Skip to Content

Podes atoparnos en...

             

Actividades

LETRAS GALEGAS 2019

A semana pasada celebramos as Letras Galegas con actos que tiveron lugar o luns 13 e martes 14. Dado que Antón Fraguas, o autor que se conmemora este ano, adicou parte do seu traballo ó estudo da etnografía galega, o luns organizamos un obradoiro de traxe tradicional polo que pasou todo o alumnado. O martes organizouse a 4ª edición do STARgal, esa mostra-competición de audiovisual e robótica coa que pretendemos dar ás nosas Letras un matiz innovador e actual. Todo o centro pasou por 8 estacións nas que con robots, drons, videoxogos, kahoots, videopoemas e mesmo un planetario, coñecimos máis de preto a vida e obra de Fraguas. Logo dun auténtico "Banquete da Cachada" (un convivio con alumnado, profes e colaboradores do insti), organizamos xogos populares para todo o alumnado.

Dá conta do vivido este vídeo e o álbum de fotos:

 

Letras Galegas e STARgal 2019

Samaín 2018

Un ano máis, o Samaín veu cargao de momentos arrepiantes...

Bota un ollo no noso Flickr ós mellores momentos: curtas e relatos nos Recreos Arrepiantes, monólogo de Paula Carballeira, teatro con Pedro Brandariz e Isabel Risco, celebración do Magosto tradicional (con batalla de galos e obradoiro de maquillaxe incluídos), exhibición das Cabaciñas Robóticas...

Samaín 2018

Obradoiro RVB: tributo a Chévere

O xoves 21 de xuño o noso equipazo do Obradoiro de teatro Roberto Vidal Bolaño representou diferentes sketches do grupo Chévere, quen veñen de celebrar o seu 30 aniversario sobre as táboas e teñen, entroutros recoñecementos, o Premio Nacional de Teatro 2014.

Baixo a dirección de Sabela Hermida, os nosos xoves actores e actrices interpretaron cun bo pulso rítmico e nun rexistro sorprendentemente adulto, fragmentos de Big Bang, Annus Horribilis, Río Bravo, Testosterona, Citizen, Eurozone e Eroski Paraíso (a súa última obra, aínda en cartel).

 

Teatro

Letras Galegas e STARgal

Un ano máis, celebramos as Letras Galegas mesturando teatro, literatura, audiovisual e robótica a través do STARgal, o obradoiro de teatro e a romería popular. Tedes todas as fotos no noso Flickr!

Letras Galegas 2018

Ademais, aproveitando que a figura conmemorada era a dunha muller (María Victoria Moreno) elaboramos un mural adicado a todas as literatas recoñecidas da nosa historia. A autora foi Rita Dosil, de 2º.

As representacións do Obradoiro RVB pospuxéronse para xuño, xa que varios intérpretes do elenco foron convocados pola selección de Volei. No seu lugar, representouse Manar, obra producida e interpretada por Sabela Hermida, a nosa profe de teatro.

Pola mañá tivo lugar o STARgal, a nosa mostra de audiovisual e robótica, na que todo o alumnado participou en grupos de 5 persoas, percorrendo as estacións e cumprimentando as seguintes fichas:

Accésit no I Congreso de Alimentación Escolar

O 4 de maio celebrouse en Compostela o I Congreso de Alimentación Saudable e alí montamos un incrible stand con showcooking, instalación tecnolóxica e mostra audiovisual de todos os materiais que elaboramos no Proxecta "Faite eco do lóxico, o lóxico é alimentarse ben".

No blog do Proxecta tedes información de cada actividade desenvolvida no noso insti nos meses previios: reportaxes sobre os Almorzos Saudables, fotos da Semana Sacharlas de alimentación, obradoiro de cociña, videoinstalación, elaboración dunha pirámide alimenticia a escala 1:1, videoxogos, spots publicitarios, etc.

Galería de fotos (Rubén Pérez no Flickr da Cachada)

 

Congreso Aliméntate Ben

Distribuir contido


by Dr. Radut