Xerais do centro
Concurso Betanzos en Detalle no xornal "Betanzos e a súa comarca"
O IES Francisco Aguiar en colaboración co Concello de Betanzos e ACEBE CCA organiza o concurso "Betanzos en Detalle". Está dirixido a escolares e ao público en xeral buscando a promoción e posta en coñecemento e valor do casco histórico brigantino. O concuso desenvolverase ao longo de seis meses. Cada mes faranse públicas cinco fotografías correspondentes a pequenos detalles agochados en diferentes puntos do casco histórico. Trátase de identificar a ubicación destes detalles e contestar unha pregunta ao mes relacionada con elas. As fotografías, orixinais do alumnado de Educación Plástica e Visual do centro, publicaránse en "Betanzos e a súa comarca", nun taboleiro no edificio do Liceo e na páxina web do IES Francisco Aguiar. Para completar o concurso haberá que identificar 30 fotografías e contestar a 6 preguntas. Estableceranse dúas categorías e un premio para cada unha delas. Os escolares optarán a unha tablet e o público en xeral a un tarxeta regalo ACEBE CCA por valor de 100€. Animádevos todos a participar. |
Premios. Minilibros. Muller e Ciencia 2018
Que poden ter en común a semilla diminuta dos grelos, a primeira célula que se forma pola unión dun óvulo e un espermatozoide, ou un poema escrito coa forma dun haiku?
Aparte de todo o que se vos poida ocurrir, todas teñen en común o milagro de mostrarsenos como un elemento moi, moi pequeno (poida que teñamos a tentación de pensar que despreciable) pero que gardan no seu interior unha beleza, unha riqueza e unha potencialidade incalculable.
Os minilibros que elaboran cada ano os nosos alumnos teñen esas características. Neles tamén cúmplese que “menos é maís”.
CALIFICACIÓNS XUÑO ESO. Horario de atención. ESO. Revisións de exames . Xuño 2018.
AS CALIFICACIÓNS DA ESO E BACHARELATO ESTÁN VISIBLES EN SIXA FAMILIAS
Entrega de boletíns ESO E Bacharelato: martes 26 ás 11h
Horario revisión de exames. 1º_2º ESO. Xuño 2018
Horario revisión de exames. 3º-4º ESO. Xuño 2018
Horario revisión de exames. 1ºBAC. Xuño 2018
Hora de Ler 35ª semana [5ª sesión]
Ilustración: María Pedreda
35ª SEMANA [5ª SESIÓN]
Últimas suxestións de lectura para a última e refrescante sesión de Hora de Ler: un relato de Inma López Silva e un conto de Laia Jufresa.
Hora de Ler 34ª semana [4ª sesión]
Ilustración: Miguel Ángel Camprubí
34ª SEMANA [4ª SESIÓN]
Ler a Xavier Franco Alonso(enlace) e Roxana Villareal(enlace) desexando que a chegada do bo tempo nos permita ascender ao máis alto das árbores.
GAÑADORES DO CONCURSO DE ESOPÍAS 2018
Fun a onde o vento
espallaba os berros.
Vinte alí, morto.
Bramidos terribles, ademáns triunfais.Por
ti meu camarada bebo
veleno da odiosa
vida.
Violeta Silva Sánchez 1º BAC D
[Referencia a Dian Fonsey, bióloga. Adicado a Digit, o seu gorila].
Sol e auga e vivir,
resucitan os tempos
mozos que traen
cadanseu atardecer.
Maldito desacougo que
no meu profundo iris
desexa un último
bico.
Manuel Barbeito Gabín 1ºA BAC
Sol e luar, a tarde
brillante, un debuxo
único ata noite
radiante. Debuxando
imaxino fantasías, que
co seu rexistro, fago
bailar ao pensar
sons.
Eveline Lucía Martín García 3ºD ESO
***
Era o soño e calma
esvarando na fazula
tensa das vidas
incertas, esgotadas,
ollando pantasmas sen
un rol definido pola
mirada ós outros
fins.
Lucas Mahía Vázquez 3ºC ESO
Soy y vivo y sufro,
Escapando de deseos
Lejos del mundo,
Agachada, escondida,
perdida, malherida. Soy
lo que añoraste pero
quiero un futuro
real.
Valentina Silva Sánchez 2ºD ESO
***
Que é amar? É acaso
abandonar as demais
ramas das nosas
emocións? Mataranos
esperar, engaiolar nas
ás das palabras: amor,
horror ou cariño.
Soño.
Emma Pérez Orgeira 2º C ESO
Dor e medo. O tempo
conxelado no pasado
volve. Nas malas
batallas olvidadas
nacerán destrozos que
de paz cubrirán esta
agonía de feltro.
Amén.
Lourdes Nieto Mantiñán 2ºC ESO
Ela e Fina e Ramón
traballan na escola.
Ramón vai andar
pouquiño. Camiñando
fixéronse novatadas aos
do mal encontro.
Pasa sempre no bosque:
medo.
Alberto Blanco Gabín 2ºA ESO [Accésit]
Hora de Ler 33ª semana [3ª sesión]
Ilustración: Maria Hesse
33ª SEMANA [3ª SESIÓN]
As suxestións de lectura desta semana quedan xeraquizadas por orde alfabético:
Algo máis que un pracer literario voltar a ler ás nosas exalumnas escritoras!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »