de contacto, informe e autorizacións a <zmatdeca@usc.es> e ao enderezo físico do Decanato da Facultade de Matemáticas

 

Hai catro premios. Un para a categoría A (alumnado da ESO e de bacharelato) e dous para a categoría B (graos, por unha banda, e mestrado e doutoramento pola outra), dotados con 200 euros cada un. E un cuarto premio de 100 euros para o premio mellor valorado polos internautas.

Consulta as bases do certame para este curso 2017-2018!

 

Hora de Ler. 21ª semana [3ª sesión]

Ilustración: Raquel Díaz Reguera
 
21ª SEMANA [3ª SESIÓN]
 

Lectores novos que teñen entre mans relatos de escritoras novas: Sandra Ferreiro García(enlace) (premiada no concurso Minerva) e Julia Nieto Mantiñán(enlace), alumna de 1º de Bacharelato do noso IES. 
 
 



Distribuir contido