Skip to Content

Folga mundial pola #emerxenciaclimática: Trash Tag Challenge en Praia Barraña

O alumnado do noso centro, farto do postureo das stories de instagram, que tan a miúdo é inconsecuente coa actitude diaria, convocou o venres 27 un

#TrashTagChallengeBoiro

co obxecto de limpar Praia Barraña e denunciar a necesidade de implicarse realmente para lograr un cambio na mentalidade colectiva con respecto ó Cambio Climático.

Toda a sociedade de Boiro, e particularmente o alumnado en folga dos centros de secundaria (3º e 4º ESO) foi convocado a este acto, ás 10.30h. No Flickr tedes as fotos do evento.

Ademais, o alumnado adhírese ó manifesto do Movemento Galego polo Clima, que a continuación se expón:

O acto foi o primeiros que se realizou no marco do Erasmus+ de #activismo e #cambio climático no que acabamos de comezar a traballar, xunto a Módena e Tesalónica: Erasmus + Green New School

Entrega de libros de texto de primeiro da ESO

Os libros de texto do primeiro curso serán entregados polos titores aos alumnos esta semana na hora de titoría.

Os alumnos levarán a casa un xustificante que deberán devolver asinado aos seus titores o antes posible.

Recollida cheques de material

Os cheques de material poderán ser recollidos a partir de mañá martes 24 de setembro na administración do centro. Será necesario presentar o DNI e asinar a recepción do mesmo. O horario de atención será de 10:00 a 14:00 de luns a venres e os martes de 16:00 a 18:00.

Listaxes definitivas fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar

Pódense consultar as listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas de participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para material escolar para o curso 2019/2020.

 

Información comezo de curso

O alumnado de primeiro da ESO terá a súa presentación o venres 13 de setembro ás 12:00.

O resto do alumnado terá a súa presentación o luns 16 ás 12:00. Ambos días haberá servizo de transporte.

O alumnado asistirá exclusivamente á presentación que lle corresponda.

As actividades lectivas darán comezo con normalidade o martes 17 para todo o alumnado. 

CONVOCATORIA DE BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO. MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

Curso 2019 -2020

PARA MÁIS INFORMACIÓN DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Prazo de presentación de solicitudes: ABERTO

Distribuir contido


by Dr. Radut