Skip to Content

EspazoFamilias Boiro

Como sabedes, varios representantes de centros educativos do concello vimos de conformar a Asociación EspazoFamilias Boiro, coa finalidade de dar resposta á necesidade sentida polas comunidades escolares de promover novos espazos e tempos para o diálogo e a reflexión educativa entre dous axentes claves: a  Familia e a Escola. Entendemos que é  moi importante coordinarnos para  brindarlle ás diferentes familias a posibilidade de participar e compartir  actividades formativas que lles faciliten os coñecementos, as estratexias, os instrumentos e  o apoio  para facer fronte aos novos desafíos educativos da sociedade actual.

 

Sabendo que isto responde ao interese colectivo, queremos insistir na importancia da participación no vindeiro EspazoFamilias que terá lugar o 11 de abril "A adolescencia e drogas:  botellón e binge drinking, consumo de cannabis, novas sustancias psicoactivas/drogas facilitadoras do asalto sexual. Que debo saber como pai/nai" na Casa da Cultura Ramón Martínez López ás 18:00 horas.

 

Esperámosvos!

 

 

Obradoiro de videopoesía 2019

Hoxe estivo connosco a poeta Antía Otero impartindo un obradoiro de videopoesía. Como cada ano contamos coa súa presenza para achegarnos aos poemas dun xeito máis lúdico, artístico e sobre todo máis humano. E dicimos isto último porque a temática escollida desta volta é o respecto polos diversos tipos de amor; porque, tal e como manifestamos na entrada principal do noso centro, aquí "Todos os amores son benvidos". Este respecto polas diversas formas de amar foi o que nos levou a centrarnos no colectivo LGTBIQ.

Dende o departameto de Lingua Galega esperamos que deste obradoiro saian do armario moitos videopoemas que esperten conciencias; pero para isto teredes que esperar ata o Stargal, que como ben sabedes forma parte da celebración das nosas Letras Galegas. Así que ás/aos que paricipastes...ánimo e a crear!!

 

Club de Ciencia, CodEquipo

Hoxe o benxamín do CodEquipo, Xavi Polo Oliveira, tróuxonos un LEGO radiocontrolado que construiu imitando un escorpión. Non é materia estrita do CdC... pero inspirou moito ó seu equipo!

 

Debuxos para o 8 de marzo

 


 

Alumnado de 4ºESO e 1ºESO (sección bilingüe) participou no Segundo Certame de Murais Feministas para centros escolares do Barbanza. Aquí vos deixamos a ligazón ao album que contén algunhas das propostas presentadas. Entre elas a que foi seleccionada para ser pintada no concello de Boiro. Noraboa a todas as creadoras e creadores que se implicaron a fondo, sobre todo a Anabel Pouso-Vázquez Abreu e Tania Vidal Pintos, autoras do debuxo seleccionado.

En canto poidamos, poñémonos a traballar nese mural!

 

Debuxo seleccionado para o mural

Debuxo seleccionado para o mural.

A muller na Ciencia

Na nosa intención de conmemorar a loita histórica por mellorar a vida da muller, o noso compañeiro Víctor Olmos impartiu dúas charlas que nos permitiron rencontrarnos con mulleres da ciencia non recoñecidas no seu momento histórico, simplemente por ser iso, MULLERES. Deixámosvos anexa a presentación que elaborou para o obradoiro.

Aí ven o Entroido!

Mañá venres 1 de marzo celebramos o Entroido no Pavillón da Cachada baixo a temática "TV e cine". Estades todos e todas convidadas!

Publicaremos un minuto da actuación de cada grupo no noso Instagram, seguídenos!

Distribuir contido


by Dr. Radut