Xuntanza autonómica en Gandarío dos Correspondentes Xuvenís 3.0

30 Correspondentes Xuvenís Betanceir@s (Fco Aguiar, As Mariñas e Atocha) de camiño a Gandarío para participar na Xuntanza Autonómica da Xunta de Galicia.

correspondentes

Correspondentes xuvenís 3.0 é un Plan Proxecta de innovación educativa que pretende contar cunha "antena informativa" nos centros educativos, responsabilizando o alumnado voluntario de recoller a información en mater.ia de mocidade que se lles envíe desde a Dirección Xeral de Mocidade e Voluntariado e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.
Os correspondentes xuvenís son mozos ou mozas que, mediante unha formación previa e apoiados polo profesorado participante, encárganse de informar aos demais compañeiros das convocatorias, carnés xuvenís, recursos e actividades que poidan ser do seu interese. Podedes seguir parte da súa labor na conta de Instagram @xuventudeaguiar.