Skip to Content

Podes atoparnos en...

            

O club do antifás

Configuración de equipos de traballo Extraescolar

Logo de que o alumnado cubra a enquisa de participación nas actividades Club de Ciencia, Erasmus GNS, Club do Antifás e Equipo Extraescolares, o reparto de grupos e profesorado a cargo queda como segue:

 

INSCRICIÓN EN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Como vos explicamos hoxe nas aulas, tedes que cubrir este formulario para inscribirvos nas actividades extraescolares de Equipo Extraescolar, Club do Antifás, Club de Ciencia e Erasmus Green New School. Para ir accedendo a cada sección do formulario debes ir premendo "seguinte".

Se vos anotades pero logo na reunión informativa atopades que non vos interesa, podedes darvos de baixa. As reunións serán no taller de Tecno de Ana, nos 2ºs recreos:

  • Luns 2º recreo: equipo Extraescolares
  • Martes 2º recreo: Club do Antifás (obradoiro de cine)
  • Mércores 2º recreo: Club de Ciencia (bioconstrución)
  • Xoves no 2º recreo: Erasmus Green New School (Activismo ecolóxico)

 

Carballo Interplay 2019

O pasado venres 5 de abril o alumnado do obradoiro audiovisual CdA fomos a Carballo participar na programación do Festival de Contidos Dixitais CIP 2019. Coñocimos diferentes experiencias de Youtubers e escoitamos unha charla sobre mulleres desarrolladoras de videoxogos na historia. 

Sobre todo, gustáronnos un mazo as web series da tarde. Fotos da xornada

 

CIP 2019

Este Nadal, recicla, reutiliza e reduce

Para a conmemoración do Nadal (festa celta do Yulé, a chegada da Luz), deseñamos unha performance co ánimo de sensibilizar sobre o abuso de consumo de plásticos nestas datas. O acto consistiu en:

  • Instalación: mostra de 250 bolsas de algodón deseñadas e/ou customizadas polo alumnado de todo o centro. Nelas podía verse unha imaxe e un eslogan (transferidos con prancha ás bolsas) e elementos decorativos feitos a partir de materiais reciclados. As bolsas penduráronse dun sistema de tensores que montamos ex profeso para esta exposición.
  • Montaxe dunha árbore feita con botellas de plástico recicladas.
  • Instalación de alumeado de Nadal arredor das bolsas e da árbore, cun sistema de sensores para prendelo só cando se detecte presenza.
  • Exhibición dun spot de Nadal animando á reconsideración de uso de plásticos ("As Raíñas Magas reducen, reutilizan e reciclan")
  • Xogo interactivo con Kahoot sobre os plásticos, para todo o alumnado do centro.

A performance desenvolveuse o martes 18 de decembro no 2º recreo e contou coa participación de case todo o alumnado e profesorado, arrincando aplausos e risos. Ademais, o posto de Consumo Responsable funcionou ó longo de toda a semana, complementando así a mensaxe que queremos enviar ó noso alumnado.

Pequeno gran triunfo do CdA nos premios Olloboi

O venres pasado, 11 de maio, celebrouse en Boiro a IX edición do Festival Olloboi. Participabamos con 9 pezas, unha boa mostra do traballo intenso que se está a facer nas aulas, e cunha delas (Xa non atendo ó meu amito), fomos finalistas na categoría Montaxe. Estas son as imaxes da nosa participación: galería Flickr.

Pola mañá tivo lugar a Muchachada Matiné: unha experiencia que consiste en facer unha curta baseada nas explicacións que ofrece unha persoa de Boiro, e coa axuda de cineastas e as integrantes da A.C. Unión de Muchachas. Co noso instituto colaboraron Andrés Mahía (guionista, realizador e produtor con Zopilote TV) e Sandra Sánchez (directora e montadora). Da man desta última, o grupo de rapazas e rapaces de 2º (Rita, Ana, Carolina, Lara, Asier, Aitana, Brais, David, Adai) foi recoñecido ex aequo xunto ó IES Fernando Blanco, de Cee, pola peza "O paseo", unha recreación do represaliamento da concellala socialista Bríxida Muñiz. 

O premio consiste en convites para asistir á Gala dos Mestre Mateo do ano que vén.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut