Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

ABERTO O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA CENTROS ADSCRITOS DO 1 AO 17 DE FEBREIRO DO 2020
 
Consulte a circular adxunta para máis información sobre prazos e procedemento.
 
Descargue o formulario ED550A-G para formalizar a solicitude.

Calendario de exames MATERIAS PENDENTES (xaneiro 2020)

O vómito de Deva contra a COP 25

O pasado venres 13 de decembro o noso alumnado organizouse para adherirse á plataforma #Fridaysforfuture. Comezaron as súas mobilizacións cunha instalación chamada "O vómito de Deva" (coordinada por Flor de Tecno) na que denunciaban o mediocre devir e escaso resultado do cume COP 25. A súa voceira, Rita Dosil de 4ºESO, pronunciou un discurso no que se queixou da "falta de acordos, o eurocentrismo e a hipocrisía política" e logo procederon a un minuto de silencio. Nun panel de cortiza foron escribindo conceptos que interpretaron a partir das lecturas de Eldiario.es nas aulas de Tecnoloxía. O resumo final, venres 20 de decembro, foi:

  • Moi cerca do fracaso total, a COP25 conseguiu un acordo de mínimos para adoptar medidas urxentes contra o quencemento global.
  • Hai países que dificultaron chegar a consensos: Brasil, India, China e EEUU.
  • Non se logra regular o mercado de emisións para evitar o "fraude do Artigo 6"

 

O vómito de Deva contra a COP 25

Estadía da profesora Ana Moreiras en Canadá - outubro 2019

De acordo cos requisitos da orde que convoca as estadías do Plan Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras, comparto coa nosa comunidade educativa unha presentación na que fago análise dos aspectos máis destacables e transferibles do sistema educativo no que estiven inmersa durante un mes. Como sabedes, acompañei a memoria dun caderno gráfico. Podedes adquirilo en Librería Nobel de Boiro ou Lila de Lilith en Santiago. Grazas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut