Xerais do centro

Actividades feitas no centro

Album de fotos do photocall do Entroido 2020

 

 Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> Entroido 2020

Enquisa para as familias do proxecto Meteoescolas 'Toleou o tempo?'

As responsables do proxecto  Meteoescolas 'Toleou o tempo?' publican unha enquisa dirixida ás familias. 

Preme na imaxe ou clica aquí para acceder á enquisa, grazas de antemán.

toleou o tempo

Festival e competicións de entroido 2020

21/02/2020 12:25
Etc/GMT+1

13 de febreiro: Día mundial da Radio. A radio do noso IES necesita un nome e un logo. Anímate a participar

Hoxe, 13 de febreiro, día mundial da radio, o equipo da Biblioteca convoca o concurso para buscar un nome e un logotipo para a nosa radio.  Animádevos a participar.

radio na biblio

13 de febreiro: Día mundial da Radio. Formación do alumnado Radio na Biblio

Este pasado 11 de febreiro, alumnado de 1º e 4º da ESO das optativas 'Investigación e tratamento da información' e 'TIC' , asistiron a unha iniciación radiofónica a cargo de Sergio Pascual de 'Laboratorio de Radio'.

 

 Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> Formación do alumnado Radio na Biblio

Acto 30º aniversario da Convención dos Dereitos do Neno

Compartimos a presentación que empregamos o pasado 17 de decembro nun acto celebrado para toda a ESO no Pabellón do noso IES. O departamento de Orientación, da man do profesor de Pedagoxía Terapéutica, Ramón Ferreño, encargouse de atopar alumnado de diferentes procedencias para, entre todos ler os artigos da Convención dos Dereitos do Neno en todas as linguas e acentos do alumnado do centro. 

Presentación 


Vídeo
Álbum na Galería fotográfica do centro
Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

 

 
Álbum: Actividades 2019-2020 -> Acto 30º aniversario Convención dos Dereitos do Neno

Galería de imaxes actividades #Nadal2019

Rematamos o trimestre con fútbol, brilé, taekwondo, teatro, música... Actividades de Nadal.

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> Nadal 2019

Acto conmemorativo celebración do 30 aniversario da convención dos dereitos dos nenos e nenas.

O vindeiro martes 17 de decembro de 16:20 a 18:00, o alumnado da ESO participará nun acto no pabellón do centro. Neste evento queremos conmemorar o 30º aniversario da convención sobre os Dereitos dos/as Nenos/a. Procederase, entre outras cousas, a lectura da Declaración dos dereitos do neno  nos diferentes idiomas falados no instituto.

dereitos nenos nenas

Xuntanza autonómica en Gandarío dos Correspondentes Xuvenís 3.0

30 Correspondentes Xuvenís Betanceir@s (Fco Aguiar, As Mariñas e Atocha) de camiño a Gandarío para participar na Xuntanza Autonómica da Xunta de Galicia.

correspondentes

Correspondentes xuvenís 3.0 é un Plan Proxecta de innovación educativa que pretende contar cunha "antena informativa" nos centros educativos, responsabilizando o alumnado voluntario de recoller a información en mater.ia de mocidade que se lles envíe desde a Dirección Xeral de Mocidade e Voluntariado e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.
Os correspondentes xuvenís son mozos ou mozas que, mediante unha formación previa e apoiados polo profesorado participante, encárganse de informar aos demais compañeiros das convocatorias, carnés xuvenís, recursos e actividades que poidan ser do seu interese. Podedes seguir parte da súa labor na conta de Instagram @xuventudeaguiar.
Distribuir contido