Skip to Content

Carballo Interplay 2019

O pasado venres 5 de abril o alumnado do obradoiro audiovisual CdA fomos a Carballo participar na programación do Festival de Contidos Dixitais CIP 2019. Coñocimos diferentes experiencias de Youtubers e escoitamos unha charla sobre mulleres desarrolladoras de videoxogos na historia. 

Sobre todo, gustáronnos un mazo as web series da tarde. Fotos da xornada

 

CIP 2019

EspazoFamilias Boiro

Como sabedes, varios representantes de centros educativos do concello vimos de conformar a Asociación EspazoFamilias Boiro, coa finalidade de dar resposta á necesidade sentida polas comunidades escolares de promover novos espazos e tempos para o diálogo e a reflexión educativa entre dous axentes claves: a  Familia e a Escola. Entendemos que é  moi importante coordinarnos para  brindarlle ás diferentes familias a posibilidade de participar e compartir  actividades formativas que lles faciliten os coñecementos, as estratexias, os instrumentos e  o apoio  para facer fronte aos novos desafíos educativos da sociedade actual.

 

Sabendo que isto responde ao interese colectivo, queremos insistir na importancia da participación no vindeiro EspazoFamilias que terá lugar o 11 de abril "A adolescencia e drogas:  botellón e binge drinking, consumo de cannabis, novas sustancias psicoactivas/drogas facilitadoras do asalto sexual. Que debo saber como pai/nai" na Casa da Cultura Ramón Martínez López ás 18:00 horas.

 

Esperámosvos!

 

 

Obradoiro de videopoesía 2019

Hoxe estivo connosco a poeta Antía Otero impartindo un obradoiro de videopoesía. Como cada ano contamos coa súa presenza para achegarnos aos poemas dun xeito máis lúdico, artístico e sobre todo máis humano. E dicimos isto último porque a temática escollida desta volta é o respecto polos diversos tipos de amor; porque, tal e como manifestamos na entrada principal do noso centro, aquí "Todos os amores son benvidos". Este respecto polas diversas formas de amar foi o que nos levou a centrarnos no colectivo LGTBIQ.

Dende o departameto de Lingua Galega esperamos que deste obradoiro saian do armario moitos videopoemas que esperten conciencias; pero para isto teredes que esperar ata o Stargal, que como ben sabedes forma parte da celebración das nosas Letras Galegas. Así que ás/aos que paricipastes...ánimo e a crear!!

 

Club de Ciencia, CodEquipo

Hoxe o benxamín do CodEquipo, Xavi Polo Oliveira, tróuxonos un LEGO radiocontrolado que construiu imitando un escorpión. Non é materia estrita do CdC... pero inspirou moito ó seu equipo!

 

Debuxos para o 8 de marzo

 


 

Alumnado de 4ºESO e 1ºESO (sección bilingüe) participou no Segundo Certame de Murais Feministas para centros escolares do Barbanza. Aquí vos deixamos a ligazón ao album que contén algunhas das propostas presentadas. Entre elas a que foi seleccionada para ser pintada no concello de Boiro. Noraboa a todas as creadoras e creadores que se implicaron a fondo, sobre todo a Anabel Pouso-Vázquez Abreu e Tania Vidal Pintos, autoras do debuxo seleccionado.

En canto poidamos, poñémonos a traballar nese mural!

 

Debuxo seleccionado para o mural

Debuxo seleccionado para o mural.

A muller na Ciencia

Na nosa intención de conmemorar a loita histórica por mellorar a vida da muller, o noso compañeiro Víctor Olmos impartiu dúas charlas que nos permitiron rencontrarnos con mulleres da ciencia non recoñecidas no seu momento histórico, simplemente por ser iso, MULLERES. Deixámosvos anexa a presentación que elaborou para o obradoiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut