Skip to Content

Calendario de exames MATERIAS PENDENTES (xaneiro 2020)

O vómito de Deva contra a COP 25

O pasado venres 13 de decembro o noso alumnado organizouse para adherirse á plataforma #Fridaysforfuture. Comezaron as súas mobilizacións cunha instalación chamada "O vómito de Deva" (coordinada por Flor de Tecno) na que denunciaban o mediocre devir e escaso resultado do cume COP 25. A súa voceira, Rita Dosil de 4ºESO, pronunciou un discurso no que se queixou da "falta de acordos, o eurocentrismo e a hipocrisía política" e logo procederon a un minuto de silencio. Nun panel de cortiza foron escribindo conceptos que interpretaron a partir das lecturas de Eldiario.es nas aulas de Tecnoloxía. O resumo final, venres 20 de decembro, foi:

  • Moi cerca do fracaso total, a COP25 conseguiu un acordo de mínimos para adoptar medidas urxentes contra o quencemento global.
  • Hai países que dificultaron chegar a consensos: Brasil, India, China e EEUU.
  • Non se logra regular o mercado de emisións para evitar o "fraude do Artigo 6"

 

O vómito de Deva contra a COP 25

Estadía da profesora Ana Moreiras en Canadá - outubro 2019

De acordo cos requisitos da orde que convoca as estadías do Plan Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras, comparto coa nosa comunidade educativa unha presentación na que fago análise dos aspectos máis destacables e transferibles do sistema educativo no que estiven inmersa durante un mes. Como sabedes, acompañei a memoria dun caderno gráfico. Podedes adquirilo en Librería Nobel de Boiro ou Lila de Lilith en Santiago. Grazas.

 

Obradoiro de prevención da violencia de xénero

Prezadas familias,

Comunicámosvos que o pasado mes de novembro, dende o Ministerio de Educación e dendro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, recibimos un ingreso extraordinario para empregar en actividades relacionadas coa promoción da igualdade entre homes e mulleres e coa prevención da violencia de xénero. 

Por mor dos prazos, vémonos obrigados a realizalas e xustificar o gasto este ano natural (2019).

Decidimos traballar a prevención e intervir nos grupos de 1º ESO a través duns obradoiros de igualdade que correrán a cargo de Hadriana Ordoñez, psicóloga sanitaria e docente especializada en sexoloxía, interseccionalidade social e apoderamento persoal.

Cada grupo beneficiarase de tres sesións de dúas horas seguindo o seguinte calendario:

 

Luns 16

Martes 17

Criterios selección alumnado Erasmus GNS que viaxa a Módena

Logo de reunirse o equipo docente e de alumnado do Erasmus GNS acórdase, por unanimidade, que o alumnado que viaxe a Módena (primeira saída do Erasmus GNS, 2-8 marzo 2020) será o de 4º ESO, xa que:

  1. De acordo coas conclusións da enquisa que se pasou a todo o alumnado en Outubro amosaron interese polo tema e implicación persoal.
  2. Teñen alta competencia dixital e un nivel de coñecemento suficiente de inglés.
  3. Teñen experiencia en intercambios educativos (Memorias Cruzadas 2018/19).
  4. Amosaron vontade de traballar cooperativamente e de facelo co alumnado dos países socios vía eTwinning.
  5. Están dispostos a acoller alumnado cando sexa Boiro receptor, maio 2021.
  6. Están en máis dun grupo de traballo, amosando compromiso con mellorar a convivencia no centro.
  7. Forman un grupo homoxéneo de 16 persoas e contamos co consenso de todo o grupo de alumnado do proxecto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut