Skip to Content

Actividades

Letras Galegas e STARgal

Un ano máis, celebramos as Letras Galegas mesturando teatro, literatura, audiovisual e robótica a través do STARgal, o obradoiro de teatro e a romería popular. Tedes todas as fotos no noso Flickr!

Letras Galegas 2018

Ademais, aproveitando que a figura conmemorada era a dunha muller (María Victoria Moreno) elaboramos un mural adicado a todas as literatas recoñecidas da nosa historia. A autora foi Rita Dosil, de 2º.

As representacións do Obradoiro RVB pospuxéronse para xuño, xa que varios intérpretes do elenco foron convocados pola selección de Volei. No seu lugar, representouse Manar, obra producida e interpretada por Sabela Hermida, a nosa profe de teatro.

Pola mañá tivo lugar o STARgal, a nosa mostra de audiovisual e robótica, na que todo o alumnado participou en grupos de 5 persoas, percorrendo as estacións e cumprimentando as seguintes fichas:

Accésit no I Congreso de Alimentación Escolar

O 4 de maio celebrouse en Compostela o I Congreso de Alimentación Saudable e alí montamos un incrible stand con showcooking, instalación tecnolóxica e mostra audiovisual de todos os materiais que elaboramos no Proxecta "Faite eco do lóxico, o lóxico é alimentarse ben".

No blog do Proxecta tedes información de cada actividade desenvolvida no noso insti nos meses previios: reportaxes sobre os Almorzos Saudables, fotos da Semana Sacharlas de alimentación, obradoiro de cociña, videoinstalación, elaboración dunha pirámide alimenticia a escala 1:1, videoxogos, spots publicitarios, etc.

Galería de fotos (Rubén Pérez no Flickr da Cachada)

 

Congreso Aliméntate Ben

Brais Yáñez e Lois Cespón mención especial en Enreguéifate!

Velaí o tedes! Tan jallos son que foron escollidos pola organización de Enreguéifate para unha mención de honra como "Os dous de sempre". Parabéns!

Asistimos ó auditorio para participar da festa e fixemos estas fotos! (Rubén Pérez)

Quencendo motores para STARgal

O proxecto que hibrida novas tecnoloxías e uso do galego xa está tomando forma, podedes botar un ollo ó noso blog e descubrir os "Cachafedelleir@s" (vídeos que nos axudan a facer desde unha caña de pescar a un barquiño autopropulsado), os Booktrailers (na sección "Máis ca palabras"), ou os novos programas de RadioCACH, do que vos achegamos un podcast sobre Internet of Things que crearon Ainhoa, Laura, Gabriela e Gisela de 3ºA.

Apostando polo futuro!

Distribuir contido


by Dr. Radut