Xerais do centro

Actividades feitas no centro

Gañadores do 'Concurso de Haikus contra a violencia de xénero' #ennegrocontraasviolencias

O equipo da Biblioteca fai públicos os gañadores do concurso de Haikus contra a violencia de xénero. Os galardoados recibirán un cheque para gastar en libros, música ou audiovisuais o día 20 durante o festival de Nadal. Os premiados son: Celia Fornos Gil de 2ºESO, Valentina Silva Sánchez de 4º ESO e Joseph Barr de 1º BAC.

Gañadores haikus

 

 

O Proxecto documental integrado 'Betanzos 800 anos' premiado no VI Concurso de traballos por proxectos

Acabamos de enterarnos da nova de que o proxecto desenvolto o curso pasado polos profesores do PFPP e coordinado pola Biblioteca, vén de ser galardoado cun premio no VI Concuros de traballos por proxectos da Consellería de educacións.

Podedes lembrar parte do realizado navegando pola presentación adxunta.

Parabéns a todos/as os/as participantes neste proxecto, alumnado e profesorado, xa que sen o seu traballo, esto sería imposible.

O 'Aguiar' #ennegrocontraasviolencias #25N

Achégase o #25N día internacional contra a violencia hacia ás mulleres, e no IES Francisco Aguiar queremos participar expresando a nosa repulsa contra todo tipo de violencias en xeral, e a violencia de xénero en particular. 

Realizaremos no centro con este motivo unha serie de actos:

* o venres 22 de novembro, o alumnado de 2º da ESO acudirá ao acto de concentración organizado polo Concello que terá lugar ás 12:00 no parque do Pasatempo (en caso de mal tempo nas pistas a carón do Polideportivo Municipal), onde participaremos xunto co IES As Mariñas, na lectura de diferentes textos.

Prégase ao alumnado de 2º ESO que veña vestido de Negro

* o luns 25 de novembro, pregamos a todo o alumnado e profesorado do centro que traia algo negro na súa vestimenta. Ese día, nos horarios que se detallan na imaxe adxunta, os diferentes cursos baixarán ao salón de actos para asistir á proxección de diferentes curtametraxes e debate posterior sobre as mesmas,

en negro contra as violencias

Día da ciencia en galego 2019

día da ciencia en galego 2019

 

 

 

 

Esta é a semana onde se celebra O día da ciencia en galego. Este curso 2019, está adicado a dous temas:

  • As linguas indíxenas.
  • A táboa periódica.

Ao longo da semana, profesores/as de departamentos científicos realizarán pequenos actos e exposicións no instituto.

 

Este ano ademáis, as persoas homenaxeadas son : Noam Chomsky Manuel MurguíaMendeleiev Luís Liz Marzán.

 

 

 

 

 

 

 

O alumnado de TIC de 2º de BAC, elaborou un taboleiro colaborativo con curiosidades e información dos elementos químicos da  táboa periódica que queremos compartir aquí con todos vós. Agardamos que vos pareza interesante.

 

Hecho con Padlet

 

24 de Outubro: Día da Biblioteca. Moito que descubrir, moito que celebrar.

O 24 de outubro celebramos no Aguiar o día da Biblioteca. Este é un día cheo de descubrimentos e dozura, moita dozura. Descubrimentos que fai o alumnado entre as estanterías da Biblioteca cada vez que atopan pequenos tesouros en forma de libro. Dozura, porque din que cambian os tesouros atopados, por dozura, amabilidade e... ah!, sí, esquecíame, seica dín que dan tamén piruletas de corazón. 

O resultado, botáde un ollo....

Preme na imaxe e navega coas frechas ou descubre o álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Biblioteca 19-20 -> 24 de outubro: Día da Biblioteca

Concurso Calendario 2020 na Biblioteca

 

outubro

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza un concurso artístico-literario.

Todos os alumnos que desexen participar farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano. A ilustración levará un pé de imaxe cun pequeno texto referido ao mes elexido, seguindo o modelo que se pode visualizar clicando esta ligazón.

Os traballos orixinais serán entregados na biblioteca antes do 30 do presente mes.

Os doce mellores traballos elexidos servirán para compoñer un Calendario Aguiar para o próximo ano 2020.

 

Escola de Xadrez todos os xoves de 16:30 a 18:10 no IES Francisco Aguiar

Escola de xadrez

 

 

Retomamos este curso 2019-20, un curso máis, a actividade de Xadrez a cargo de Oscar García Ramos do Departamento de Galego.

Esta actividade desenrólase todos os xoves de 16:30 á 18:10 na Biblioteca do noso centro e nela, os rapaces introdúcense, profundizan e desfrutan do milenario xogo do Xadrez.

A primeira sesión desta actividade será o Xoves 3 de Outubro e, estades todos convidados a vir e a ver, mesmo acompañados dos vosos familiares.

Agardámosvos

Participación de alumnado do Aguiar en 'A Coruña Opina' @RadioCoruna Cadena Ser

Este pasado domingo, os representantes do alumnado do Consello Escolar, Sira Bouzas, Rosalía Fraga e Daniel Fraga, xunto co profesor do departamento de Grego, Francisco Calaza acudiron ao programa de radio 'A Coruña Opina'. Neste programa conducido por Isabel Bravo, compartimos mesa e micrófonos con alumnado e profesorado do IES Urbano Lugrís e do IES Monelos de A Coruña. Con motivo do inicio de curso, nesta tertulia, todos os participantes comentaron impresións acerca deste curso 2019-2020 que agora comeza e que esperamos estea cheo de novas e proveitosas experiencias de aprendizaxe.

Preme na imaxe para ver as fotografías, accesibles tamén no álbum na galería fotográfica do centro.

 

Enlace á noticia na web da Cadena Ser 

Primeira hora de programa

Segunda hora de programa

Álbum: Actividades 2019-2020 -> Entrevista radio Ser Coruña inicio curso

Betanzos 800 anos, pequeno resumo do Plan de Formación Permanente do Profesorado do 'Aguiar'

Unha presentación para agrupar os proxectos centrados no 800 aniversario do traslado da vila de Betanzos  que o profesorado do IES Francisco Aguiar desenvolveu nas súas clases e/ou clubs de ciencia e lectura. Con eles, conseguimos traballar non só o currículo estándar, senón moitas cousas máis coma o respecto pola historia, o patrimonio, as tradicións ou a cultura desta nosa vila. Parabéns a todos os participantes neste proxecto, alumnado e profesorado.

Distribuir contido