Skip to Content

Podes atoparnos en...

             

Bolsas

REPARTO DE EQUIPOS INFORMÁTICOS

Con data de hoxe xa foron avisadas todas as familias que solicitaron participar no préstamo de material informático do centro.

PRÉSTAMO DE MATERIAL INFORMÁTICO

Ante a necesidade de contar con equipos informáticos por parte do alumnado do centro para as tarefas escolares, o instituto pon a disposición das familias os ordenadores da aula de informática do centro. Este curso non se pode empregar esta aula por motivo das restricións de espazo.

As familias que o necesiten poderán solicitalos entre o 11 e o 15 de xaneiro. Os equipos terán que ser devoltos nas mesmas condicións de entrega ó finalizar o curso académico sendo as familias responsables do seu mantemento. No caso de haber máis solicitudes que equipos dispoñibles, a asignación dos mesmos atenderá a criterios de necesidade valorados polo departamento de orientación.

Bolsas alumnado necesidades especiais

O PRAZO DE SOLICITUDE DE BECAS DO CURSO 2018-2019 PARA ALUMNADO DE NECESIDADES ESPECIAIS REMATA O VINDEIRO 27 DE SETEMBRO DO 2018

STEM

Aberto o prazo para a solicitude da Actividade de Formación para mellora das competencias en lingua inglesa e competencias científico-tecnolóxica (STEM). A solicitar polas familias.

Prazo: ata o día 12 de xullo de 2018.

 

Consulta o adxunto para máis información ou no DOGA 12 de xuño de 2018

AXUDAS PARA ACTIVIDADES EN LINGUA INGLESA

Saiu a solicitude de axudas para a realización de actividades en lingua inglesa. Os interesados podedes informarvos no adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut