Skip to Content

LIBROS DE TEXTO 2019-2020

Consulta no documento adxunto as listaxes dos libros de texto para o curso 2019-2020.

PECHE DA #CASIÑA_MAIOS POR ESTE CURSO

O xoves 13 de xuño, convocamos á prensa para contar o noso proxecto de Bioconstrución "A Casiña dos maios", que neste segundo ano tivo por obxecto rematar a obra, instalarlle luz, facer un seguimento de temperatura e humidade e crear unha zona saudable circundante a través dun sementeiro e un domo-invernadoiro con rego automático.

Fixéronse eco da nova A Voz de Galicia, Diario de Arousa, Faro de Vigo e o programa A Revista da TVG, emitido en directo o sábado 15 ás 12:00h, a onde fomos con 2 representantes do Club de Ciencia: Lara Calo e Mario Outeiral.

Neste vídeo contámosvos o traballo destes 2 anos. Difundídeo!

 

XA TEMOS GAÑADORAS DO CONCURSO "MÁIS CA PALABRAS"

O departamento de Lingua Galega e Literatura ten o inmenso pracer de presentar as obras gañadoras do concurso "Máis ca palabras", na modalidade de videopoemas. Como ben sabedes, a temática deste ano centrouse na diversidade de xénero e no recoñecemento do colectivo LGTBIQ e as pezas gañadoras están inspiradas nos poemas de TRANSMATRIA de Daniel Asorey. A verdade é que foi realmente difícil decidirnos, dada a gran calidade de todas elas. Por este motivo, o segundo premio vai para dúas parellas ex aequo, que presentaron candansúa versión dun mesmo poema. Así que aló imos:

1º PREMIO: Serán os meus peitos de silicona. Alicia Nieto e Lucía Fernández

2º PREMIO: Amor libre. Clara Reino e Victoria León / Noemí Otero e Carla Vidal

3º PREMIO: Serpe, que divina me comporto. Rita Sánchez.

PARABÉNS ÁS PREMIADAS E A TODOS OS QUE PARTICIPASTES!!

Velaquí vos deixamos a lista de distribución de Youtube todos os vídeos 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar

Está aberto o prazo de solicitude do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2019-2020

Prazo único de entrega de solicitudes para todo o alumnado ata o 21 de xuño do 2019. 



Orde do 3 de maio de 2019 (DOG do 20): Enlace ao Diario oficial de Galicia
 

Para presentación electrónica: entre na aplicación facendo clic aquí.

Para a presentación electrónica da solicitude é necesario dispoñer da Chave365. Para solicitala deben acudir ao seu centro médico co DNI.

Para presentación presencial: enlace a Anexo I e II.
 
Para máis información consulte o documento adxunto ou a sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace.
 
Manual de usuario para os cidadáns: enlace.

LETRAS GALEGAS 2019

A semana pasada celebramos as Letras Galegas con actos que tiveron lugar o luns 13 e martes 14. Dado que Antón Fraguas, o autor que se conmemora este ano, adicou parte do seu traballo ó estudo da etnografía galega, o luns organizamos un obradoiro de traxe tradicional polo que pasou todo o alumnado. O martes organizouse a 4ª edición do STARgal, esa mostra-competición de audiovisual e robótica coa que pretendemos dar ás nosas Letras un matiz innovador e actual. Todo o centro pasou por 8 estacións nas que con robots, drons, videoxogos, kahoots, videopoemas e mesmo un planetario, coñecimos máis de preto a vida e obra de Fraguas. Logo dun auténtico "Banquete da Cachada" (un convivio con alumnado, profes e colaboradores do insti), organizamos xogos populares para todo o alumnado.

Dá conta do vivido este vídeo e o álbum de fotos:

 

Letras Galegas e STARgal 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut