5ª DÍA DA SEMANA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA. Prometemos reincidir!

O certo é que ..., xa comezabamos a acostumbrarnos ao rebumbio científico desta semana que remata enchendo cada recuncho do Aguiar. Máis o venres, como remate,  a traca final.

Un venres para seguir afondando no papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía,

para seguir asombrándonos coa tecnoloxía das placas de Arduino ou Raspberry.

Un venres para seguir xogando co ciencia trivial au cos xogos da saltarina monxa Kenneth,

ou para seguir imaxinando outros mundos, ou estes, mentres construimos hipercubos. 

Venres para afinar o funcionamento de máquinas electropneumáticas ,

ou para volvernos birollos co rotar dos campos magnéticos xiratorios.

Un venres para soñar e desexar a VIIIª Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.

 

PROMETEMOS REINCIDIR!