Xerais do centro

Actividades feitas no centro

Hora de Ler 32ª semana [2ª sesión]

Ilustración: Tamara Feijoo
32ª SEMANA [2ª SESIÓN]
 

Vense aproximando, con xuño, o final do curso. 
As suxestións de lectura se amorean e case que non deixan ver!
Nesta semana, o poema co que Raquel Vázquez(enlace) gañou o VIII Concurso de Creación Literaria de Betanzos na categoría libre, e un relato de José Luis Garci(enlace).
 
 

Hora de Ler 31ª semana [1ª sesión]


31ª SEMANA [1ª SESIÓN]


Lemos na ilustración de Ina Hristova: «escribir porque está cerca».

Nós lemos aos que están cerca: os textos gañadores do VIII Concurso de Creación Literaria de Betanzos na categoría ESO: Mariña Erias Castro [IES As Mariñas] e Rosalía Chunlian Vázquez Álvarez [CPR Atocha].
Os nosos parabéns ás escritoras, familias... e profesoras!!!

NON PECHAMOS A MEDIODÍA. (por episodio de tolemia lectora) 16.V.2018

 

Un martes máis non pechamos a mediodía. De novo o motivo nolo proporciona o grande labor do equipo da Biblioteca e a grande acollida que entre os alumnos da ESO teñen os clubs de lectura. 

Por tal motivo o martes 15 de maio, á hora do xantar, o Instituto volvera a estar atravesado por unha periódica tolemia lectora que nos encanta. 

Coma sempre,  compartiremos comida, experiencias e libros en pequenos grupos moderados por un docente.

 

ASÍ FORON AS COUSAS E ASÍ LLELAS TEMOS CONTADO!

Hora de Ler. 30ª semana [6ª sesión]

30ª SEMANA [6ª SESIÓN]

 

 

Unha proposta de lectura imprescindible: unha selección de poemas de María Victoria Moreno. Tamén queda á disposición dos lectores máis poesía (Manuel María), e  para os lectores que elixan a prosa, un relato da poeta e narradora tamén lucense Luisa Castro.  

 

 

 

Ilustración: portada de

 

MARÍA VICTORIA MORENO, O amor e as palabras, Urco, Santiago, 2018.

Hora de Ler. 29ª semana [5ª sesión]

Ilustración: Malota
29ª SEMANA [5ª SESIÓN]

 

O venres da semana pasada, grazas a todos os alumnos que secundaron a proposta do Departamento de Francés, rematamos a semana do modo máis doce. Agora, nesta, podemos estar a ler a Berta Dávila e a Triunfo Arciniegas, sentindo que estamos subidos, aínda,  nunha tarta.
 
 

IV Concours de Desserts. 4.V.2018

 

Festa completa, na Biblio do Aguiar o día 4 de maio IV Concours de Desserts

5ª DÍA DA SEMANA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA. Prometemos reincidir!

O certo é que ..., xa comezabamos a acostumbrarnos ao rebumbio científico desta semana que remata enchendo cada recuncho do Aguiar. Máis o venres, como remate,  a traca final.

Un venres para seguir afondando no papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía,

para seguir asombrándonos coa tecnoloxía das placas de Arduino ou Raspberry.

Un venres para seguir xogando co ciencia trivial au cos xogos da saltarina monxa Kenneth,

ou para seguir imaxinando outros mundos, ou estes, mentres construimos hipercubos. 

Venres para afinar o funcionamento de máquinas electropneumáticas ,

ou para volvernos birollos co rotar dos campos magnéticos xiratorios.

Un venres para soñar e desexar a VIIIª Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.

 

PROMETEMOS REINCIDIR!

 

 

 

4º DÍA DA SEMANA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA

A ciencia vai tomandolle o gusto aos nosos corridores e patios. 

Segue a ser xoguetona en xincanas ou busca_ciencias na Biblioteca.

Apetécelle sorprendernos co papel de moitas mulleres esquecidas no mundo da ciencia e da tecnoloxía.

Engaiólanos imprimindo en 3D ou coa Rasperry Pi

Convídanos a ser críticos coa realidade medindo o Radón.

Ciencia para sermos no mundo en que vivimos!

 

 

3º día da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.

 

Mércores 25 de abril. Estamos xa no ecuador da VII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.

Moitos proxectos, xa perfectamente axustados, funcionan sen nengún problema: Arduinos ou Raspberry... OK

O xogo de xincanas, trivials ou procuras na biblio segue a dar unha nota de frenesí investigador ás actividades.

As nosas alumnas fortalecen as súas capacidades expositoras contando aos compañeiros dosutros cursos fazañas de mulleres científicas.

Recibimos, ledos, a visita dunha compañeira docente no Cruz do Sar de Bergondo, nai de ex alumna e grande investigadora das primeras mulleres que se adicaron á matemática en Galicia. Recibimos a Matilde Ríos que impartirá a súa conferencia no Salón de Actos.

Por se alguén empeza a notar síntomas de esgotamento por tanta actividade... Soporte Vital Básico. 

Que a forza nos acompañe!

 

 

Distribuir contido