Skip to Content

yqjsolvqz

pgclsebc | IES A Cachada
ayqjsolvqz
[url=http://www.gt05k703dv25t143tn9xtpg66m1sv82rs.org/]uyqjsolvqz[/url]
yqjsolvqz http://www.gt05k703dv25t143tn9xtpg66m1sv82rs.org/

Obradoiro RVB: tributo a Chévere

O xoves 21 de xuño o noso equipazo do Obradoiro de teatro Roberto Vidal Bolaño representou diferentes sketches do grupo Chévere, quen veñen de celebrar o seu 30 aniversario sobre as táboas e teñen, entroutros recoñecementos, o Premio Nacional de Teatro 2014.

Baixo a dirección de Sabela Hermida, os nosos xoves actores e actrices interpretaron cun bo pulso rítmico e nun rexistro sorprendentemente adulto, fragmentos de Big Bang, Annus Horribilis, Río Bravo, Testosterona, Citizen, Eurozone e Eroski Paraíso (a súa última obra, aínda en cartel).

 

Teatro

Concerto alumnado de Música

Un ano máis, o alumnado de Música deleitounos coa interpretación de varias pezas clásicas e actuais; entre as que máis gustaron, a da serie Xogo de Tronos (un tema de inspiración celta para a Roda do Ano). Maxistral, como sempre, a dirección das profes, Aurora e Clara! 

Concerto 2018

86EFBC94-442D-4D34-A683-AF2B3962D0C0.jpeg

STEM

Aberto o prazo para a solicitude da Actividade de Formación para mellora das competencias en lingua inglesa e competencias científico-tecnolóxica (STEM). A solicitar polas familias.

Prazo: ata o día 12 de xullo de 2018.

 

Consulta o adxunto para máis información ou no DOGA 12 de xuño de 2018

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

Está aberto o prazo de solicitude do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2018-2019!

 

Prazo único de entrega de solicitudes para todo o alumnado ata o 22 de xuño do 2018.

 

Para máis información consulta o adxunto

Letras Galegas e STARgal

Un ano máis, celebramos as Letras Galegas mesturando teatro, literatura, audiovisual e robótica a través do STARgal, o obradoiro de teatro e a romería popular. Tedes todas as fotos no noso Flickr!

Letras Galegas 2018

Ademais, aproveitando que a figura conmemorada era a dunha muller (María Victoria Moreno) elaboramos un mural adicado a todas as literatas recoñecidas da nosa historia. A autora foi Rita Dosil, de 2º.

As representacións do Obradoiro RVB pospuxéronse para xuño, xa que varios intérpretes do elenco foron convocados pola selección de Volei. No seu lugar, representouse Manar, obra producida e interpretada por Sabela Hermida, a nosa profe de teatro.

Pola mañá tivo lugar o STARgal, a nosa mostra de audiovisual e robótica, na que todo o alumnado participou en grupos de 5 persoas, percorrendo as estacións e cumprimentando as seguintes fichas:

Distribuir contido


by Dr. Radut